455 [= Tav 18,24]
Med’ei ao pertigueiro que ten Deça

Med’ei ao pertigueiro que ten Deça:
semelha Pedro Gil na calvareça,
e non vi mia senhor [á] mui gran peça,
Milia nen Sancha Fernandiz, que muit’amo.
Antolha-xe-me ris’o pertigue[i]r’, e chamo
Milia nen Sancha Fernandiz, que muit’amo.
Med’ei do pertigueiro e ando soo,
que semelha Pero Gil no fei[j]oo,
e non vi mia sen[h]or, ond’ei gran doo,
Milia nen Sancha Fernandiz, que muit’amo.
Antolha-xe-me ris’o pertigue[i]r’, e chamo
Milia nen Sancha [Fernandiz], que muit’amo.
Med’ei do pertigueiro tal que mejo,
que semelha Pero Gil no vedejo,
e non vi mia sen[h]or, ond’ei desejo,
Milia nen Sancha [Fernandiz], que muit’amo.
Antolha-xe-me ris’o pertigueiro: chamo
Milia e Sancha Fernandiz, que muit’amo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 460

Edicións


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 56-57 [= LPGP 150-151]); Paredesa (2001: 112); Lopes (2002: 49); Paredesb (2010a: 94); Littera (2016: I, 81).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 150); Machado & Machado (1950: II, 304); Paredes (2010b: 76-79); Paredes (2010c: 58-59); Rios Milhám (2018b: III, 455).
III. Antoloxías: Tavares & Miranda (1987: 346-347).

Variantes manuscritas


1 Med’ei ao pertigueiro] Mardey ao ꝑrigueyro B; Deça] desça B   4 Milia nen Sancha] chilia / Nen seucha B   5 pertigue[i]r’] ꝑ tirguer B   8 no fei[j]oo] non feyoo B   11 Antolha-xe-me riso, pertigue[i]r’] Antolhareme riso do ꝑtiguer B   14 no] ne B   15 mia] mhā B   17 pertigueiro] do ꝑtiguerio B

Variantes editoriais


1 ao] do Lopes, Littera   4 nen] om. Lapa, Lopes, Littera   5 ris’o pertigue[i]r’, e] riso, pertigueiro Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb : riso, pertigueir’, e Littera   6 nen] om. Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   7 pertigueiro] pertigueir’ Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   10 nen] om. Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   11 ris’o pertigue[i]r’, e] pertigueiro Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb : riso, pertigueir’, e Littera    12 nen] om. Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   16 nen] om. Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   17 ris’o pertigueiro] riso, pertigueiro Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb : riso, pertigueir’, e Littera   18 e] om. Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb

Paráfrase


(I) Teño medo do pertegueiro de Deza: parécese a Pedro Gil na calva, e non vin a miña senhor hai moito tempo, Milia nin Sancha Fernandiz, que moito amo. Paréceme de risa o pertegueiro, e chamo Milia e Sancha Fernandiz, que moito amo.

(II) Teño medo do pertegueiro e ando só, que se parece a Pero Gil na cabeza pelada coma un feixón, e non vin a miña senhor, polo que teño gran pena, [refrán]

(III) Teño tal medo do pertegueiro que mexo por min, que semella Pero Gil nas guedellas, e non vin a miña senhor, a quen desexo, [refrán]

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10’a 10’a 10’a 12’B 12’B 12’B (cfr. Tav 19:12)

Encontros vocálicos: 1 a͜o; 4 Mi·li·a; 6 Mi·li·a; 7 pertigueiro‿e; 10 Mi·li·a; 12 Mi·li·a; 16 Mi·li·a; 18 Mi·li·a

Notas


Texto
  • *

    Esta cantiga de escarnio presenta dificultades lingüísticas e interpretativas arredor da figura dun pertigueiro de Deza a respecto de Pedro ou Pero Gil e mais de Milia nen Sancha Fernandiz. O trobador parece xogar con que o obxecto do seu amor é tanto a nai como a filla a un tempo, pois trataríase de Fernan Estevez de Castro, pertigueiro de Santiago (non de Deza), casado con D. Milia de Mendonça, que tiveron unha filla chamada Sancha Fernandez (véxase Projeto Littera [últ. consulta: 24-3-2016]). De calquera forma, diversas figuras femininas con este nome, e ás veces co patronímico Fernandez, están presentes en numerosos documentos notariais galegos, nomeadamente do século XIII (véxase CGPA, s.v. Milia, Millia, Mylia).

  • 1

    No verso aparece a alusión a un pertigueiro (‘administrador da igrexa, persoa encargada da defensa dos bens das igrexas e dos mosteiros’) non identificado.

    Aínda que, en xeral, ao(s) computa metricamente como bisilábico, en todas as ocorrencias de ao nesta cantiga, este encontro vocálico é unisilábico (de modo semellante ao que acontece con aa(s), véxase nota a 336.8), como se pode atestar con seguranza noutras pasaxes do corpus (336.8, 725.3, 813.12 e 21, 17 e 26, 968.24, 1015.101356.r2 e r4, 1364.1 e 7, 1398.7, 1497.23, 1532.24, 1629.11). Cfr. nota a 73.21.

  • 2

    Nótese a variación Pedro ~ Pero (vv. 8 e 14) no nome de Pedro Gil, personaxe de que se descoñece a súa identidade. Por outra parte, calvareça é un substantivo que parece significar ‘calvice’, seguramente derivado de calvo co interfixo -ar- e o sufixo -eça.

  • 4-6

    No refrán aparece repetidamente a copulativa nen nas tres estrofas da composición (vv. 1 e 3 do refrán), agás no v. 18, en que, significativamente, aparece a outra copulativa e; isto parece confirmar que o poeta está a referirse a dúas persoas diferentes, talvez relacionadas entre si. Polo contrario, todos os editores omitiron a conxunción (nen e e) na crenza de que a cantiga fala dunha única muller. Porén, o descoñecemento das circunstancias concretas que deron lugar á cantiga impide extrapolacións ou conclusións seguras.

    No segundo verso do refrán todos os editores mantiveron a integridade de riso, de modo que pertigueiro funciona como un vocativo; non obstante, tal invocación non acae ben no contexto, de modo que unha segmentación alternativa (Antolha-xe-me ris’o pertiguir’, e chamo...) cadra co medo a que se alude ironicamente nos vv. 1 e 13 (non lle ten medo ningún, dálle o riso). Nótese, ademais, como a mesma construción reaparece en Don Pedro de Portugal: e entolha-xe-me riso (1450.18).

    Finalmente, neste mesmo verso aparece unha nova variación sintáctica na redacción, de modo que na terceira estrofa xa desaparece a copulativa que liga antolha e chamo. Véxase nota a 39.17. Cfr. nota a 27.4.

  • 8

    O feijoo, que nas Cantigas de Santa Maria significa ‘filloa’ (Mettmann 1959-1972: IV, s.v. feijoo), aquí, como indica Lapa, debe indicar unha «cabeça calva como um feijão». Non achamos esta voz en ningún outro texto medieval (até final do século XV), de xeito que a seguinte documentación xa se rexistra na Crónica do Conde D. Pedro de Meneses de Gomes Eanes de Zurara, como forma plural da voz derivada feijom: Porque ally nõ avia çevada, nẽ feijões, nẽ outra espeçia de llegumes, mas muitos panos d'ouro, & de seda, & doutra rroupa talhada (véxase CGPA, s.v. feijões). Mais a frecuencia do apelido Feijoo xa na Idade Media talvez haxa que a explicar por ser esta voz sinónima de calvo, voz que tamén forma parte da onomástica como apelido (véxase Navaza 2012: 183).

  • 14

    Vedejo non pode ser máis do que adaptación xenérica, por obrigas rimáticas, da forma feminino castelá vedeja, correspondente ao galego-portugués guedelha (< uĭtĭcŭlam ‘vide pequena’): deste xeito continúa a alusión á escaseza capilar de Pedro Gil. Ademais, a presenza de castelanismos en Afonso X é relativamente frecuente, como se pode comprobar na lingua das Cantigas de Santa Maria (véxase Rodriguez 1983).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado