700 [= RM 79,5]
Amigas, por Nostro Senhor

Amigas, por Nostro Senhor,
andade ledas migo,
ca pug’antre mia madr’amor
e antr’o meu amigo,
e por aquest’ando leda:
gran dereit’ei a ‘ndar led[a],
e andade migo ledas.
Pero mia madre non foss’i,
mandou-mi que o viss’, e
nunca tan bon man[dad]’oi
come quando mi-o disse,
e por aquest’ando leda:
[gran dereit’ei a ‘ndar leda,
e andade migo ledas].
E mandó-o migo falar
(vedes que ben mi á feito),
e venho-mi-vos én loar,
ca pugi ja assi o preito
e por aquest’ando leda:
[gran dereit’ei a ‘ndar leda,
e andade migo ledas].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 685, V 287

Edições


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 108-109 [= LPGP 526]); Cohen (2003: 170); Littera (2016: I, 612).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 115); Braga (1878: 55); Machado & Machado (1952: III, 360-361).
III. Antoloxías: Fernández Pousa (1951: 68-69); Alvar & Beltrán (1989: 308); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 124).

Variantes manuscritas


6-7 led[a] / e andade] lede / andade B : lede andade V   7 migo] amigo BV   11 quando] ꝙ̄do V   17 -vos] nꝯ V   19 por] pre V

Variantes editoriais


A disposición tipográfica da cantiga en Nunes presenta como refrán os vv. 2, 4 e 5-6 de cada cobra. En Littera o primeiro verso do refrán é integrado como verso pertencente á cobra.

4 amigo] migo Nunes   6 dereit’ei a ‘ndar] dereit’ei [d]’andar Nunes, Cohen :  dereit’hei [d]’andar Littera   9 viss’, e] visse Nunes, Littera   13 dereit’ei a ‘ndar] dereit’ei [d]’andar Nunes, Cohen : dereit’hei [d]’andar Littera   15 mandó-o] mando[u]-o Nunes : mandou-o Littera   20 dereit’ei a ‘ndar] dereit’ei [d]’andar Nunes, Cohen : dereit’hei [d]’andar Littera

Paráfrase


(I) Amigas, por Noso Señor, andade ledas comigo, porque puxen concordia entre miña nai e o meu amigo, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.

(II) Aínda que miña nai non fose alí, mandoume que o vise, e eu nunca tan bo mandado oín coma cando o dixo, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.

(III) E mandoulle falar comigo (vede que ben me fixo), e véñome gabar diso ante vós, pois xa logrei que as cousas estean así, e por isto ando leda: teño moita razón para andar leda, e andade ledas comigo.

Métrica


Esquema métrico: 8a 6’b 8a 6’b 7’C 7’C 7’D (cfr. RM 103:1)

Encontros vocálicos: 16 miá; 18 jaassio

Notas


Texto
  • 5-7

    Repárese en que a rima -eda do refrán sofre unha variación morfolóxica na rima do ultimo verso (leda / ledas).

  • 6

    O verbo andar presenta elisión da vogal inicial a-, do mesmo modo que outras crases similares que se poden achar ao longo do corpus, sempre após vogal a. Así, endurar: coita ‘ndurar (155.r2, 195.15 e 18); ensandecer: querria ‘nsandecer (182.7), a ‘nsandecer (182.16), ela ‘nsandeci (389.5); entender: ela ‘ntendi (1092.9), podia ‘ntender (1249.9).
    Neste caso, todos os editores emendaron o texto dos manuscritos para repoñer un raro nexo preposicional de (aver dereito de); porén, no corpus achamos aver dereito a: Muit’i a aver gran pavor / ei dereit’, ... (32.8-9).

  • 9

    A segmentación proposta por Cohen é acaída á sintaxe da estrofa, e, deste xeito, as tres cobras presentan períodos con sistemática ligazón copulativa.

  • 15

    O encontro da P3 de pretérito da primeira conxugación (cfr. tamén nota a 1578.23) cun clítico o(s), a(s) provoca a aparición dunha secuencia trivocálica anómala do punto de vista fonotáctico ([‘owa], [‘owo]). É por isto que, a semellanza do acontecido cos duplos resultados de bases latinas como audīre, laudāre etc., na lingua medieval estes encontros resólvense con relativa frecuencia (por razóns morfolóxicas) cunha monotongación e/ou crase (guardó-o, 484.11; mandó-o, 700.5; filhó-o, 1492.5; leixó-o, 1509.17; desseinó-o, 1578.r1; enlinhó-o, 1579.r2). A teor das rimas no corpus trobadoresco profano (negó-o : doo) e relixioso (filló-os : lançó-os : avoos, CSM 214.40-42), o resultado da redución vocálica é –sorprendentemente– aberto (véxase Ferreiro 1999: §§23b, 27c). En calquera caso, Littera anulou a evolución e restaurou mandou-o.

Procurar
    Não foram encontrados resultados