I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 380-381 [= LPGP 613]); Cohen (2003: 427); Littera (2016: II, 83).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 274); Braga (1878: 150); Machado & Machado (1956: V, 298-299); Montero Santalha (2004).
4 morr’el] moirel B; morrer] moirer B 5 guarrei] guarirey B 6 guarra] guaira B; vir] (vyu) vyr B 7 Deus] des V 10 morr’el] moirel B 11 guarrei] guairey B 13 Deus] des V 16 morr’el] moirel B 17 guarrei] guairey B
3 viu mí] viu-mi Nunes, Littera 10 moiro] moir’ Nunes 15 [e] eu naci por mal] eu naci por [gran] mal Nunes
(I) Madre e señora, deixádeme ir ver aquel que eu vin pola miña desgraza, e el viume a min pola súa, pois el morre, madre, e eu quero morrer se o non vexo; mais, se o vise, sandarei eu e sandará el cando me vexa, seino certo.
(II) O que me non debera ter mostrado Deus heino ver, madre, se iso vos prace, e non me mostrou polo seu ben, pois el morre, e morro eu, así Deus me ampare, se o non vexo; mais, se o vise, sandarei eu e sandará el cando me vexa, seino certo.
(III) Aquel que Deus fixo nacer polo meu mal, madre, deixádeme ilo ver, por Deus, e eu nacín por mal dos seus ollos, pois el morre, e morro eu, con certeza, se o non vexo; mais, se o vise, sandarei eu e sandará el cando me vexa, seino certo.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:167)
Encontros vocálicos: 8 -lo͜-ei 10 moiro‿eu; 14 -mi͜-o
O pronome mí ten de ser tónico para garantir o acento rítmico, que se rexistra na 4ª sílaba de todos os versos. Esta forma pronominal, como as restantes formas tónicas oblicuas, pode cumprir función de CD sen preposición na lingua trobadoresca.
A hipometría do verso é resolvida de modo moi económico integrando unha copulativa no inicio do verso; de feito, esta é omitida con frecuencia por erro de copia, como mostran os abondosos casos en que algún dos manuscritos ofrece a lección correcta: A vs. B (65.29, 117.12, 165.10, 174.12 etc.), B vs. V (424.14, 1195.16 etc.), V vs. B (403.6, 1614.20 etc.). Noutros casos, a métrica e/ou o sentido indica a necesidade de recuperar esa copulativa (véxase 6.14, 60.27, 103.18, 110.3 e 17, 230.5, 271.5 etc.). Cfr. nota a 42.15 e 274.19.