[last revised: 20/02/2024]Print

1118 [= Tav 62,1]
A sa vida seja muita

A sa vida seja muita,
deste rei de Portugal,
que cada ano mi á por fruita,
pero que eu canto mal;
e ar vou mui confortado
da mercee que m’el faz,
e el é rei acabado
e eu sõo mao rapaz.
Os reis, mouros [e] cristãos,
mentre viver lh’ajan medo,
que el á mui ben as mãos,
e o ifante Don Pero,
seu filho, que s’aventura
a un grand’usso matar,
e des i, e sempre, cura
d’el-rei, seu padre, guardar.
E al do conde falemos,
que é irmão d’el-rei,
e muito ben del diremos,
segundo como apres’ei:
se fosse seu o tesouro
que el-rei de França ten,
tan ben prata come ouro,
daria todo, a seu sén.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscripts


B 1116, V 707

Editions


I. Edicións críticas: Ron Fernández (1998: II, 590); Littera (2016: II, 31).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 249); Braga (1878: 135); Machado & Machado (1956: V, 172 [= LPGP 370-371]);  Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 93-94); Seoane (1941: 154-155).

Manuscript variants


4 canto] tanto B   5 ar] al BV   6 mercee] m’ceē B : m̃ceẽ V   7 e el é] E el B : el he V   8 e] et V; mao] muy maao BV   9 reis] Rex B : rex V; mouros] mourus V; cristãos] xp̄ian9 B : xpāa9 V   10 mentre] Merce’ B   11 mãos] maāꝯ B : mãaꝯ V   12 ifante] yfan’t B : ysant̃ V; Pero] pº BV   15 e] et V; e] et V; sempre] sempe B   17 falemos] falemus V   18 irmão] Irmāao B : irmātio V   19 e] et V   20 apres’ei] apesey B   21 seu o tesouro] sō ethesouro B : seu o chesouro V   22 França] frāca B : franza V   23 ben prata] bō peta B   24 daria] Dariā B

Editorial variants


5 ar] al Ron Fernández   7 e] om. Ron Fernández   8 e eu sõo mao] et eu sõo mui mao Ron Fernández : e eu som mui mao Littera   9 Os reis, mouros [e] cristãos] Os rex mourus, christianos Ron Fernández   11 mãos] maanos Ron Fernández   12 e] et Ron Fernández; Pero] Pedro Ron Fernández, Littera   15 e ... e] et ... et Ron Fernández : é ... e Littera   17 falemos] falemus Ron Fernández   18 irmão] irmãao Littera   19 e ... diremos] et ... diremus Ron Fernández   23 come] como Littera

Paraphrase


(I) Sexa moita a vida deste rei de Portugal, que cada ano me ten (ao seu servizo) a cambio de froita, aínda que eu canto mal; e vou moi confortado polo favor que el me fai, e el é rei cumprido e eu son un mal rapaz.
(II) Os reis, mouros e cristiáns, téñanlle medo mentres viva, pois el ten moi boas mans, e o infante don Pedro, o seu fillo, que se atreve a matar un grande oso, e alén diso, e sempre, procura velar polo rei, seu pai.
(III) E falemos tamén do conde, que é irmán do rei, e moito ben del diremos, segundo como aprendín: se fose seu o tesouro que ten o rei de Francia, tanto a prata como o ouro, todo o daría conforme o seu criterio.

Metrics


Esquema métrico: 7’a 7b 7’a 7b 7’c 7d 7’c 7d (I, III [= Tav 112:3]) + 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7d 7’c 7d (II [= Tav 112:5])

Encontros vocálicos: 3 cada‿ano mi‿á; 8 sõ͜o ma·o; 20 como‿apres’; 24 todo,‿a

Notes


Text
  • *

    Esta cantiga foi considerada tradicionalmente pola crítica como unha louvanza do rei Afonso IV de Portugal, sucesor de Don Denis, así como do príncipe Pedro, seu fillo, e mais do conde Don Pedro de Barcelos, seu medio irmán. Porén, Xabier Ron (1998) propuxo a que coidamos é a correcta interpretación da parte relativa ao rei Afonso IV (até o v. 11). Ao contrario dos versos referidos ao infante e ao conde, que si son laudatorios, os primeiros versos rezuman ironía contra o novo rei: lonxe de agasallar os xograres como o fixera seu pai Don Denis (con panos e aver ‘dinheiro’) dáballes unha má alimentación a base de fruita, da que ademais tiñan que estar agradecidos, como parece deducirse dos irónicos vv. 5-8. Esta interpretación faise evidente se se le esta cantiga en relación coa cantiga seguinte (UC 1119), un pranto pola morte de Don Denis onde se louva postumamente o seu papel protector de trobadores e xograres e a súa prodigalidade con estes, e onde se fai patente a gran perda que a súa morte supuxo para os axentes trobadorescos. 

  • 5

    A lección al non ten sentido no contexto, de modo que deberemos emendala como ar, partícula preverbal moi frecuente no corpus, onde por veces se detectan os mesmos erros nos cancioneiros: 981.22 (ar <ar> A, <al> BV), 1159.4 (ar <al> B, <ar> V), 1478.16 (ar <al> BV).

  • 7

    Tal como chegou a nós a copia dos apógrafos italianos, en B foi omitido é, mentres que en V falta a copulativa inicial.

  • 8

    Neste verso é necesario computarmos como monosilábica a forma verbal sõo, aínda que, en xeral, as formas derivadas de *sono (> sõo > soo) funcionan como bisilábicas (só é unisilábico sõo en 14.19, 63.12, 292.18, 317.18, 1629.2, e soo en 1431.1, 1577.2). Ademais, a aparición de mui en BV, que converte o verso en hipermétrico, mostra como, especialmente nos apógrafos italianos, aparecen con certa frecuencia elementos que deben ser omitidos. Para a intromisión espuria de mui véxase, por exemplo, B vs. A (257.1), A vs. B (369.3, 998.10), BV vs. A (417.15), B vs. V (423.17, 810.14), así como 812.14 ou 995.5.

    Por outra banda, nesta composición xa se detecta a aparición dun fenómeno gráfico de carácter tardío, cal as duplicacións antietimolóxicas de vogais en hiato nas terminacións -ao e -ão: mao <maao> BV (v. 8); mãos <maā9> BV (v. 11); irmão <Irmāao> B, <irmātio?> V (v. 18). De feito, ao longo do corpus das cantigas <-aao> rexístrase en mao (485.20, 880.6, 1344.31, 1585.9, 1619.8), pao (1344.25, 1587.6, 1619.11), vao (1344.29), así como no conglomerado dá-o (1344.27). O mesmo trazo pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. E similar hábito gráfico pode observarse tamén na terminación -ão de cristão, mão, irmão, vilão etc. Véxase nota ao v. 11.

  • 9

    Este verso mostra o evidente latinismo gráfico <rex> reis, frecuente na Idade Media, especialmente na prosa historiográfica; de calquera modo, é un latinismo similar a <et> e (cfr. nota a 65.7), <absconde> B asconde (cfr. nota a 63.2) ou <cum> con (cfr. nota a 91.1), entre outros.

    Ademais, no Cancioneiro da Vaticana volve aparecer a terminación -us en voces en que é xeral a terminación -os (<mourus>, v. 9; <falemus>, v. 17); na realidade, esta grafía aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

    Por outra parte, a forma abreviada de cristãos <xp̄ianꝯ> en B suxire a presenza de -n- como simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /ã/, de modo similar a outras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽ o, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. 

  • 9-11

    Resulta sorprendente que, seguindo os hábitos dalgúns editores italianos, se desenvolva a nasalidade vocálica como unha consonante nasal explosiva (chistianos, manos) no estabelecemento do texto, por canto supón un erro de interpretación gráfico e, sobre todo, fonolóxico do texto medieval.

  • 10-12

    A abreviatura <pº> é susceptíbel de ser interpretada como Pedro ou como Pero, forma que preferimos porque se axusta –imperfectamente– á rima con medo (v. 12), que constitúe unha rima defectuosa que, dificilmente clasificábel, forma grupo con outras diversas como as seguintes: nemiga : preitesia (494.7.8), 1360.22-26 (voda : rengelhosa : fremosa), 1497.31-32 (Celorico : bispo), 1546.23-28 (senhora : Çamora : Gomorra) ou merecedes : franceses (1615.5-6). Véxanse notas a 206.4-6, 383.19-20, 427.5-6, 453.5-6 e 698.5-6.

    O infante don Pero será o futuro D. Pedro I, rei de Portugal (1357-1367), fillo de D. Afonso IV.

  • 11

    Mão, como outras voces terminadas en -ão (e en -ao, nomeadamente mao, véxase nota a 485.20), presenta nos apógrafos italianos a forma gráfica <aāo> ou <āao>, con duplicación vocálica característica destes encontros vocálicos, presente na escrita galego-portuguesa desde os seus inicios e con frecuencia progresiva nos textos finais da Idade Media. No corpus das cantigas achamos <-aão>, con algunhas variantes e/ou lapsos de copia, en alão (1450.2), mão (382.21, 461.26, 1314.8, 1387.5), cristão (1119.21), Foão (1338.1), irmão (1118.18), temporão (1471.13), verão (1624.5) vilão (115.30, 1592.5). Véxase nota ao v. 8.

  • 12

    Igual que acontece con cofonder ~ confonder ou iferno ~ inferno, no corpus trobadoresco, e na lingua medieval, coexisten, sen flexión xenérica (a forma feminina só aparece no século XV, véxase CGPA, s.v. infanta), ifante e infante (< infantem), pois a primeira forma atéstase tamén en 550.6 e 1623.14, fronte a infante, que presenta máis ocorrencias (1334.2 e 14, 1335.3, 1618.1 e 15). Véxase nota a 379.11.

  • 14

    A variante usso, con evidente influencia do lat. ŭrsum, de onde a forma moderna portuguesa urso que substituíu a patrimonial osso, ten poucos rexistros na produción medieval, a teor dos datos subministrados polo Corpus Galego-Portugués Antigo (s.v. osso, usso).

  • 17

    O Conde é D. Pedro, Conde de Barcelos, o derradeiro trobador galego-portugués, e compilador do mítico Livro das Cantigas.

  • 20

    Por volta de ei apreso aparece a frase formularia segund’apreso ei, con variacións redaccionais en 472.8 e 118.20.

Search
    No results