[last revised: 10/05/2020]Print

100 [= Tav 78,22]
Se Deus me leixe ben aver

Se Deus me leixe ben aver
de vós, senhor, e gradoar!
Muito mi pesa de viver
porque viv’a vosso pesar,
pero non poss’i al fazer;
mais prazer-m’-ia de morrer
se mi-o quisesse Deus guisar,
ca non poss’eu coita sofrer
por al, senhor, pois m’alongar
queredes vós de vos veer
e viver vosc’e vos falar;
nen Deus non me pode tolher
coita sen [eu] ante morrer,
pois me non quer vosso ben dar.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 

Manuscripts


B 127

Editions


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 750 [= LPGP 522-523]); Littera (2016: I, 644).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 47); Machado & Machado (1949: I, 181-182); Rios Milhám (2017: I, 100).

Manuscript variants


6 morrer] moirer B   9 alongar] alongʷr B   13 prazer-m’-ia de morrer] prazer mha de moirer B

Editorial variants


10 vos] vus Michaëlis   11 vos] vus Michaëlis   13 [eu] ante] ante [eu] Michaëlis : ante [nom] Littera

Metrics


Esquema métrico: 2 x 8a 8b 8a 8b 8a 8a 8b (= Tav 60:2)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿o

Notes


Text
  • *

    Sobre o carácter de verdadeira cantiga ateúda desta composición (non considerado nas edicións de Michaëlis e de Littera), con estrofas ligadas causalmente coa conxunción ca, véxase nota á cantiga 15.

  • 1

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se.

  • 2

    O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas: 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só existe unha atestación nas Cantigas de Santa Maria:
              Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
              un ome casado ben con sa moller que amava,
              almoxerife del Rey era el, e confiava
              muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura

              Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
              e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).

  • 6

    A grafía <prazer mha> de B indica, en principio, unha interpretación prazer-mi-á, en futuro; con todo, tal lectura levanta un problema de hipometría versal para alén de romper a consecutio temporum, que solicita a estrutura pospretérito (prazer-m’-ia, v. 6) - pretérito de subxuntivo (quisesse, v. 7). É por isto que, en liña con Michaëlis, optamos por considerar a existencia dun erro de copia en B (<mha>/<mia>).

  • 13

    O feito de que na única aparición de ante eu no corpus haxa sinalefa (71.25) aconsella anticipar o pronome (reconstruído) ao adverbio, como, por outra parte, é costume na lingua trobadoresca (166.22, 227.7, 1099.6 etc.). A opción de Littera, por outra banda, introduce unha negación que tamén condí co contexto; de calquera modo, do punto de vista paleográfico é máis factíbel a omisión de <eu> nunha secuencia <sen eu>.

Search
    No results