I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 81-82 [= LPGP 181]); Nunes (1973 [1928]: 28-29); Cohen (2003: 611); Littera (2016: I, 226); Fassanelli (2021: 70).
II. Outras edicións: Moura (1847: 153-155); Monaci (1875: 72); Braga (1878: 36); Machado & Machado (1952: III, 205-206); Cohen (1987: 68-69); Júdice (1997: 69); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Nunes (1959: 344-345); Arias Freixedo (2003: 389-390); Fidalgo (2009a: 104).
5 logar] loguar V 7 mi] me V 11 passará] sse passara BV 14 vos] uos BV 15 morrerei] moirerey B 16 Non querra] Nono q̄ira B : nono q̄rra V 18 morrerá] moirera B 21 morrer] moirer B 23 mais] maye V
Lang presenta unha diferente estruturación dialogal, pois liga os vv. 8 e 15 aos respectivos parlamentos anteriores.
7 mi] me Lang, Nunes, Fassanelli 11 mui] |mui| Cohen; passará] se passará Lang, Nunes, Cohen, Littera 14 mais pois [s]e[n] vós ũa vez ja] Mais pois é vós ũa vez ja Lang, Fassanelli : Mais, pois é voss’ũa vez ja Nunes : mais pass’ o voss’ũa vez ja Cohen, Littera 16 querra Deus] o queirades Lang 21 ca] E Nunes 24 vós] vos Cohen; mato mí] mato-mi Littera
(I) –Amigo, querédesvos ir?
–Si, miña señora, porque non podo facer outra cousa, pois sería prexudicial para min e para vós; por iso me convén marchar deste lugar: mais que grande será a coita que terei que soportar, cando me vir sen vós!
(II) –Amigo, e que vai ser de min?
–Ben, señora boa e de valor, e despois de eu me ir desta vez a vós havos de ir ben; mais é a miña morte afastarme de vós e ir morar a outro lugar, mais despois sen vós, dunha vez.
(III) –Amigo, eu sen vós morrerei.
–Non quererá Deus iso, señora, mais cando onde vós fordes eu non for, o que morrerá hei ser eu; mais quero eu pasar as miñas antes que vos pór en risco a vós, porque eu sen vós hei de morrer.
(1) –Amigo, querédesme matar?
–Non, miña señora, mais por vos protexer a vós, mátome a min, que o busquei.
Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8a + 8c 8c 8a (= RM 161:234)
Encontros vocálicos: 20 *ca‿assi; 22 -mi,‿amigo; 24 mi-‿o
Nótese a estrutura verbal conviir + a + infinitivo, en liña coa necesaria presenza do nexo preposicional (a ou de) cando a forma conxugada de conviir vai seguida de infinitivo, de xeito que só está ausente o nexo cando o infinitivo vai anteposto: pois m’escolher conven (377.19), perfiar me conven! (1337.21), colher non conven (1679.8). Véxase Glosario, s.v. conviir.
Pola hipermetría versal omitimos o pronome se (mantido en todos os editores, coa expunción de mui en Cohen e Littera), pois, para alén de non rexistrar passar como verbo pronominal no corpus, existe algún contexto en que a súa presenza é produto dun erro de copia (véxase 942.13).
Este verso presenta unha expresión estraña (véxase a inintelixibilidade da lectura de Lang, aceptada en Fassanelli), o cal explica as diversas propostas e emendas editoriais, que culminan na edición do cancioneiro de amigo de Rip Cohen: a partir dunha suxestión de Lang baseada nun verso similar noutra cantiga de Joan Baveca (senon que pas[s]’o vosso ũa vez ja, 1247.21) estabelece unha expresión que xa se encontra na mesma estrofa no v. 11 (o vosso mui ben passará).
A solución para este difícil verso podería derivarse dos versos correlativos das outras estrofas, onde se repite o sintagma sen vós (mi sera, pois me sen vós vir!, v. 7; ca eu sen vós de morrer ei, v. 21). Ao mesmo tempo, haberá que considerar a presenza da expresión adverbial ũa vez ja ‘de vez, definitivamente’, que se rexistra noutras dúas pasaxes do corpus das cantigas profanas (900.14, 1247.19). Así, propomos unha lectura mais pois [s]e[n] vós ũa vez ja, como final do período iniciado no v. 12; isto é: ‘éme morte se me afasto de vós e me vou morar lonxe, mais despois, sen vós, definitivamente’.
Igual que acontece con se no v. 11, é adventicio o pronome o no verso (o CD é esso) e a súa presenza espuria por erros de transmisión pode verse noutros contextos ao longo do corpus das cantigas profanas: 423.4 (V), 776.15 (BV), 1029.7 e 13 (BV), 1374.4 (BV), 1477.27 (BV).
Tal como foi transmitido o verso en BV parece inevitábel a sinalefa ca‿assi, contradicindo os principios de autonomía silábica de ca. Véxase nota a 47.5-8.
Os pronomes vós e mí, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: