I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 299 [= LPGP 955]); Piccat (1995: 176); Littera (2016: II, 504).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 114); Carter (2007 [1941]: 89-90); Machado & Machado (1950: II, 57); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 257).
III. Antoloxías: Jensen (1992: 368); Diogo (1998: 118).
1 gran] mui gran A 3 vos] uus A 4 si Deus me] se deꝯ mi B 6 coidar] cuydar B 8 me] mj B 10 si me] semj B
1 ei eu gran] ei eu mui gran Michaëlis, Piccat : ei gram Littera 3 vos] vus Michaëlis, Piccat 8 vẽo sempre coit[a] e] [a]vẽo sempre coit’e Michaëlis, Piccat : veo sempre coit[a] e Littera 12 erg’en] ergu en Piccat
Esquema métrico: 2 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:232)
A manutención de mui conforme o texto de A (fronte a B, que non o presenta), tal como Michaëlis e Piccat propoñen, converte en hipermétrico o verso; na realidade, con relativa frecuencia se produce a esporádica intromisión1 textual de partículas como o supracitado mui nas copias manuscritas (en Littera foi omitido eu). Véxase nota a 65.1.
Piccat mantén a hipometría do verso (coa forma veo desnasalada, contra os manuscritos), mais o verso ei coita e pesar de Martin Moxa (888.3) suxire a conveniencia da reintegración da vogal en coita nesta pasaxe de Vaasco Gil; por outra parte, a emenda a prol de avĩir que Michaëlis fixo contradí os usos lingüístico-expresivos das cantigas de amor. Cfr., por exemplo, e a min gran coita m’én ven (252.9); ca me ven coita (380.3).
Ben próximo aparece o v. 2 da cantiga seguinte (nº 258, A 150), onde o copista de A escribiu o mui gran ben e a seguir eliminou o adverbio mui por medio de rasura