169 [= Tav 106,14]
Pois naci, nunca vi Amor

Pois naci, nunca vi Amor
e ouço del sempre falar,
pero sei que me quer matar;
mais rogarei a mia sennor
que me mostr’aquel matador
ou que m’ampare del mellor.
Pero nunca ll’eu fige ren
por que m’el aja de matar;
mais quer’eu mia sennor rogar,
polo gran med’en que me ten,
que me mostr’aquel matador
[ou que m’ampare del mellor].
Nunca me ll’eu ampararei
se m’ela del non amparar;
mais quer’eu mia sennor rogar,
polo gran medo que del ei,
que mi amostr’aquel matador
[ou que m’ampare del mellor].
E, pois Amor á sobre min
de me matar tan gran poder,
e eu non o posso veer,
rogarei mia sennor assi
que mi amostr’aquel matador
[ou que m’ampare del mellor].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


A 80, B 183a

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 168-169 [= LPGP 689-690]); Pousada Cruz (2013: 204-205); Littera (2016: II, 183).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 78); Carter (2007 [1941]: 47-48); Machado & Machado (1949: I, 295-296); Camargo et alii (1995: 76); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 169).
III. Antoloxías: Nemésio (1961 [1949]: 151-152); Vasconcellos (1959: 21-22); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 152).

Variantes manuscritas


2 ouço del sempre] oy sempre del B   6 ampare] empare B   7 Pero] Po B; fige] fiz B   10 polo gran med’en] ꝑola grā coit en B   11 me] mj B   13 ampararei] enpararey B   14 amparar] mēparar B   16 polo] ꝑo B; del ei] dela ey B   23 mi amostr’aquel] mj mostra q̄l B

Variantes editoriales


18 m’ampare] mi ampare Michaëlis, Littera   19 min] mi Michaëlis, Littera

Paráfrasis


(I) Desde que nacín nunca vin a Amor e ouzo sempre falar del, aínda que sei que me quere matar; mais rogarei á miña señora que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.

(II) Porén, eu nunca lle fixen nada polo que el me teña de matar; mais quero eu rogar á miña señora, polo gran medo en que (Amor) me ten, que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.

(III) Nunca me eu del ampararei se me ela non ampara; mais quero eu rogar á miña señora, polo gran medo que del teño, que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.

(IV) E xa que Amor ten sobre min tan gran poder de me matar, e eu non o podo ver, rogareille á miña señora así: que me mostre aquel matador ou que me ampare del mellor.
 

Métrica


Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8A 8A (I) + 8a 8b 8b 8a 8C 8C (II-IV) (= Tav 160:365)

Notas


Texto
  • 2

    Nótese a mesma variación temporal ouço / oi entre A e B, que aparece con relativa frecuencia en faz / fez. Véxase nota a 130.10.

  • 5

    A transmisión unánime de AB confirma a orixinal variación lingüística no refrán da cantiga, coa aparición das variantes mostrar (estrofas I e II) e amostrar (estrofas III e IV), así como me ~ mi (véxase nota a 102.26). Cfr. nota a 27.4-6.

    Matador é forma única no corpus trobadoresco, e pouco usada no período medieval (véxase CGPA s.v. matador).

  • 6

    A forma ampare resulta anómala pola vogal final -e que tiña desaparecido no tránsito do latín ao galego-portugués e que agora (e mais en 423.23) reaparece por un proceso analóxico que afectou a diversas formas verbais (val > vale etc.) e que se foi consolidando progresivamente na lingua. Cfr. nota a 983.24-25.

  • 7

    A P1 de pretérito de fazer, igual que acontece nos verbos poer e querer, pode aparecer cunha forma palatalizada fige (ou figi en BV) pola acción de final sobre a base latina fēcī. Deste modo, fronte á forma xeral fiz aparece unha forma bisilábica, que tamén pode encontrarse baixo a forma fize (véxase nota a 95.13), que neste caso garante a medida octosilábica do verso, face ao erro métrico de B coa variante fiz.

  • 10

    A lección de B (pola gran coit’en que me ten [a senhor]) é unha evidente trivialización da lección transmitida no Cancioneiro da Ajuda. A causa será a rarísima presenza nesta cantiga da figura de Amor como matador e causante do medo contra o que o namorado lle pide á dama que o ampare. Cfr. nota ao v. 16.

  • 16

    Tal como no v. 10, tamén aquí hai unha variante notábel entre as dúas versións manuscritas. O que a primeira vista parece unha interesante variación estilística entre A (polo gran medo que del [do Amor] ei) e B (pero gran medo que dela [da senhor] ei) non deixa de ser unha trivialización da lectura de A. Na versión de B, tanto neste verso como no v. 10, o medo e a coita son atribuídos á senhor e non á figura do matador, que é o elemento máis orixinal desta cantiga. De novo o erro inicial de B (<ꝑo> = pero, no canto de polo) apunta a unha transmisión deficiente. Cfr. nota ao v. 10.

Buscar
    Sin resultados