659 [= Tav 106,18]
Que coita tamanha ei a sofrer

Que coita tamanha ei a sofrer
por amar amig’e non o veer!
E pousarei so-lo avelanal.
Que coita tamanha ei endurar
por amar amig’e non lhi falar!
E pousa[rei so-lo avelanal].
Por amar amig’e non lhi falar
nen lh’ousar a coita que ei mostrar:
e pousarei so-lo [avelanal].
Por amar amig’e o non veer
nen lh’ousar a coita que ei dizer:
e pousarei [so-lo avelanal].
Non lh’ousar a coita que ei dizer
e non mi dan seus amores lezer:
e pousarei so-lo [avelanal].
Non lhe ousar a coita que ei mostrar
e non mi dan seus amores vagar:
e pousa[rei so-lo avelanal].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manoscritti


B 644, V 245

Edizioni


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 73-74 [= LPGP 691-692]); Sodré (1998: 83); Cohen (2003: 129); Pousada Cruz (2013: 263); Littera (2016: II, 186-187).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 94); Braga (1878: 48-49); Machado & Machado (1952: III, 305); Camargo et alii (1995: 41-42).
III. Antoloxías: Varnhagen (1872: 41-42); Nunes (1959: 367-368); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 49); Álvarez Blázquez (1975: 64-65); Beltrán (1987: 45); Ferreira (1988: 78); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 175).

Varianti manoscritte


3 avelanal] auelan̄ al V   6 pousarei] ponsa. V   11 nen] Nō B : nō V   16 mostrar] monstrar B

Varianti editoriali


Nunes, Sodré, Pousada Cruz e Littera regularizaron o leixa-pren invertendo as estrofas III-IV.

3 so-lo] sô lo Littera; avelanal] avelãal Nunes   6 so-lo] sô lo Littera; avelanal] avelãal Nunes   8 nen] non Sodré   9 so-lo] sô lo Littera; avelanal] avelãal Nunes   10 o non] non o Nunes   11 nen] non Sodré   12 so-lo] sô lo Littera; avelanal] avelãal Nunes   13 Non lh’ousar] Nen lh’ousar Nunes, Pousada Cruz : Nem lhe ousar Littera   15 so-lo] sô lo Littera; avelanal] avelãal Nunes   16 Non lhe ousar] Nen lh’ousar Nunes : Non lh’ousar Sodré : Nen lhe ousar Pousada Cruz; mostrar] monstrar Sodré   18 so-lo] sô lo Littera; avelanal] avelãal Nunes

Parafrasi


(I) Que coita tan grande teño que sufrir por amar amigo e non o poder ver! E folgarei baixo o abeledo.

(II) Que coita tan grande hei de soportar por amar amigo e non lle poder falar! E folgarei baixo o abeledo.

(III) Por amar amigo e non lle poder falar nin ousar mostrarlle a coita que teño: e folgarei baixo o abeledo.

(IV) Por amar amigo e non o ver nin ousar dicirlle a coita que teño: e folgarei baixo o abeledo.

(V) Non lle ousar dicir a coita que sufro e o desexo por el non me dá lecer: e folgarei baixo o abeledo.

(VI) Non lle ousar mostrar a coita que sufro e o desexo por non me dá vagar: e folgarei baixo o abeledo.

Metrica


Esquema métrico: 6 x 10a 10a 10B (= Tav 26:68)

Encontros vocálicos: 16 lhe‿ousar

Note


Testo
  • *

    Esta cantiga, tal e como foi transmitida polos manuscritos, non presenta a orde canónica do leixa-pren, como acontece tamén coas cantigas 1297 e 1300 de Martin Codax (véxase tamén a cantiga 1253). Perante a dúbida levantada dunha eventual ruptura intencional do canon por parte do autor, respectamos o texto tal e como chegou a nós.

  • 1-3

    Esta estrofa aparece integrada na cantiga 864 de Airas Nunez, como “refrán” da terceira estrofa:
              «Que coita ei tan grande de sofrer,
              amar amig’e non’ousar veer!
              E pousarei so-lo avelanal!» (864.22-24). 

  • 3

    O encontro sŭb-ĭllum su desembocou en so-lo (tal como ŭbī-ĭllum derivou en u-lo, forma sobrevivente en galego), amálgama que só se rexistra en cantigas de amigo (864, 922, 1161), talvez como máis outra marca de teor arcaizante. Nos restantes xéneros foi regularizado este encontro, que presenta a forma so~su o(s)/a(s) (véxase Glosario, s.v. so). Neste sentido, a presentación formal de Littera (sô lo) non é axeitada, por canto suxire un simple conservación da consoante lateral do artigo.

    Por outra parte, avelanal  (voz derivada do lat. abellānam), como outras voces que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo, mostra a conservación de -n- intervocálico, sen dúbida como decoración arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).

  • 8-16

    A variación nen (vv. 8, 11) / non (vv. 13, 16), nivelada en prol de nen (Nunes, Pousada Cruz) ou de non (Sodré) nalgunhas edicións, mostra como o leixa-pren non é un sistema absolutamente ríxido que non admita leves mudanzas expresivas. Cfr. tamén a leva variación lhe ousar (v. 16) a respecto de lh’ousar (vv. 8, 11, 13).

  • 16

    Aparentemente, no corpus trobadoresco profano convive a forma xeral (a)mostrar coa variante (a)monstrar, con grupo consonántico latinizante (véxase nota a 63.2), o cal resulta anómalo na altura cronolóxica do trobadorismo. Con efecto, a análise das leccións manuscritas evidencia que a aparición da consoante nasal implosiva é produto exclusivo da intervención dalgúns copistas de B, pois, cando o verbo conta con dous testemuños, nun deles sempre se rexistra a forma (a)mostrar –na única documentación de demostrar, B presenta tamén a grafía latinizante (1674.15)–. Véxanse, así, B vs. A (188.12, 309.15) e B vs. V (576.7, 624.2, 1072.4, 1096.26, 1160.26, 1463.18, 1476.23, 1488.3, 1643.13 e 1663.6). A teor destes datos, emendamos a lección de B neste verso e mais en 291.11 e 1557.16.

Cerca
    Nessun risultato trovato