I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 76-77); Vallín (1995b: 187-189 [= LPGP 727]); Littera (2016: II, 236).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 59); Carter (2007 [1941]: 23); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 434-435); Marques Braga (1945: 74-75); Machado & Machado (1949: I, 217-218); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 116); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 121).
III. Antoloxías: Pellegrini (1928: 5); Nemésio (1961 [1949]: 47); Nunes (1959: 226-227); Oliveira & Machado (1959: 25); Spina (1972: 295); Torres (1977: 503); Correia (1978: 56); Fiúza (1981: 111-113); Gonçalves & Ramos (1983: 137); Ferreira (1988: 49); Alvar & Beltrán (1989: 94-95); Sansone (1990: 50); Ferreira (1991: 25-26); Jensen (1992: 264); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 170); Vieira (1996: 26); Diogo (1998: 41); Alvar & Talens (2009: 330); Souto Cabo (2017: 197).
1 morreu] moyreu A : moireu B 6 morreu] moireu B 7 quen lle] q̄lle A : ꝗʷlhi B 8 lle] lhi B 11 Com’ome] Comoomē B 12 viu] ueu B 14 depois] epois B; morreu] moireu B 15 sennor] se(nhor) B 16 morreu] moireu B 17 lle] lhi B 18 viu levar a quen] uir· leuar a ꝙʷ B 19 a non] enō B
3 que] quen Michaëlis : que[n] Vallín : que[m] Littera 8 que] que[n] Michaëlis
(I) Como morreu quen nunca recibiu ben da cousa que máis amou e quen viu canto receou dela e morreu por causa diso, ai miña señora, así morro eu!
(II) Como morreu quen foi amar a quen nunca lle quixo facer ben e de quen Deus lle fixo ver (algo) de que morreu con pesar, ai miña señora, así morro eu!
(III) Como aquel que perdeu a cordura, señora, por causa do gran pesar que viu, e non volveu estar ledo nin durmiu despois, miña señora, e morreu, ai miña señora, así morro eu!
(IV) Como morreu quen amou tal dona que nunca lle correspondeu e quen a viu como era levada por quen non a merecía nin a merece, ai miña señora, así morro eu!
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8C (= RM 155:21)
A estrofa III ten o mesmo esquema estrófico das restantes, pois a rima -eu dos verbos é pechada [‘ew] (coa excepción de deu, véxase Montero Santalla 2000: 1197), fronte ao pronome eu do refrán, con vogal palatal aberta [‘ɛw]1.
O paralelismo de todas as estrofas e mais o propio sentido do texto obrigan á emenda da lección <moyreu> de A, coincidente neste caso con B, que neste cancioneiro pode ser lida como morr’eu pola equivalencia <ir> = <rr> (véxase nota a 9.2).
Dado o uso de que con valor de ‘quen’ na lingua medieval, é desnecesaria a emenda da forma de A realizada polos editores precedentes (tamén no v. 8). Véxase nota a 47.21-22.
O cancioneiro da Ajuda mostra unha clara preferencia pola forma ome face á variante omen, máis frecuente nos apógrafos italianos (mais véxase nota a 129.14). Deste xeito, nos textos transmitidos por A e por B, achamos con frecuencia a oposición ome / omen (66.19, 68.1, 74.28, 85.5, 129.27, 131.11, 132.24, 139.8, 164.2, 174.7). Véxase tamén nota a 559.9.
A lección de B parece suxerir a forma dialectal veu, que non se rexistra na poesía profana mais que é moi frecuente na prosa medieval galega posterior, especialmente na Crónica Troiana.
Eis o esquema métrico de Tavani para a estrofa III: 8a 8b 8b 8a 8A (= Tav 128:3).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: