448 [= Tav 154,7]
Muito ben mi podia Amor fazer

Muito ben mi podia Amor fazer
se el quisess’e non perder i ren;
mais non quer el, e perç’eu ja o sén
e direi-vo-lo que mi vai fazer:
ven log’e faz-m’en mia senhor cuidar,
e pois cuid’i muit’: ar quer-me matar,
e mia senhor non me quer i valer.
[E] faz-mi mal e non ous’a dizer
de muito mal que mi faz senon ben,
e, se al digo, faz-m’esto por én,
ou, se cuido sol de lh’end’al dizer,
ven log’e [faz-m’en mia senhor cuidar,
e pois cuid’i muit’: ar quer-me matar,
e mia senhor non me quer i valer].
E tod’aquesto non poss’eu sofrer
que ja non moira, ca non sei eu quen
non morresse con quanto mal mi ven
d’Amor, que mi faz muito mal sofrer:
ven log’e faz-m’en mia senhor cuidar,
[e pois cuid’i muit’: ar quer-me matar,
e mia senhor non me quer i valer].
Mais Amor, que m’or’assi quer matar,
dé-lhi Deus quen lhi faça desejar
algun ben en que non aja poder.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 

Manuscritos


B 453, V 60

Ediciones


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 50-51); Majorano (1979: 109-110 [= LPGP 967-968]); Littera (2016: II, 514).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 28-29); Braga (1878: 12); Molteni (1880: 147); Machado & Machado (1950: II, 291-292); Rios Milhám (2018b: III, 448).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 236).

Variantes manuscritas


2 ren] ten   3 sén] seu   6 quer-me] q̄ rome B : que rome V   8 Faz] Far V; ous’a] onsa V   10 faz] far V   11 dizer] diz V   12 ven] Veu B   15 E tod’aquesto] Ero daq̄sto V   17 morresse] moiresse B : mouesse V   18 muito] tā muyto BV

Variantes editoriales


2 quisess'e] quisesse NunesMajorano   8 [E] faz-mi mal] Faz-mi mal Nunes, Majorano : Faz-mi [mui] mal Littera; ous’a] ous[o] a Majorano   10 faz-m’esto] faz-‘esto Majorano : faz esto Littera    18 muito mal] tan muyto mal Majorano : tam muito mal Littera   23 dé] dê Nunes, Majorano, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C 10A + 10c 10c 10a (= Tav 161:102)

Encontros vocálicos: 1 podi·a‿Amor

Notas


Texto
  • 2

    A segmentación da conxunción copulativa que Littera realizou é axeitada, pois, en principio, o suxeito de perder é eu (véxase v. 3), aínda que tamén podería ser Amor o suxeito de fazer ben e mais de perder. Polo contrario, a opción en prol de quisesse (Nunes, Majorano) impón Amor como suxeito único de todo o período.

  • 8

    Perante a hipometría versal, os editores precedentes optaron por diversas emendas; porén, a menos interventiva pasa por recuperar a copulativa inicial (casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.).

    Na lingua trobadoresca o verbo ousar aparece en complexos verbais (ousar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 167.11, 293.5, 373.6, 553.1 e 11, 602.3, 882.28, 1025.15, 1468.6). Cfr. nota a 3.17.

  • 18

    A hipermetría do verso pode ser resolvida coa expunción de tan, elemento que ás veces ten unha presenza inxustificada no texto (cfr., por exemplo, 118.6, onde se debe omitir tan muito de B).

  • 22-23

    Nótese a concordancia ad sensum: ‘Mais (a) Amor ... dé-lhi Deus...’.

Buscar
    Sin resultados