842 [= RM 69,1]
A meu amigo, que eu sempr’amei

A meu amigo, que eu sempr’amei,
des que o vi, mui máis ca min nen al,
foi outra dona veer por meu mal;
mais eu, sandia, quando m’acordei,
non soub’eu al en que me del vengar,
senon chorei quanto m’eu quis chorar.
Mái-lo amei ca min nen outra ren
des que o vi, e foi-m’ora fazer
tan gran pesar que ouver’a morrer;
mais eu, sandia, que lhe fiz por én?
Non soub’eu al en que me del [vengar,
senon chorei quanto m’eu quis chorar].
Sab’ora Deus que no meu coraçon
nunca ren tiv[e] enno seu logar,
e foi-mi ora fazer tan gran pesar;
mais eu, sandia, que lhe fiz enton?
Non soub’eu al [en que me del vengar,
senon chorei quanto m’eu quis chorar].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 846 (f. 178r, cols. a-b), V 432 (f. 69r, col. b) [Cantiga de Amigo]

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 224 [= LPGP 437]); Cohen (2003: 305); Littera (2016: I, 507-508).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 161); Braga (1878: 81-82); Machado & Machado (1953: IV, 165-166).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 97); Magalhães (2007: 98).

Variantes manuscritas


2 ca] ta V   4 sandia] sandis V   7 ca] ta V   9 morrer] moirer B   17 eu] om. V

Variantes editoriales


1 A meu amigo] O meu amigo Cohen   6 chorei] chorar Nunes   9 ouver’a morrer] ouvera morrer Cohen   12 chorei] chorar Nunes   14 tiv[e] enno] tiv’eu [e]no Nunes : tiv[i] ẽno Cohen, Littera; logar] lugar Nunes   18 chorei] chorar Nunes

Paráfrasis


(I) Ao meu amigo, que eu sempre amei, desde que o vin, moito máis que a min nin a outra cousa, foino ver outra muller para o meu mal; mais eu, insensata, cando me decatei, non souben como me vingar del, e chorei canto eu quixen chorar. 

(II) Ameino máis que a min mesma nin a outra cousa desde que o vin, e foime agora causar tan gran pesar que ouven morrer; mais eu, insensata, que lle fixen por iso? Non souben como me vingar del, e chorei canto eu quixen chorar.

(III) Deus sabe agora que no meu corazón nunca tiven outra cousa no seu lugar, e foime agora causar tan gran pesar; mais eu, insensata, que lle fixen entón? Non souben como me vingar del, e chorei canto eu quixen chorar.

Métrica


Esquema métrico: 10a 10b 10b 10a 10C 10C (I-II [= RM 160:110]) + 10a 10b 10b 10a 10B 10B (III [= RM 151:3])

Encontros vocálicos: 15 -mi‿o·ra

Notas


Texto
  • 1

    Cohen intervén no íncipit da cantiga (convertendo a preposición a no artigo o) por canto parece que a preposición a introduce un CD de persoa (de veer, v. 3), feito sintáctico raro na lingua medieval. Con todo, é frecuente unha certa desconexión sintáctica nos íncipits das cantigas, que neste caso se reflicte nunha construción minoritaria.

  • 1-2

    A preposición a non se rexistra na expresión amar máis ca mi(n)/sí (nen al), moi frecuente no corpus trobadoresco (44.13, 102.17, 140.8 e 10, 200.5, 215.16 etc.), a pesar de, aparentemente, o pronome tónico esixir a presenza do enlace. Neste sentido, téñase en conta que os pronomes persoais tónicos poden aparecer sen preposición, como documentan numerosas pasaxes das cantigas (véxase Glosario, s.v. mí, func. 2). Cfr. nota a 177.22 e 243.16.

  • 5

    A variante vengar, sen pechazón vocálica por nasal trabante, é realmente minoritaria na lingua trobadoresca, pois só se rexistra nuns poucos textos (148.6, 265.15, 272.6, 1094.15 e 16) fronte á forma xeral vingar. Cfr. nota a 11.17. 

  • 6

    Talvez a emenda de Nunes da forma en rima (chorar > chorei), que rompe a rima e estraga a sintaxe, se deba a un lapso condicionado pola mesma forma presente no inicio deste segundo verso do refrán.

  • 9

    Unha vez máis, Cohen renuncia a segmentar a preposición en ouver’a morrer: a interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das lecturas <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase do enlace no Cancioneiro da Ajuda.

  • 14

    Este verso esixe repor a vogal final de tive, talvez ausente debido a un erro de copia por contigüidade (neste sentido, é de preferir tive a tivi, presente en Cohen e Littera).
    Por outra banda, na lingua trobadoresca xa é común o resultado no(s), na(s) para o encontro da preposición en co artigo (ĭn + ĭllum > enno > eno > no); con todo, aínda é relativamente frecuente a forma intermedia sen aférese, que se revela moi rara coa grafía máis arcaica, anterior á simplificación da consoante xeminada (véxanse tamén 205.9, 294.4, 486.17, 813.7 e 16, 842.14, 1119.9, 1314.7 e 10, 1337.21).

Buscar
    Sin resultados