(I) Está irado o meu amigo, e non sei –Deus o sabe– por que se asañou comigo, pois fixen todo canto el me mandou facer e nunca lle faltei en nada, e por isto non me importa nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
(II) Tan irado non me está, se eu quero, que sen min poida vivir moito tempo noutro lugar, e con soberbia lle quero dicir que o faga, se o puider facer, e por isto non me importa nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
(III) E, des que eu desobedeza o seu mandado, o meu amigo non poderá evitar que teña que me rogar despois moito polo que agora non me quere agradecer, e por isto non me importa nada a saña, que sei de onde me virá o ben.
(IV) Cando me vexa estar en Santa Marta moi fermosa, o meu amigo logo quererá falar comigo, mais eu non quererei; daquela penso vingarme ben del, e por isto non me importa nada a saña, que sei de onde me virá o ben.