I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 157 [= LPGP 688]); Pousada Cruz (2013: 148); Littera (2016: II, 179).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 75); Carter (2007 [1941]: 44); Marques Braga (1945: 144); Machado & Machado (1949: I, 285-286); Camargo et alii (1995: 60); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 162).
1 me] mj B 2 me] mj B; mandou] mando A 3 de a] delhi B 4 lle] lhi B 5 mentr’eu] lemeutren B; lhe] lhi B; querrei] querei A 6 sempre] senpr A
(I) Agora vexo eu que non me fará ben a miña señora, pois mandou dicirme que deixase de a amar; mais sei o que lle hei facer por iso: mentres eu viva, sempre a amarei, e xa sempre «señora» a chamarei.
Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10c 10c (= RM 160:181)
En B rexístrase unha anotación colocciana indicando o carácter monoestrófico da composición (vna stanza). Porén en A despois desta primeira estrofa hai espazo reservado para máis dúas cobras. Certamente, é habitual na poética das cantigas de amor que unha a estrofa inicial fechada e con sentido pleno sexa desenvolvida en estrofas posteriores por medio dos procedementos da amplificatio, polo que é moi probábel que o texto nos chegase incompleto.
O feito de o Cancioneiro da Ajuda ser probabelmente copiado en Castela podería explicar algúns casos de <o> por <ou>, eventuais castelanismos de copia no códice do Palácio da Ajuda: <o> ou (131.28, 225.13), <mando> mandou (162.2), <otri> outri (279.4), <uo> vou(-a) (346.1)1 ; a similar causa obedecerían as formas con aparente monotongacion de <ei> en A (acordei <acorde> A, 247.16; primeiro <pⁱmero>/<primero> A, 176.9, 196.15 e 300.13; Nogueira <noguera> A, 1235.5). Véxase tamén nota a 90.14 e 122.17.
A dupla transmisión textual mostra como o verbo querer admite un duplo réxime: querer + CD (de a ben querer, no Cancioneiro da Ajuda) / querer + CI (de lhi ben querer, no Cancioneiro da Biblioteca Nacional).
En diversos contextos, o ditongo vai seguido de vogal, circunstancia que podería explicar unha redución do ditongo semellante á producida esporadicamente no encontro da P3 de pretérito dos verbos da primeira conxugación cando vai seguido de pronome (véxase Ferreiro 1999: §23b).
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: