[last revised: 18/05/2021]Print

578 [= Tav 25,138]
Vós, que vos en vossos cantares «meu

Vós, que vos en vossos cantares «meu
amigo» chamades, creede ben
que non dou eu por tal enfinta ren;
e por aquesto, senhor, vos mand’eu
que, ben quanto quiserdes des aqui
fazer, façades enfinta de mí,
ca demo lev’essa ren que eu der
por enfinta fazer o mentiral
de min, ca me non monta ben nen mal!
E por aquesto vos mand’eu, senher,
que, ben [quanto quiserdes des aqui
fazer, façades enfinta de mí],
ca mi non tolh’a mí ren nen mi dá
de s’enfinger de mí mui sen razon
ao que eu nunca fiz se mal non;
e por én, senhor, vos mand’ora ja
que, ben quanto quiserdes des aqui
[fazer, façades enfinta de mí],
[e] estade com’estades de min,
e enfingede-vos ben des aqui.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscripts


B 561, V 164

Editions


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 71 [= LPGP 242]); Nunes (1973 [1928]: 12-13); Cohen (2003: 594); Littera (2016: I, 216).
II. Outras edicións: Moura (1847: 129-130); Monaci (1875: 67); Braga (1878: 33); Machado & Machado (1952: III, 175); Cohen (1987: 36); Júdice (1997: 29); Montero Santalha (2004).

Manuscript variants


1 vos] uos BV; vossos] uossa V   5 quiserdes] uiserdes V   10 senher] senhor BV

Editorial variants


4 vos] vós Lang   8 por enfinta fazer o mentiral] [tal] enfinta fazer ou mentir al Lang   10 senher] senhor Lang   19 min] mi Lang, Nunes, Cohen, Littera

Paraphrase


(I) Vós, que nos vosos cantares vos chamades «meu amigo», crede ben que eu non lle dou ningún valor a tal finximento; e por isto, señor, eu vos mando que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (II) pois leve o demo a importancia que eu lle dou a que o mentireiro se vanglorie de min, pois nin me vai nin me vén. E por isto vos mando eu, señor, que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (III) pois a min non me quita nin me dá nada o feito de fachendear de min sen motivo aquel a quen nunca lle fixen máis que mal; e por iso, señor, vos mando xa agora que de aquí en diante fagades toda canta presunción de min quixerdes facer, (1) e seguide como estades comigo, e gabádevos ben de aquí en diante.

Metrics


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:36)

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda atá a fiinda desta composición (non considerado en ningunha das edicións precedentes), con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15.

  • 3

    Enfinta ‘finximento, engano, presunción’ (tamén no refrán e mais no v. 8) é voz case exclusiva da lírica profana (véxase CGPA, s.v. enfinta, emfimta). 

  • 7-8

    A frase desiderativa coa presenza da construción levar o demo (máis frecuente no xénero satírico), confire un certo carácter coloquial á composición, tal como volve acontecer noutra cantiga de Don Denis (véxase 502.5-6578.7-8).

  • 8

    Lang semella non ter identificado mentiral, pois fixou un texto arbitrario. A voz mentiral ‘mentiroso’, probábel provenzalismo (véxase García-Sabell Tormo 1990: 227-228), ten escasas ocorrencias no corpus poético trobadoresco profano (véxanse 294.3, 917.13, 953.5); tamén se atesta esporadicamente nas Cantigas de Santa Maria (véxase Mettmann 1959-1972: IV, s.v.) e moi raras veces na prosa (véxase CGPA, s.v. mentiral): unha única vez nun documento notarial de 1269: e quen nos quiser mentir peyte a outra parte C morabetinos e seya mentiral; e na Crónica Geral de Espanha de 1344: E aquelle que hy nõ fosse ao dya que fosse posto, que ficasse por mentiral e fallido e que perdesse os reynos. Co mesmo significado, no corpus profano achamos mentidor (1292.7) e mentireiro (1389.3), fronte ao fantasmal mentido de Michaëlis.

  • 10

    A forma senher (forma esixida pola rima en -ɛr) é unha variante provenzalizante de senhor, que tamén se rexistra en 375.16, 491.4, 1324.18, 1388.20, 1473.5; a variante sinher aparece en 1396.12, 1431.29, 1500.13, 1644.23. E tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria, sempre en posición de rima (CSM 5.75, 25.43, 245.51, 265.75, 296.28).

  • 14

    O verbo enfingir (e enfengir), da terceira conxugación, é maioritario na lírica profana, mais aínda presenta por veces desinencia de segunda conxugación, tanto coa forma enfenger (768.5, 1030.3), como coa variante disimilada enfinger.

  • 19

    Máis unha vez a métrica indica que é necesaria a copulativa inicial da fiinda, ausente con relativa frecuencia nos manuscritos. Casos semellantes, en fiindas, documéntanse en 274.19, 287.19, 398.22, 527.19, 581.19, 633.22, 841.19, 1019.22, 1020.19, 1051.19, 1057.19.

Search
    No results