I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 276-277); Rodríguez (1980: 210 [= LPGP 377-378]); Cohen (2003: 560); Littera (2016: I, 454).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 219-220); Braga (1878: 118); Machado & Machado (1956: V, 22-23); Fernández Pousa (1959: 250).
III. Antoloxías: Fidalgo (2009: 106).
9 fazer] farer B 13 nós] uos B 15 fiz] fix B
1 di’aqui] dia ‘qui Nunes, Cohen 4 vos] vós Rodríguez 15 fiz] fix Cohen
(I) Amigo, viñéstesme rogar un día aquí sobre un asunto, e non vos fixen nada daquilo porque pensaba que non estaba ben; mais, xa que insistides tanto niso, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(II) Vós dicides que non queredes o que sexa mao para min, e ben pode ser así, pero eu non quixen cumprir o voso rogo; mais, xa que diso tendes un gran desexo, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(III) Ben sabedes como falamos nós e como vós me rogastes iso que eu sei, e non o fixen; mais co medo que teño, amigo, de saír perdendo eu contra vós, quéroo facer e non farei nada máis (dese asunto), mais vós protexédeme a min e a vós de mal.
(1) E, se vós fordes amigo leal, protexeredes a vosa señora de mal.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:77) + 10c 10c
Nalgúns encontros vocálicos, o adverbio aqui provoca por veces perda da vogal final do vocábulo anterior cando acaba en -a (véxase tamén verri’aqui, 215.18), mais presenta a forma ‘qui, con elisión da vogal inicial, noutros encontros coas formas verbais (tónicas) á (á ‘qui, 278.1, 1408.1, 1473.12) e mais é (é ‘qui, 140.21, 658.2).
Os pronomes mí e vós, formas tónicas oblicuas, son utilizados como CD sen preposición (guardade mí e vós), feito frecuente no corpus das cantigas.
Coidamos que a lección <fix> de B (vs. <fiz> de V) pode ser un erro <x>/<z> de copia, que se rexistra máis veces nos apógrafos italianos: 484.5 fez (<ffez> B, <ffex> V), 487.30 voz (<uoz> B, <uox> V), 495.2 praz (<prax> B, <praz> V), 563.23 prez (<prex> B, <prez> V), 567.4 fez (<fez> B, <fex> V), 572.13 faz (<fax> B, <faz> V), 575.4 diz <dix> B, <diz> V), 1190.1 Fez (<Fez> B, <Fex> V), 1369.3 dez (<dez> B, <dex> V), 1556.5 rapaz (<rapax> B, <rapaz> V), 1598.24 paz (<par> B, <pax> V) etc. É diferente o caso de formas verbais con terminación en -s1 , como prix, pux, quix, así como o do provenzalismo fix (véxase nota a 20.9)2 .
Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :