(I) Eu morro por vós, miña señora, e sei ben que vos prace; mais non vos debería pracer porque eu perdo niso e vexo que vós perdedes máis do que eu perdo, e explicaréivolo: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.
(II) Coa gran coita xa non me importa a miña morte, señora, e véxome morrer por vós, a quen vin –que eu non vos debera ver, nin vós a min!–; e vede o que por iso acontece: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.
(III) Moito vivín, señora, abofé, sufrindo un mal que non podo soportar, e vivín máis do que penso vivir; e, pois morro por vós, así é: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.
(1) E fun voso, señora, desde que vos vin, e máis sería se non morrese así!