1235b [= Tav 117,6]
Non ést’a de Nogueira a freira que eu quero ben

Non ést’a de Nogueira a freira que eu quero ben,
mais outra máis fremosa é a que min en poder ten,
e moiro-m’eu pola freira,
mais non pola de Nogueira.
Non ést’a de Nogueira a freira ond’eu ei amor,
mais outra máis fremosa a que mi quer’eu mui melhor,
e moiro-m’eu pola [freira,
mais non pola de Nogueira].
E se eu aquela freira ũu dia veer podesse,
non á coita no mundo nen pesar que eu ouvesse,
e moiro-m’eu pola freira,
[mais non pola de Nogueira].
E se eu aquela freira veer podess’un dia
nen ũa coita do mundo nen pesar averia,
e moiro-m’eu pola freira,
[mais non pola de Nogueira].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manuscritos


B 1219, V 824

Edicións


I. Edicións críticas: Tavani (1988b: 352-253); Lopes (2002: 358); Littera (2016: II, 265-266).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 283); Braga (1878: 155); Machado & Machado (1956: V, 330-331).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 253-254); Seoane (1941: 56-57); Fernández Pousa (1951: 55); Álvarez Blázquez (1975: 61-62); Jensen (1992: 278); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 177); Arias Freixedo (2003: 701).

Variantes manuscritas


1 Non] E nō B : E non V   3-4 E moiro meu pola f’eyra / E moyro meu pola f’eyra / Mays nō pola deno gueyra / E moy ro B : e moyro meu pola feỹra / emoyro meu pola feỹra / mays nō pola deno gueyra / e moyro V   4 add. E moyro B : e moyro V   5 freira] frey ta B   9 se eu] sse (meu) eu B   10 no] nō B   14 ũa] huna B; averia] auia B : non auỹa V

 

Variantes editoriais


Tavani presenta a composición en versos curtos, conforme a disposición de BV.
En Lopes e Littera1 estabelécese unha versión unificada das dúas tradicións desta cantiga, aínda que segue fundamentalmente a versión dos apógrafos italianos, co acrecentamento de unha quinta estrofa procedente do texto da estrofa IV de A:

       Nom [é] est’a de Nogueira
       a freira que quero bem,
       mais é outra mais fremosa
       a que mi em poder tem.
           E mouro-m’eu pola freira
           mais nom pola de Nogueira.
       Nom [é] est’a de Nogueira
       a freira ond’eu hei amor,
       mais [é] outra mais fremosa
       a que mi quer’eu melhor.
           E mouro-m’eu pola freira
           mais nom pola de Nogueira.
       E se m’eu aquela freira
       um dia veer podesse
       nom há coita no mundo
       nem pesar que eu houvesse.
           E mouro-m’eu pola freira
           mais nom pola de Nogueira.
       E se eu aquela freira
       veer podesse um dia
       nem ũa coita no mundo
       nem pesar [nom] haveria.
           E mouro-m’eu pola freira
           mais nom pola de Nogueira.
       Se m’ela [a] mi amasse
       mui gram dereito faria
       ca l[h]e quer[o] eu gram bem
       e punh’i mais cada dia.
           E mouro-m’eu pola freira
           mais nom pola de Nogueira.

2 é] om. Tavani   6 mui melhor] (muy) melhor Tavani   9 E se] (E) sse Tavani; ũu] hun Tavani   13 E se] (E) sse Tavani; ũu] hun Tavani   14 nen ũa] nẽhũa Tavani; averia] non averya Tavani

Paráfrase


(I) Non é a de Nogueira a freira que eu amo, mais outra máis fermosa é a que me ten no seu poder, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

(II) Non é a de Nogueira a freira onde eu teño posto o meu amor, mais outra máis fermosa a quen eu mellor amo, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

(III) E se eu puidese ver aquela freira un día, non existe no mundo coita nin pesar que eu tivese, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.

(IV) E se eu aquela freira un día puidese ver, ningunha coita nin pesar do mundo sufriría, e morro eu pola freira, mais non pola de Nogueira.
 

Métrica


Esquema métrico: 15a 15a 7’B 7’B (I-II) + 14’a 14’a 7’B 7’B (III-IV)

Encontros vocálicos: 9 frei·ra‿ũ͜u

Notas


Texto
  • *

    O estudo da composición de Pedr’Eanes Solaz realizado por Giuseppe Tavani revela que as dúas copias (A vs. BV) responden a dúas versións da mesma cantiga: a de BV é máis conforme cos cánones tradicionais da cantiga de amor e cunha estrutura estrófica máis correcta, fronte a A, máis innovadora e cun ton máis xocoso. Para Tavani o texto do Cancioneiro da Ajuda, portador de anomalías formais e conceptuais «poderia ser uma redação –elaborada pelo próprio poeta– precedente à outra, ou o resultado de intervenções alheias». En calquera caso, as irregularidades da estrutura estrófica da versión de A solvéntanse en grande medida editando o corpo das estrofas en dous versos longos.
    A heterodoxia conceptual é común ás dúas versións e consiste en que a muller por quen morre de amor o namorado é unha freira, así como na identificación indirecta doutra freira por medio do topónimo Nogueira, para negar que sexa esa monxa o obxecto do seu desexo. 
    Para alén de que na versión de A as dúas últimas estrofas non manteñen o paralelismo formal e conceptual que si gardan nos apógrafos, a diferenza conceptual radica en que na versión de A o namorado desexaría ver a amada sempre que quixese e tamén que ela o amase, correspondendo así, xustamente, ao amor del. Na versión de BV, máis canónica, o namorado desexa simplemente poder vela un día, pois iso sería suficiente para apagar as súas coitas.
    Unha vez que se consideran dúas versión distintas (A vs BV), séndomos fieis aos manuscritos apógrafos, nesta versión cabería a posibilidade de editar un refrán de catro versos (ou polo menos de tres, xa que a última repetición do verso non está completa). Desde o punto de vista poético a repetición intensificadora ten sentido (identifica unha freira como obxecto do amor) en contraste coa expresión negativa (descarta unha freira concreta):

    E moiro-m’eu pola freira,
    e moiro-m’eu pola freira,
    mais non pola de Nogueira;
    e moiro-m’eu pola freira.

  • 1

    Cómpre, por razóns métricas, a expunción da copulativa inicial presente na copia do incipit: existen diversas pasaxes ao longo do corpus en que, a partir do testemuño diverxente dos manuscritos (cfr., neste caso, a versión de A en 1235a) se pode determinar con seguranza o carácter espurio da copulativa, feito que acontece con certa frecuencia, especialmente no inicio do verso. Véxase, entre outros, B vs. A (66.14, 96.10, 128.14, 224.7, 241.22, 306.13, 312.5 13), A vs. B (129.28), A vs. BV (1236.10 16), B vs. V (851.12, 924.19, 950.7, 1631.7), V vs. B (740.10, 935.6, 1148.9). E noutros casos, a pesar da coincidencia dos testemuños, existen razóns sintácticas, métricas ou doutro tipo que aconsellan a antecitada expunción.

    Nogueira refírese, probabelmente, ao antigo mosteiro de Nogueira, en Meis, na comarca do Salnés (Galiza).

  • 2

    En función de complemento indirecto (ou tamén complemento con preposición), o pronome mín, como os restantes pronomes tónicos oblicuos (ti, nós, vós, el), pode aparecer sen preposición con relativa frecuencia na lingua trobadoresca (cfr., por exemplo, pois Deus non quer que min queirades; 139.1).

  • 9

    O indefinido ũu (e tamén algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico, e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.

  • 14

    A presenza da forma gráfica <huna> en BV incide no feito da existencia dalgunhas voces en que aparentemente se mantén o -n- intervocálico (<bona>, <poner>, <alguna> etc.), feito que demostra que supoñen unha simple representación gráfica da nasalidade fonolóxica (bõa, põer, ũa, algũa...). Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro (2008b).

  1. ^

    Na versión electrónica do Projeto Littera ofrécense actualmente as dúas versións: unha ‘canónica’ a partir da versión de BV, e outra seguindo o Cancioneiro da Ajuda, máis marxinal, en nota ao v. 1 da primeira: https://cantigas.fcsh.unl.pt/cantiga.asp?cdcant=834&tr=4&pv=sim [consult. 06-03-2022].

Buscar
    Non se atopou ningún resultado