1015 [= Tav 63,50]
Os que dizen que veen ben e mal

Os que dizen que veen ben e mal
nas aves e d’agoirar preç[o] an
queren corvo seestro quando van
alhur entrar; e digo-lhis eu al:
que Iesu Cristo non me perdon
se ant’eu non queria un capon
que ũ[u mui] gran corvo carnaçal.
E o que diz que é mui sabedor
d’agoir’e d’aves, quand’a[l]gur quer i[r],
quer corvo seestro sempr’ao partir;
e por én dig’eu a Nostro Senhor
que El[e] me dé, cada u chegar,
capon cevado pera meu jantar
e dé o corvo ao agoirador,
ca eu sei ben as aves conhoscer
e con patela gorda máis me praz
que con bulhafre, voutre nen viaraz,
que me non pode ben nen mal fazer;
e o agoirador torpe que diz
que máis val o corvo que a perdiz,
nunca o Deus leixe melhor escolher.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


V 601

Ediciones


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 278); Rodríguez (1980: 286 [= LPGP 395]); Lopes (2002: 183); Littera (2016: I, 444-445).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 214-215); Braga (1878: 115); Fernández Pousa (1959: 277); Machado & Machado (1960: VII, 88-89).
III. Antoloxías: Álvarez Blázquez (1975: 33-34); Landeira Yrago (1975: 152); Gonçalves & Ramos (1983: 229); Tavares & Miranda (1987: 301); Alvar & Beltrán (1989: 295-296); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 122); Diogo (1998: 224-225); Marcenaro (2006: 286-288); Souto Cabo (2017: 114).

Variantes manuscritas


2 preç[o] an] pretam V   3 seestro] ceestro V; quando van] ꝙ̄do nā V   7 carnaçal] carnhacal V   8 sabedor] sabedor̃ V   11 Nostro] ur̄o V   14 agoirador] agoitador V   17 voutre] cōtre V   18 nen] nō V   19 agoirador] agorrador V

Variantes editoriales


2 nas] [e]nas Lapa, Lopes; preç[o] an] preit’an Lapa : preç’ham Lopes : pre[i]t’ham Littera   4 alhur] algur Lapa, Littera   7 ũ[u] [mui] gran corvo] ũ[u] gran[de] corvo Rodríguez, Lapa, Lopes : um gram corvo Littera   12 dé] dê Lopes, Littera   14 dé] dê Lopes, Littera   15 conhoscer] conhocer Rodríguez   17 voutre] voitre Lapa   18 pode] pode[m] Littera

Paráfrasis


(I) Os que din que ven ben e mal nas aves e teñen fama de agoirar, queren corvo pola esquerda cando van entrar noutro lugar; e dígolles eu outra cousa: que Xesús Cristo me perdoe se eu non quería antes un capón que un gran corvo carniceiro.
(II) E o que di que sabe moito de agoiros e de aves, cando quere marchar a algures, quere sempre un corvo pola esquerda ao partir; e por iso digo eu ao Noso Señor que El me dea, cada vez que chegue a un sitio, un capón cebado para o meu xantar e dea o corvo ao agoirador, (III) pois eu sei recoñecer ben as aves e máis me gorento con pata gorda que con miñato, voitre ou corvo viaraz, que non me pode facer mal nin ben; e ao agoirador torpe que di que vale máis o corvo que a perdiz, nunca Deus o deixe escoller mellor.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:40)

Encontros vocálicos: 5 I·e·su; 10 a͜o; 14 a͜o; 17 vi͜a·raz; 21 nunca‿o

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga, igual que as cantigas 213, 270 ou 926, entre outras, presenta unha ligazón interestrófica coa copulativa e entre as estrofas I e II (e ligazón causal nas estrofas II-III) que facilmente, por medio dunha disposición tipográfica minúscula e unha puntuación máis leviana, se podería interpretar como unha cantiga ateúda. Véxase nota á cantiga 74.

  • 2

    Nótese a perfecta equivalencia entre preço (cfr. a proposta preito en Lapa e Littera) e o provenzalismo prez.

  • 3

    A voz seestro, que deriva do lat. sĭnĭstrum, é substituída no período posmedieval polo vasco esquerdo por razóns eufemísticas, tal como mostra o seu carácter negativo nesta cantiga. Porén, o propio corvo por si mesmo xa debía ser un mao agoiro, tal como se reflicte na tradución da Confessio Amantis: E, aallem desto, quando braada polla menhãa, algũus lhe dizem muito mal, porque cuidam que he sinal dalgũa desaventura que lhes ha de vĩir (Faccon 2012: 393).

    Neste sentido hai que considerar a expresión partir con boas aves que se atesta no Cancioneiro Geral de Garcia de Resende (Dias 1990: III, 156-157):

    Nam parti com boas aves
    e com pee ezquerdo entrei,
    pois achei males mais graves
    de quantos fantasiei.

  • 5

    Iesu, que volve aparecer en 1576.1, é voz trisilábica.

  • 7

    A omisión de dúas sílabas métricas condiciona a recuperación da forma bisilábica ũu, así como a reintegración de mui, fronte á proposta de gran[de] en todas as edicións precedentes, que nunca se rexistra no corpus en posición anteconsonántica (cfr. nota a 269.26). Por súa parte, Littera matén a hipometría do verso.

    Por outra banda, nótese a presenza do erro gráfico <nh>/<n>, sempre no Cancioneiro da Vaticana, que na produción prosística de finais do século XIII –nomeadamente na xerada en Portugal– aparece esporadicamente (véxase tamén conorto <conor co|> B, <conhorto> V en 1609.10)1 . Cfr. nota a 313.10.

    O corvo carnaçal (‘corvo carniceiro’) rexístrase noutra composición de Joan Airas (1486.5), xunto con outra de Airas Perez Vuitoron (1496.9). No Cancioneiro Geral de Garcia de Resente comparece tamén un corvo carniçal:
              Soes ũu bruto animal,
              belfa quasi tartaruga,
              soes hũu corvo carniçal,
              soes ũu demo infernal,
              nom sei quem de vós nom fuja (Dias 1991: I, 234).

  • 10

    Aínda que, en xeral, ao(s) computa metricamente como bisilábico, nas dúas ocorrencias de ao nesta cantiga (vv. 10, 14) este encontro vocálico semella unisilábico (de modo semellante ao que acontece con aa(s), véxase nota a 336.8), como se pode atestar con seguranza noutras pasaxes do corpus (455.1, 725.3, 813.12 e 21, 17 e 26, 968.24, 1207.12, 1356.r2 e r4, 1364.1 e 7, 1398.7, 1497.24, 1532.24, 1629.11). Cfr. nota a 73.21.

  • 15

    Nas cantigas profanas aparece por veces a grafía <sc> en vez de <c> ou <ç> [ts], en xeral na desinencia de verbos incoativos, especialmente no Cancioneiro da Ajuda: connoscer (117.19, 138.2, 142.16 <conhocer> B), connoscesse (127.21 <cõnosciesse> A, <conhocesse> B), escaescer (130.13, 138.10, 227.15 <escaecer>~<escaeçer> B), escaescerá (175.28 <es caeçera> B), nasci (140.3 <naci> B). Mais en B e V tamén se rexistran algunhas voces con esta grafía latinizante, a maioría das veces concentradas na derradeira parte do cancioneiro galego-portugués: conhoscer (1015.15, 1630.3), falescer (1586.13) e parescer (1612.2, 7, 9 e 21; 1613.2 e 4)2 . E só nunha ocasión localizamos variación entre os dous apógrafos italianos: conhocedes (1480.19 <cognosceds̄> B vs. <conhoçeds̄> V). Cfr. nota a 68.11.

  • 16

    A patela ten de ser a forma diminutiva de pata, a femia do pato, co sufixo -ela, xa en absoluto retroceso na altura cronolóxica do aparecemento das cantigas (véxase Ferreiro 2001 [1997]: 185-187). Cfr. nota a 735.2.

    Nos textos medievais, podemos achar pata como a femia de pato, por exemplo nos Miragres de Santiago: Et ao jantar comja pouco pan et comja hũu carto de carneiro, ou dúas galinas, ou hũa pata, ou hũa perna de porquo, ou hũu poón, hũa grúa ou hũa lébore (cfr. CGPA, s.v.).

  • 17

    O bulhafre é a ave de rapina hoxe denominada comunmente miñato en galego e milhafre en portugués (entre outras denominacións), e o viaraz refírese a un tipo de corvo pequeno (tamén en 1487.6)3 . Canto a voutre, é lectura de <cōtre> a partir de dous erros: <c>/<v>, que se rexistra tamén en, por exemplo, 685.7 (vivede <Vuiede> B, Cuiede> V), 746.14 (averei <ueerey> B, <acerey> V) ou 1312.9 (verv’antig’ <uer cãtig> B, <ueruãtig> V); por outra parte, <ō>~<on>/<ou> que é moi frecuente ao longo dos cancioneiros, especialmente en B mais tamén presente en V: <tornō> tornou (603.15), <morō> morou (865.12), <nō> vou (1012.20).
    En calquera caso, voutre é forma arcaica con relación ao xeral voitre (cfr. abuitor,  735.15; véxase Ferreiro 1999 [1995]: §99b).

  1. ^

    Outros casos son dubidosos: véxase, por exemplo, <conhusado> en 1440.20, que parece corresponderse con con’husado (= cono usado).

  2. ^

    Só en 547.18 se rexistra a diferente lección <nasçi> B, <naçi> V.

  3. ^

    A identificación das aves está perfectamente documentada e explicada en Rodríguez (1980: 289).

Buscar
    Sin resultados