I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 376-377); Barbieri (1980: 50 [= LPGP 916]); Littera (2016: II, 470-471).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 125); Carter (2007 [1941]: 113); Machado & Machado (1950: II, 102-103); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 303).
1 faz] fez B 3 vos] uus A; eu] om. B 4 morrer] moirer B 5 querria] queiria B 6 eu] En B; aver seu] dizer sen B 7 non] no A; eu] om. B 10 me] mj B 11 querria] queiria B 13 eu] om. A; niun] nēhū B 14 pos-seu] pᵉ seu(l) B 16 me] mj B 17 querria] queiria B 19 me] En B; aver] bona dona amar B 20 me] mj B 21 mi outra] mout̃ B 22 bõa] bona B 23 querria] queiria B
1 faz] fez Barbieri, Littera 3 vos] vus Michaëlis, Barbieri 10 me] mi Barbieri, Littera 13 niun] nenhun Barbieri : nẽum Littera 14 pos-seu] por seu Barbieri, Littera 16 me] mi Barbieri, Littera 19 me] mi Barbieri; faz] fez Michaëlis 20 me] mi Barbieri 21 mi outra] m’outra Michaëlis, Barbieri, Littera 22 dona] om. Barbieri, Littera
(I) Tanto ben fai Deus á miña señora sobre todas cantas no mundo quixo facer que vos direi agora o que me acontece: aínda que me vexo morrer por ela, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor (II) e non amar a miña señora, que eu vin tan fermosa e que vale tanto e en quen eu percibín que había tanto ben; aínda que insiste en me facer mal, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor, (III) aínda que non teño ningún ben dela, e morro así e non me ten por seu (servidor); vale tanto sobre cantas (donas) eu coñezo que, pois Deus me deu tan boa señora, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor, (IV) porque me fixo Deus amar tan boa dona que me vale máis vela unha vez que todo o ben que outra me podía dar; e, xa que Deus a fixo tan boa dona, non querería amar a mellor das outras para ter o seu amor.
Esquema métrico: 4 x 10a 10b 10a 10b 10C 10C (= RM 99:27)
Encontros vocálicos: 3 mi‿aven; 13 ela‿eu; 21 mi‿outra
Tanto Michaëlis como Barbieri non ligan sintacticamente as catro estrofas, como corresponde a unha cantiga ateuda, limitándose á unión das dúas primeiras. Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición véxase nota á cantiga 15.
Como acontece con certa frecuencia, percíbese unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal faz, presente histórico, fronte a fez, forma de pretérito no Cancioneiro da Biblioteca Nacional (véxase 130.10, 217.4, 221.r1); con todo, noutras pasaxes acontece exactamente ao contrario. Véxase nota a 193.3.
Nótese a estilística variación de B no segundo verso do refrán, onde seu amor se refire ao amor da senhor: querer ben por dizer seu amor vs. querer ben por aver seu amor (considerando as formas en e sen de B como erros de copia pois non darían sentido ao verso).
A peculiar asimilación [ɾs] > s̺ por fonética sintáctica, en pos-seu (coa lección por seu en B) aparece reiteradamente na cantiga 283 e tamén en 349.3. De calquera xeito, esta asimilación é característica do Cancioneiro da Ajuda, fronte ás leccións por seu de BV. Cfr. unha asimilación igual en pa-ssan Denis nas Cantigas de Santa Maria (CSM 238.62).
A repetida presenza de -n- na forma manuscrita <bona> de B (tamén no v. 22) é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada neste caso pola lección de A), o mesmo que noutras voces que se rexistran esporadicamente, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b. Cfr. nota a 582.3.
Por outra parte, a omisión de dona (presente en AB) nas edicións de Barbieri e Littera resta dúas sílabas métricas no verso.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: