469 [= Tav 18,35]
Pero que ei ora mengua de companha

Pero que ei ora mengua de companha,
nen Pero Garcia nen Pero d’Espanha
nen Pero Galego non irá comego.
E ben vo-lo juro, par Santa Maria,
que Pero d’Espanha nen Pero Garcia
nen Pero Galego non iran con mego.
Nunca cinga espada con bõa bainha
se Pero d’Espanha nen Pero Galinha
nen Pero Galego for ora con mego.
Galego, Galego, outren irá comego.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10

Manuscritos


B 472

Edições


I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 3 [= LPGP 158]); Paredesa (2001: 172); Lopes (2002: 60); Paredesb (2010a: 152); Littera (2016: I, 88).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 156-157); Machado & Machado (1950: II, 329); Paredes (2010b: 118-119); Paredes (2010c: 82-83); Rios Milhám (2018b: III, 469).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 247); Filgueira Valverde (1980: 72); Carballo Calero & García Rodríguez (1983: 29); Tavares & Miranda (1987: 31-32); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996c: 52).

Variantes manuscritas


3 Galego] galengo B   5 Garcia] g̃çia B   10 outren] out’em B

Variantes editoriais


En Littera esta composición presenta un refrán constituído por un dístico pentasilábico, coa división do terceiro verso de cada estrofa e coa rima -ego.

3 comego] cõmego Lopes, Littera   6 iran] irá Littera; con mego] cõmego Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb, Littera   9 con mego] cõmego Lapa, Paredesa, Lopes, Paredesb   10 comego] cõmego Lopes, Littera

Paráfrase


(I) Aínda que agora teño escasa compañía, nin Pero García nin Pero d’Espanha nin Pero Galego non irán comigo.

(II) E ben volo xuro, por Santa María, que Pero d’Espanha nin Pero García nin Pero Galego non irán comigo.

(III) Nunca cinxa espada con boa vaíña se Pero d’España nin Pero Galinha, nin Pero Galego for agora comigo.

(1) Galego, Galego, outro irá comigo.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 11’a 11’a 11’b + 11'b (= Tav 26:52)

Encontros vocálicos: 7 cinga‿espada; 10 Galego,‿outren

Notas


Texto
  • *

    A proposta de considerar o v. 3 como un refrán de dous versos (coa rima -ego), tal como aparece reflectido en Montero Santalla (2000: 385) e editado en Littera, non condí co feito de real variación lingüístico-expresiva nas tres estrofas, especialmente na derradeira, aproximando este caso ao daqueloutras cantigas en que o derradeiro verso de cada estrofa é moi similar mais non chega a constituír refrán na súa concepción clásica.

    Este escarnio é o primeiro dunha serie afonsina de textos dirixidos contra os cabaleiros covardes na guerra de Granada (Andalucía) arredor de 1272. Nesta cantiga, o antropónimo Pero vai variando cos diferentes determinantes (Garcia, moi xeral, d’España e Galego, indicativos territoriais, Galinha ‘covarde’), que conflúen en Pero Garcia Galego, casado con Tereja Nunez, pai de Joham Perez Redondo, Moor Perez Redonda e Bringueira Perez, que «foi monja d’Arouca», segundo informa o Livro de Linhagens do Conde D. Pedro (Mattoso 1980: I, 388-389). Véxase tamén Pero Garcia Galego en Brocardo (2005: 133).

  • 1

    Na lingua medieval rexístrase certa vacilación de resultados en vogais tónicas de grao medio trabadas por nasal. Tal é o caso de mingua, que concorre cunha variante minoritaria mengua (11.17, 360.1, 476.14, 878.5, 1316.16, 1620.31), igual que menguar ~ mengar aparecen a carón de minguar. Cfr. nota a 205.13.

  • 3

    A forma mego deste verso (cfr. con mego nos vv. 6 e 9; cfr. nota a 11.24) representa o estadio máis arcaico da voz derivada do lat. mēcum, que non reaparece no corpus máis que na forma reforzada comego (13.4, 371.21, 469.3 e 10) ou con mego (469.6 e 9). Ambas as solucións son absolutamente minoritarias fronte a migo e comigo (e mais con migo). Fóra do corpus lírico profano, é anecdótica a presenza destes resultados na restante produción medieval, pois está ausente no TMILG, e no CGPA só se rexistran en textos orixinarios de Portugal cinco ocorrencias de comego, dúas de contego e, finalmente, cadanseu rexistro de sego, con sego e com sego, os dous últimos a finais do século XIV. Con todo, aínda no século XV debían sobrevivir estas formas, pois consego aparece esporadicamente tamén no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 284, 295, 299, 309, 311, 353 etc.).

  • 6

    Littera nivela a forma verbal (iran > irá) por considerar que estamos perante o refrán da cantiga.

Procurar
    Não foram encontrados resultados