I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 263-265 [= LPGP 920]); Lorenzo Gradín & Marcenaro (2010: 110-111); Littera (2016: II, 480).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 106); Carter (2007 [1941]: 78); Machado & Machado (1950: II, 14-15); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 236).
III. Antoloxías: Piccolo (1951: 89-90); Torres (1977: 400-401); Arias Freixedo (2003: 834-835).
1 mundo outro] mūdoutro B; querria] queria B 2 me] mj B 6 outre por min] outrem pormj B 7 como seeria] como seria A : mais como seeria B 8 est’ouvess’] esto ouuesse B; averia] auueria A 9 de] do B; querri’aver] q̄ria auer B 11 atender ja aquel] attenderia aq̄l A : atendessaq̄l B 12 atend’] atendo B 13 lle] lhi B 14 mal llo] mallo A 15 ei que m’estrãiaria] e q̄mestranharia B 16 nunc’] nō B 17 ll’ar] lhi B; veer] ver A 18 me] mj B 19 querria] queria B 20 soubesse ela] soubessela B 21 sabia] ele sabia B 22 e santa] ea sc̄a B 23 que lle fezeron muito ben aver] q̄lhi souberō tanto ben fazer B 25 ainda] amda B 26 m’estraiar] me straħar B 28 nulla] nulla B 29 me] mj B 30 quer’, e enton] q̄rentō B
1 mundo] mund(o) Michaëlis : mund’ Littera 7 [sen] o entender como seria Michaëlis : o entender; ¿mais como seria? Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera 8 ouvess’] ouvess(e) Michaëlis 11 atender ja aquel] attendess’aquel Michaëlis : atendess’aquel Lorenzo Gradín & Marcenaro : atender aquel Littera 12 ond’ei] ond ei Michaëlis 14 mal llo] mal-lo Lorenzo Gradín & Marcenaro 15 estrãiaria] estranharia Michaëlis, Littera 18 m’er ia] m’iria Michaëlis, Lorenzo Gradín & Marcenaro, Littera 20 soubesse] soubess(e) Michaëlis : soubess’ Littera; min] mi Michaëlis, Littera 22 Santa] sancta Michaëlis 26 estraiar] estranhar Michaëlis, Littera : estrãiar Lorenzo Gradín & Marcenaro 29 me] mi Michaëlis
A cousa que o trobador máis desexaría no mundo –a cambio de todas as coitas que Deus lle fai sofrer– sería que a súa fermosa dama soubese que morre de amor por ela, mais non quere ser el quen llo transmita, nin tan sequera que outra persoa o faga no seu nome, senón que ela por si mesma se decate de como iso sería (I). E, se isto acontecese, experimentaría o maior dos bens que el arela: que a senhor o saiba sen llo dicir e xa non ter que agardar o día en que el tería de lle contar que morre de amor por ela, pois sabe que tal declaración lle traería mal (II), porque sabe que a senhor o reprendería tanto que nunca podería falarlle, nin tan sequera vela. E vaille mal, mais podería ser aínda peor, e por isto o namorado querería que ela o soubese non por el, e que el soubese que ela o sabe (III). E roga a Deus e á Virxe Santa María, que lle fixeron moito ben, que así llo fagan entender; mais, a pesar disto, aínda sentiría medo e pavor de que a dama desaprobase os seus sentimentos, de maneira que lle xuraría que non é culpa dela (III), que se decate da situación, certamente, nin do ben que el a quere, e así non se queixaría (IV).
Cantiga de amor, do tipo de mestría. Consta de catro estrofas de sete versos, sendo o primeiro, o cuarto e o sétimo eneasílabos graves, e os catro restantes decasílabos agudos. As cobras son unissonans, agás a rima c (versos 5-6 de cada estrofa) que é singulars. A fiinda está composta por tres versos, os dous primeiros decasílabos agudos e o último eneasílabo grave, que retoma a rima a das cobras anteriores.
Esquema métrico: 4 x 9’a 10b 10b 9’a 10c 10c 9’a + 10d 10d 9’a (= Tav 161:225)
Sinalefas e hiatos: 1 mundo‿outro; 5 como‿oj(e); 7 se·e·ri·a; 11 ja‿aquel; 20 soubesse‿ela
Obsérvese a reiteración da conxunción completiva que tras o suxeito: (querria) que mia senhor do mui bon parecer / que soubess’eu ben que entendia. Véxase nota a 53.17-18.
Aínda que en A non son frecuentes as formas conxugadas arrizotónicas de seer ou veer con hiato etimolóxico conservado (cfr. veerei en 266.17, 438.19, trisilábico), a variante seeria de B resolve a medida (e o sentido) do verso: presenza do elemento mais de B1
dificulta a interpretación e pode deberse a unha repetición da mesma partícula presente no verso anterior (véxase unha intromisión similar do mesmo elemento mais nos manuscritos italianos na cantiga 1263.22), mentres que a omisión de <e> en seeria que mostra A constituiría un simple lapso de copia.
Precisamente son as dificultades métricas e interpretativas xeradas polo elemento espurio de B o que explica as tentativas de solución editorial para este verso: a adición de sen en Michaëlis ([sen] o entender como seria) tenta resolver o problema métrico, e a puntuación de Lorenzo Gradín & Marcenaro e Littera, que manteñen a lección de B, explícase pola procura dun maior sentido ao verso (...; mais ¿como seria?).
A inusual opción editorial no v. 11 pola lección de B en lugar da segmentación de <attenderia> como atender ja en A, verbo paralelo a saber (v. 10), condicionou a puntuación desta estrofa en Michaëlis e mais en Lorenzo Gradín & Marcenaro, para alén da (relativa) anomalía (vid. nota a 237.3) de o subxuntivo atendesse funcionar como verbo principal. Por outra parte, idéntica segmentación de ja pode verse en 857.20, onde a lección <iria> ten de ser editada como ir ja.
A lección <mallo> de A ben pode ser un lapso de copia por contigüidade (<mal llo>) máis do que unha asimilación (aínda que posíbel, non documentada no corpus profano), razón que nos aconsella aternos á segura lección de B.
A segmentación da unánime lección <meria> como m’er ia evita calquera emenda ou intromisión textual2 , tal como todos os precedentes editores interpretaron (m’iria, me [i]ria): aínda que, no tocante á distribución das variantes ar ~ er, en xeral a primeira é propia do Cancioneiro da Ajuda e a segunda predomina nos apógrafos italianos, na cantiga 310, de Joan Lopez d’Ulhoa acontece ao contrario: er A vs. ar B. Vid. nota a 134.15.
Nótese novamente (véxase nota ao v. 7) a presenza espuria de ele en B, que provocaría un verso hipermétrico, como acontece nalgunhas outras pasaxes do corpus; do punto de vista métrico só será aceptábel en B a forma el, de modo que con sinalefa o verso ficaría decasilábico: e soubess’eu ben que o‿el sabia. O carácter espurio da forma máis antiga ele, fronte a el, é obvio en casos en que se trata de refrán, onde non cabe dúbida sobre a incorrección de tal forma (vid. 1133.r1, que na estrofa I presenta o necesario el, fronte ao incorrecto <ele> de BV na estrofa II; algo similar acontece en 1641.r2, coa forma correcta el en todas as estrofas agás na primeira, tamén con <ele> en BV). Estes casos xustifican as necesarias emendas derivadas da métrica noutras pasaxes en que ele provoca versos hipermétricos (491.6, 667.14, 754.7, 1119.25 etc.).
A utilización da grafía <ll> (vs. <lh>) de B para a lateral palatal sonora no corpus das cantigas só se rexistra esporadicamente nos cancioneiros apógrafos italianos no indefinido nulho/a; noutras voces a súa aparición é un fenómeno extraordinario, pois só se rexistran cinco ocorrencias dese tipo. Cfr. nota a 199.33.