375 [= Tav 9,3]
De vos servir, mia senhor, non me val

De vos servir, mia senhor, non me val,
pois non atendo de vós ren, e al
sei eu de vós: que vos ar fez Deus tal
que nunca mal faredes, e por én,
quer me queirades, senhor, ben, quer mal,
pois m’é de vós non veer mal nen ben.
Pois de vos servir ei mui gran sabor
e non atendo ben do grand’amor
que vos eu ei, ar sõo sabedor
que nunca mal avedes de fazer:
quer me queirades ben, quer mal, sen[h]or,
pois mal nen ben de vós non ei d’aver.
Pois de vos servir é meu coraçon
e non atendo por én galardon
de vós, ar sei, assi Deus me perdon,
que non faredes mal por én, senher:
quer me queirades ben, quer mal, quer non,
pois eu de vós mal nen ben non ouver.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 407, V 18

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 21-22 [= LPGP 102]); Longo (2003: 74); Arbor Aldea (2001: 128); Littera (2016: I, 67-68).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 15); Braga (1878: 4); Michaëlis (2004 [1896-1905]: 508-509); Magne (1931: 80); Machado & Machado (1950: II, 214-215); Rios Milhám (2018b: III, 375).

Variantes manuscritas


1 vos] uus V; servir] sseruit V   2 de vós] deuꝯ B : deus V   3 vos] uos BV   5 senhor] senō V   6 nen ben] nē rrē B : uē(m) rrem V   7 vos] uus BV; ei] cy V   8 do grand’amor] degrā damor B : do drādamor V   9 vos] uos BV; sõo] ssoō B : ssdō V   10 fazer] ffam̄ V   13 vos] uos BV; servir] sseruit V; coraçon] coracō BV   14 atendo] atā do B   16 faredes] faredē B : faredō V; senher] senhe V   17 quer] om. V   18 nen] iē V

Variantes editoriais


Na edición de Arbor Aldea márcase a ausencia de un verso final en cada estrofa.

1 vos] vus Arbor Aldea, Longo   2 vós] vus Longo   4 mal] m’al Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera   6 m’é] me Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera; ben] ren Nunes, Arbor Aldea, Longo   7 vos] vus Arbor Aldea, Longo   8 e] om. Nunes, Littera; grand’] grande Nunes, Littera   9 sõo] soom Longo   10 mal] m’al Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera   16 mal] m’al Nunes, Arbor Aldea, Longo, Littera; senher] senhor Nunes

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 10a 10b 10a 10b (= Tav 13:9)

Notas


Texto
  • 4

    Neste verso, igual que nos vv. 10 e 16, todos os editores segmentaron a secuencia <mal> como m’al, de modo que eventualmente se estabelecería un contraste co mal dos vv. 5, 11 e 17. Porén, aínda que nas dúas primeiras estrofas sería posíbel tal segmentación, na terceira estrofa non é gramatical unha frase *non faredes-m’al, pois a presenza de non obrigaría á próclise do clítico. É por isto que, dada a correspondencia paralelística entre os cuartos versos das tres estrofas, parece preferíbel editar sempre mal, dado que semanticamente non presenta ningún problema (cfr. notas a 7.26 e 975.18).

  • 6

    A única interpretación posíbel para que o final da estrofa teña sentido provén da consideración de pois como adverbio temporal e da segmentación m’é; isto é, ‘e por iso ... despois me é propio de vós non ver (ter) mal nin nada’. Deste xeito, tanto a sintaxe como a semántica é coherente e non é necesario supor ningunha lacuna textual (Arbor Aldea), nin tampouco ligar sintacticamente a cantiga facéndoa ateúda, tal como acontece en Littera. É máis: en toda a cantiga xógase con pois causal (vv. 2, 7 e 11, no inicio das estrofas) e pois temporal, sempre no derradeiro verso de cada estrofa (na última aparición, con futuro de subxuntivo, tal como acontece en bastantes ocasións na lírica trobadoresca).
    Por outra parte, dado o paralelismo existente entre os derradeiros versos de cada estrofa, emendamos ren para fixar a lectura ben (xa presente en Littera), erro que se acha nos apógrafos italianos, xunto con moitos outros lapsos do tipo ten / ben e ren / ten que multiplica as posibilidades de erro na copia ren / ben (véxase, por exemplo, 625.13 ben <rem> V (625.13 e 863.4) ou ben <Ren> (1330.4):
           pois m’é de vós non veer mal nen ben (v. 6)
           pois mal nen ben de vós non ei d’aver (v. 12)
           pois eu de vós mal nen ben non ouver (v. 18)

  • 16

    Neste verso pode verse a proba de como <mal> non debe ser segmentado, poi implicaría unha construción cunha anómala e imposíbel posposición do pronome (*e non faredes-m'al...).
    Obviamente, a conversión de senher en senhor, realizada por Nunes, é desnecesaria e contribúe a unha artificial nivelación lingüística do corpus trobadoresco (véxase Ramos 1988). A forma senher é unha variante provenzalizante de senhor, que tamén se rexistra en 491.4, 578.10, 1324.18, 1388.20, 1473.5; a variante sinher aparece en 1396.12, 1431.29, 1500.13, 1644.23. E tamén se rexistra nas Cantigas de Santa Maria, sempre en posición de rima (CSM 5.75, 25.43, 245.51, 265.75, 296.28).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado