357 [= Tav 44,3]
Moir’eu por vós, mia senhor, e ben sei

Moir’eu por vós, mia senhor, e ben sei
que vos praz; mais non vos dev’a prazer,
ca perç’eu i e vej’a vós perder
máis que eu perç’, e contar-vo-lo-ei:
perç’eu o corp’, e vós perdedes i
vossa mesura e quant’eu valh’en mí.
Con mui gran coita non tenh’en ren ja,
senhor, mia mort’e vejo-me morrer
por vós que vi (que non ouver’a veer
eu, nen vós min!); e vedes quant’i á:
perç’eu o [corp’, e vós perdedes i
vossa mesura e quant’eu valh’en mí].
Muito vivi, senhor, per bõa fe,
sofrendo mal que non posso sofrer,
e máis vivi ca cuid’a viver;
e, ja que moiro por vós, assi é:
perç’eu o [corp’, e vós perdedes i
vossa mesura e quant’eu valh’en mí].
E vosso fui, senhor, des que vos vi,
e fora máis se non morress’assi!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manuscritos


B 388

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 865-866 [= LPGP 303]); Littera (2016: I, 334).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142); Machado & Machado (1950: II, 175); Rios Milhám (2018b: III, 357).

Variantes manuscritas


2 prazer] prazei B   8 morrer] moirer B   9 veer] ucer B   11 perç’eu o] Perceuo B   13 vivi] uinj B   15 vivi] umi B   17 perç’eu o] Pereceno B   20 morress’assi] moiressassy B

Variantes editoriais


2 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis; dev’a prazer] dev’aprazer Littera   6 mesura] mesur(a) Michaëlis   12 mesura] mesur(a) Michaëlis   14 sofrendo] sofrend’o Littera   15 cuid’a] cuida[v’a] Michaëlis, Littera   18 mesura] mesur(a) Michaëlis   19 vos] vus Michaëlis

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= Tav 160:57)

Encontros vocálicos: 6 mesura‿e; 12 mesura‿e; má·is; 18 mesura‿e

Notas


Texto
  • 2

    Todo indica (cf. <deua prazer>) que é errada a ausencia de deglutinación da preposición a na perífrase dever + a + infinitivo (dev’aprazer) por parte de Littera (véxase nota a 34.11).

  • 6

    Valh’en mí quere dicir ‘vallo por min mesmo’.

  • 9

    A interpretación das secuencias do tipo <auia>, <deuia>, <ouuera> + inf. como avi’a / devi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), e  <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 10

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 14

    Se se quixer introducir máis determinación no mal que sofre o trobador sería necesario segmentar sofrendo (sofrend’o mal), tal como se fixo en Littera.

  • 15

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). Así, máis unha vez, é innecesaria a suplementación silábica e a mudanza temporal que Michaëlis introduciu en cuido, transformado nunha forma de copretérito (cuidava).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado