I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 251-252); Cunha (1999 [1945]: 113); Monteagudo (1984: 345-346 [= LPGP 718]); Littera (2016: II, 217).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 150); Braga (1878: 75); Cotarelo Valledor (1934: 201-202); Machado & Machado (1953: IV, 120).
III. Antoloxías: Varela Jácome (1953: 43-44); Arias Freixedo (2003; 672-673).
7 por] pre V 8 Deus] des V 13 e] om. V 14 bõa] muj boa B 16 bõas] bonas V
1 lum’e] lume e Monteagudo 2 afan] afã Littera 7 que eu] qu’eu Monteagudo; por] per Cunha 8 sempr’e mias coitas] sempre mhas coitas Nunes, Monteagudo, Littera : sempre, myas coytas Cunha; por Deus] par Deus Monteagudo : pardês Cunha 13 Mui fremosa e muit’aposta] Muy fremosa, muyt’aposta Nunes, Cunha 14 mansa] mans’ Cunha; bõa] boa Monteagudo 16 bõas] donas Cunha
(I) Por Deus, señora e miña luz e meu ben e miñas coitas e meu moi grande afán e meus pensamentos, que coitas me dan, por mesura, dicídeme unha cousa: se me queredes facer algún ben, se non, xa non vos podo atender máis.
(II) Moi fermosa, que eu por meu mal vin sempre e miñas coitas, por Deus, que non outra cousa, meu corazón e meu ben e meu mal, dicídeme, por canto vos servín, se me queredes facer algún ben, se non, xa non vos podo atender máis.
(III) Moi fermosa e moi aposta señora, sempre moi mansa e de bo xuízo e de mellor falar de cantas outras existen, dicídeme, das boas a mellor, se me queredes facer algún ben, se non, xa non vos podo atender máis.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:189)
Encontros vocálicos: 13 fremosa‿e; 14 mansa‿e
Repárese na acumulación de apelativos perifrásticos para a senhor (meu lume, meu ben, mias coitas, meu afan, meus cuidados), que se reitera nos vv. 7-10 (mui fremosa, mias coitas, meu coraçon, meu ben, meu mal; véxase nota ao v. 8).
A anómala crase qu’eu en Monteagudo, sen sustento nas leccións manuscritas e anómala do punto de vista métrico, converte en hipométrico o verso, ao tempo que vulnera a autonomía fonética de que.
En ningunha das precedentes edicións é segmentada a copulativa en sempr’e, de modo que o epíteto mui fremosa (v. 7) fica desligado de mias coitas, tamén referido á dona, igual que os apelativos do v. 9 (meu coraçon e meu ben e meu mal).
Nunes e Cunha omitiron a copulativa que liga fremosa e aposta por non consideraren a sinalefa fremosa‿e.
A aparición de un segundo <muj> en B (vs. V), que converte o verso en hipermétrico, mostra como, especialmente nos apógrafos italianos, aparecen con certa frecuencia elementos que deben ser omitidos. Para a intromisión espuria de mui véxase B vs. A (65.1, 257.1), A vs. B (369.3, 998.10), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17), así como 812.14 ou 995.5.
Nótese a desconexión sintáctica do verso, onde se debe supor unha preposición de ou con de enlace: senhor ... (de) melhor falar de quantas outras son.
A presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de B é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.
Utilizamos cookies de terceiros com fins analíticos para conhecer os hábitos de navegação (por exemplo, páginas visitadas). Ao aceitar cookies de terceiros, terá de as excluir das opções do seu navegador ou do sistema oferecido por terceiros.
Clique no botão correspondente para aceitar ou recusar as cookies: