794 [= RM 107,3]
Porque vos quer’eu mui gran ben, amig’, anda-mi sanhuda

Porque vos quer’eu mui gran ben, amig’, anda-mi sanhuda
mia madr’e agora con ela por én sõo perduda,
mais guisarei, meu amigo,
como faledes comigo.
Pola coita que mi destes foi ferida e maltreita,
e ben o sábia mia madre que aquesta sera feita,
mais [guisarei meu amigo
como faledes comigo].
 
 
 
 
5
 
 
 

Manuscrits


B 798, V 382

Éditions


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 190-191 [= LPGP 696]); Cohen (2003: 266); Littera (2016: II, 192).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 145); Braga (1878: 72); Machado & Machado (1953: IV, 97-98).

Variantes manuscrites


2 mha madre soo perduda / agora con ela poren BV   4 comigo] comígo B   6 ben o] bono B; mia] ma B

Variantes éditoriales


Todas as edicións presentan a cantiga disposta en versos octosílabos agudos e heptasílabos graves.

2 mia madr’e agora con ela por én sõo perduda] mia madr’, e sõo perduda / agora con ela por en Nunes, Littera : mha madr’, e soo perduda / agora con ela por en Cohen   5 maltreita] mal treita Nunes, Cohen

Paraphrase


(I) Porque vos quero tanto, amigo, anda incomodada miña nai comigo e agora estou inimizada con ela, mais procurarei, meu amigo, o modo en que poidades falar comigo.

(II) Pola coita que me provocastes fun ferida e maltreita, e ben debe saber miña nai que a situación non ten volta, mais procurarei, meu amigo, o modo en que poidades falar comigo.

Métrique


Esquema métrico: 15’a 15’a 7B 7B (cfr. RM 37:11)

Encontros vocálicos: 3 sõ·o; 9 sá·bi͜a

Notes


Texte
  • *

    A composición, copiada en versos curtos de 8 e 7’ sílabas nos apógrafos italianos, presentaría, de seguirse esta disposición dos códices, unha grave anomalía métrica na segunda estrofa, cun esquema 7’a 7’b 7’c 7’b anterior ao refrán; isto é, con un verso sen rima. É por isto que seguimos a suxestión de Lapa (1982: 172) e dispomos os versos en 15 sílabas (unha medida relativamente frecuente nas cantigas de amigo), recuperando así unha estrutura métrica convincente (este esquema xa foi indicado por Montero Santalla 2000: 472, atendendo ás rimas). Asemade, a rima obriga a rectificar a orde dos elementos do segundo verso da primeira estrofa, feito que confirma a posíbel alteración do formato orixinal da cantiga no proceso de copia (cfr. a interventiva proposta de Montero Santalla: mià madr’, e com ela porém | agora sõo perduda).

  • 5

    Foi é a forma xeral de P3 de pretérito de seer (e de ir), mais tamén aparece como forma de P1, tal como acontece neste verso: a pesar de que en xeral se estabelece unha oposición P1 / P3, fui (< fŭī) / foi (< fŭĭt), debido á acción metafónica de -ī final nalgúns pretéritos fortes (cfr. tamén fiz vs. fez, sive vs. seve, tive vs. teve etc.), foi pode ser tamén resultado de P1, o mesmo que fui aparece esporadicamente como forma de P3 (sen efecto metafónico, por tanto, ou con xeneralización analóxica de unha ou outra persoa).

  • 6

    En principio, a variante ma de B (vs. V) é tamén unha forma correcta para o posesivo átono feminino (véxase nota a 104.18). Porén, débese advertir que, en xeral, a forma ma é produto dun erro de copia, como mostran as varias leccións <m\h/a> ou <m\h/as> dos apógrafos italianos: 599.13, 678.8, 966.8, 984.1, 1009.1, 1297.1. Para alén disto, en xeral a forma ma(s) aparece só nun dos cancioneiros, fronte aos restantes testemuños manuscritos coa forma <mia> ou <mha>: B vs. A (190.r1 na estrofa II, 197.9), AB vs. V (403.14, 404.1), V vs. B (505.3, 506.13 e 21, 554.10, 556.9, 557.17, 604.r2, 605.4 e 10, 609.4, 625.1, 636.1, 859.3, 887.5 e r1 nas estrofas I-III, 966.8, 970.12, 992.3, 1000.16, 1002.r2 na estrofa III, 1165.r2 na estrofa I, 1453.4 e 7, 1457.3, 1459.r1 e r2 na estrofa II, 1468.1, 1469.2, 1470b.6, 1483.r), AV vs. B (887.5 e r1 nas estrofas I-III), e B vs. V (548.5, 632.1, 634.13, 690.1, 1363.r2 na estrofa II).
    A forma demostrativa reforzada aquesta refírese á coita (v. 5).

Rechercher
    Aucun résultat trouvé

    Nous utilisons des cookies de tiers à des fins analytiques pour pouvoir connaître les habitudes de navigation (par exemple, les pages visitées). N'oubliez pas que si vous acceptez les cookies de tiers, vous devrez les exclure des options de votre navigateur ou du système proposé par des tiers.
    Cliquez sur le bouton correspondant pour accepter ou rejeter les cookies :

    ParamètresAccepter