16 [= Tav 111,6]
Par Deus, fremosa mia senhor

Par Deus, fremosa mia senhor,
macar me fazedes pesar,
ei-vos ja sempr’a desejar
enos dias que vivo for,
ca m’ar poderedes fazer,
quando ar quiserdes, pr[azer].
 
 
 
 
5
 

Manuscritos


B 42

A situación deste texto no Cancioneiro da Biblioteca Nacional, copiado a seguir da cantiga 17 (B 43), foi modificada por Colocci a través da numeración que lle atribuíu.

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 656 [= LPGP 706]); Miranda (2004: 164); Cohen (2010: 24); Marcenaro (2012a: 92); Littera (2016: II, 207).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 13); Cotarelo Valledor (1933: 25); Machado & Machado (1949: I, 58); Rios Milhám (2017: I, 16).

Variantes manuscritas


4 enos] euꝯ B; que] en que B   6 quiserdes, pr[azer]] quiserdes pi B

Variantes editoriales


3 vos] vus Michaëlis   4 enos dias que] nos dias en que Michaëlis : enos dias en que Marcenaro : nos dias em que Littera

Paráfrasis


(I) Por Deus, fermosa miña senhor, aínda que me provocades grandes males, sempre vos desexarei mentres estiver vivo, pois poderedes concederme, cando vós queirades, pracer.

Métrica


Cantiga de amor (fragmento). A estrofa, a única que conservamos, consta de seis octosílabos agudos.
Esquema métrico: 8a 8b 8b 8a 8c 8c

Notas


Texto
  • 2

    A conxunción concesiva macar, de orixe grega, é case exclusiva do rexistro poético, tal como se deduce do seu uso na poesía trobadoresca profana e da súa alta frecuencia nas Cantigas de Santa Maria. A súa aparición noutro tipo de textos é moi escasa (véxase CGPA, s.v. macar). Cfr. nota a 57.6.

  • 4

    Perante a hipermetría do verso parece pertinente omitir a preposición en á vista dos contextos similares que se rexistran no corpus: nos dias que viver (24.3, 1656.8), enos dias que eu viver (67.24), enos dias que viver (68.19), [e]nos dias que vivo for (973.16).

Buscar
    Sin resultados