1031 [= RM 63,13]
Amigo, veestes-m’un di’aqui

Amigo, veestes-m’un di’aqui
rogar d’un preit’, e non vos fig’én ren
porque cuidava que non era ben;
mais, pois vos ja tant’aficades i,
faze-lo quer’e non farei end’al,
mais vós guardade e vós de mal.
Vós dizedes que o que meu mal for
non queredes, e ben pode seer,
pero non quix vosso rogo fazer;
mais, pois end’avedes tan gran sabor,
faze-lo [quer’e non farei end’al,
mais vós guardade e vós de mal].
Ben sabedes como falamos nós
e me vós rogastes o que m’eu sei,
e non o fiz; mais con pavor que ei
de perder eu, amigo, contra vós,
faze-lo quer’e non farei end’al,
[mais vós guardade e vós de mal].
E, se vós fordes amigo leal,
guardaredes vossa senhor de mal.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 1027, V 617

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 276-277); Rodríguez (1980: 210 [= LPGP 377-378]); Cohen (2003: 560); Littera (2016: I, 454).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219-220); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 22-23); Fernández Pousa (1959: 250).
III. Antoloxías: Fidalgo (2009: 106).

Variantes manuscritas


9 fazer] farer B   13 nós] uos B   15 fiz] fix B

Variantes editoriais


1 di’aqui] dia ‘qui Nunes, Cohen   4 vos] vós Rodríguez   15 fiz] fix Cohen

Paráfrase


(I) Amigo, viñéstesme rogar un día aquí sobre un asunto, e non vos fixen nada daquilo porque pensaba que non estaba ben; mais, xa que insistides tanto niso, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.

(II) Vós dicides que non queredes o que sexa mao para min, e ben pode ser así, pero eu non quixen cumprir o voso rogo; mais, xa que diso tendes un gran desexo, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.

(III) Ben sabedes como falamos nós e como vós me rogastes iso que eu sei, e non o fixen; mais co medo que teño, amigo, de saír perdendo eu contra vós, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.

(1) E, se vós fordes amigo leal, protexeredes a vosa señora de mal.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:77) + 10c 10c

Notas


Texto
  • 1

    Nalgúns encontros vocálicos, o adverbio aqui provoca por veces perda da vogal final do vocábulo anterior cando acaba en -a (véxase tamén verri’aqui, 215.18), mais presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, noutros encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui, 278.1, 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 140.21, 658.2).

  • 2

    Nótese a rara rexencia de rogar coa preposición de (rogar d’un preito), que só se rexistra noutros dous contextos: 255.4, 423.4.

  • 6

    Os pronomes e vós, formas tónicas oblicuas, son utilizados como CD sen preposición (guardade mí e vós), feito frecuente no corpus das cantigas.

  • 15

    Coidamos que a lección <fix> de B (vs. <fiz> de V) pode ser un erro <x>/<z> de copia, que se rexistra máis veces nos apógrafos italianos: 484.5 fez (<ffez> B, <ffex> V), 487.30 voz (<uoz> B, <uox> V), 495.2 praz (<prax> B, <praz> V), 563.23 prez (<prex> B, <prez> V), 567.4 fez (<fez> B, <fex> V), 572.13 faz (<fax> B, <faz> V), 575.4 diz <dix> B, <diz> V), 1190.1 Fez (<Fez> B, <Fex> V), 1369.3 dez (<dez> B, <dex> V), 1556.5 rapaz (<rapax> B, <rapaz> V), 1598.24 paz (<par> B, <pax> V) etc. É diferente o caso de formas verbais con terminación en -s1 , como prix, pux, quix, así como o do provenzalismo fix (véxase nota a 20.9)2 .

  1. ^

    A caron de trage xa se atesta traz ~ trax, forma tardía que substitúe a correspondente a trager.

  2. ^

    Porén, véxanse as formas fix, quix, prix en serie rimática nas Cantigas de Santa Maria (134.35-37).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar