808 [= Tav 114,22]
Senhor fremosa, tan de coraçon

Senhor fremosa, tan de coraçon
vos faria, se podesse, prazer
que Jesu Cristo nunca mi perdon
nen de vós ben nunca me leix’aver
se eu soubesse que vos praz[er]ia
de mia mort’e se log’eu non querria
morrer, senhor, ca todo praz a min
quant’a vós praz, ca ess’é o meu ben,
e que seja verdade, que é assi;
mais mal mi venha de vós, que mi ven,
se eu soubesse que vos praz[er]ia
[de mia mort’e se log’eu non querria]
morrer, senhor, ca, se vos eu prazer
fezess’, ai lume destes olhos meus,
nunca mui mal poderia morrer;
e por esto nunca mi valha Deus
se eu soubesse que vos praz[er]ia
[de mia mort’e se log’eu non querria].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 812, V 396

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 246-247); Cunha (1999 [1945]: 110); Monteagudo (1984: 335-336 [= LPGP 722-723]); Littera (2016: II, 215-216).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 149); Braga (1878: 75); Cotarelo Valledor (1934: 193); Machado & Machado (1953: IV, 116-117).

Variantes manuscritas


3 Jesu] Ihesa V   6 querria] queiria B   7 morrer] Moirer B   10 ven] nō uen B : nō uē V   13 morrer] Moirer B; ca, se] ca (todo p) se B   15 morrer] moirer B

Variantes editoriais


En Littera non é indicada tipograficamente a existencia de refrán.

3 Jesu Cristo] Ihesu Cristo Nunes, Monteagudo   5 praz[e]ria] prazia Monteagudo   6 mort’e] morte Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera   7 min] mi Nunes   9 verdade] verdad’e Nunes; que é assi] qu(e) é assy Nunes : que é si Cunha : qu’é assy Monteagudo : que é ‘ssi Littera   10 ven] (non) uén Monteagudo   11 praz[e]ria] prazia Monteagudo   12 mort’e] morte Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera   17 praz[e]ria] prazia Monteagudo   18 mort’e] morte Nunes, Cunha, Monteagudo, Littera

Paráfrase


(I) Señora fermosa, tan de corazón vos faría pracer, se puidese, que Xesús Cristo nunca me perdoe nin me deixe recibir ben de vós se eu soubese que vos pracería a miña morte e se logo eu non querería (II) morrer, señora, pois a min práceme todo canto a vós vos prace, pois iso é o meu ben, e que sexa verdade, que así é; mais mal me veña, que xa me vén, se eu soubese que vos pracería a miña morte e se logo eu non querería (III) morrer, señora, pois se eu vos fixese pracer, ai luz destes ollos meus, nunca moi mal podería morrer; e por isto que nunca me valla Deus se eu soubese que vos pracería a miña morte e se logo eu non querería (morrer).

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= Tav 99:30)

Encontros vocálicos: 9 é‿assi

Notas


Texto
  • *

    Talvez esta cantiga é incompleta, pois a estrutura de ateúda parece solicitar unha continuación atá a fiinda que os manuscritos non transmiten e que provocan un abrupto final do discurso. A cantiga foi incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).

  • 3

    A expresión Jesu Cristo nunca mi perdon aparece aquí integrada no discurso, a pesar do seu valor formulístico, igual que acontece con esta ou outras fórmulas similares en diversas pasaxes trobadorescas (370.16, 388.17, 435.8-9, 837.9, 1225.4).

  • 5

    A medida do verso, hipómetro na lección manuscrita, recupérase mediante a restauración da forma de pospretérito, xeral na consecutio temporum co pretérito de subxuntivo (soubesse – prazeria), considerando un moi probábel lapso dos copistas da abreviatura <er>, como ocorre en moitas outras pasaxes dos apógrafos italianos. Así, e a modo de exemplo, o compendio está ausente en formas verbais de futuro como as seguintes: av[er]ei (46.30, 524.15), pod[er]ei (47.11), perd[er]ei (544.21), perd[er]edes (837.19), morr[er]edes (957.15, 1042.8), entend[er]ei (1230.16), pod[er]ia (1263.22) ou morr[er]ei (1470.11).

  • 6

    En ningunha das edicións precedentes foi practicada a segmentación da conxunción e en mort’e, que evita a xustaposición das dúas cláusulas condicionais, ligándoas copulativamente e facilitando a liña discursiva da cantiga: nen de vós ben nunca me leix’aver / se eu soubesse que vos prazia / de mia mort’e se log’eu non querria / morrer, ...

  • 9

    A actuación editorial de Nunes e Monteagudo, coa crase qu’équ(e) é en Nunes– non é correcta por esta crase non existir na poesía trobadoresca galego-portuguesa (Ferreiro 2009); tampouco é lexítima a redución assi > si realizada por Cunha e Littera, por canto é case sistemática a sinalefa éassi (509.7, 808.9, 1110.5, 1224.14, 1569.32), pois só se rexistra unha ocorrencia do hiato en 754.4 (para alén da solución con crase, é ‘ssi, presente noutros tantos contextos (179.30, 218.8, 246.15, 258.22, 284.16, 374.5, 511.5, 893.23).

  • 10

    A expunción de non vén indicada por razóns semánticas (a senhor como fonte de sofremento do trobador), tal como a métrica confirma. A presenza do adverbio debe ser produto dun erro de transmisión textual, feito que se rexistra en máis pasaxes, mesmo con diverxencia na transmisión dos manuscritos: A vs. B (198.r1, na estrofa I); outras veces, a pesar da coincidencia dos manuscritos BV, é obvio que non debe ser expunxido: 801.13, 808.101144.8, 1229.18, 1261.15, 1492.9, 1495.15.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado