I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 76-77 [= LPGP 196-197]); Nunes (1973 [1928]: 20-21); Cohen (2003: 602); Littera (2016: I, 221-222); Fassanelli (2021: 64-66).
II. Outras edicións: Moura (1847: 142-144); Monaci (1875: 69-70); Braga (1878: 35); Machado & Machado (1952: III, 194-195); Cohen (1987: 55); Júdice (1997: 62-63); Montero Santalha (2004); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 175-176).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 179-180); Tavares (1943 [1923]: 46); Norton (1935: 37-38); Cidade (1941: 26-27); Seoane (1941: 143-144); Pimpão (1942: 65); Nemésio (1961 [1949]: 193-194); Varela Jácome (1953: 56-57); Alonso & Blecua (1969 [1956]: 128); Nunes (1959: 381-382); Oliveira & Machado (1959: 118-120); Tavares (1961: 41-42); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 83); Álvarez Blázquez (1975: 234-235); Landeira Yrago (1975: 278-279); Torres (1977: 245-246); Correia (1978: 258-260); Reckert & Macedo (1980: 204-205); Fiúza (1981: 89-91); Gonçalves & Ramos (1983: 294-295); Beltrán (1987: 41-42); Dobarro Paz et alii (1987: 17); Ferreira (1988: 86-87); Alvar & Beltrán (1989: 377-378); Matalobos (1989: 36); Pena (1990: 165-166); Jensen (1992 80); Alonso Girgado (1992: 9); Pena (1993: 98-99); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 35-36); Diogo (1998: 190-191); Vallín (1999: 25-26); Morán (1999: 31-32); [Morán] (2001: 29-30); Arias Freixedo (2003: 386-387); Magalhães (2007: 110); Fidalgo (2009a: 128); Mongelli (2009: 160-161); Souto Cabo (2017: 75); Corral Díaz & Vieira (2023: 182-183); Gutiérrez (2023: 127).
8 delgadas] delgadis V 10 las] la B 11 vai] Voy V 21 desvia] deuya B
A disposición tipográfica da cantiga en Lang non indica a existencia de refrán.
2 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen 5 alva] [a] alva Cohen 6 louçana] louçãa Nunes 7 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen 10 alva] [a] alva Cohen 12 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen 15 alva] [a] alva Cohen 17 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen 20 [alva]] [a alva] Cohen 22 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen 23 meteu-s’alva] meteu-s’[a] alva Cohen, Littera 25 [alva]] [a alva] Cohen 27 levantou-s’alva] levantou-s’[aa] alva Cohen 28 meteu-s’alva] meteu-s’[a] alva Cohen, Littera 30 [alva]] [a alva] Cohen
(I) Levantouse a bela, levantouse alba, e vai lavar camisas no río: vainas lavar alba.
(II) Levantouse a louzá, levantouse alba, e vai lavar camisas no río: vainas lavar alba.
(III) E vai lavar camisas, levantouse alba; sacódellas o vento no río: vainas lavar alba.
(IV) E vai lavar delgadas, levantouse alba; sacudíallas o vento no río: vainas lavar alba.
(V) O vento desvíallas, levantouse alba; irouse no río: vainas lavar alba.
(VI) O vento leváballas, levantouse alba; asañouse no río: vainas lavar alba.
Esquema métrico: 6 x 6’a 4’B 6’a 3’C 5’B (= RM 119:1)
Ao longo de toda a cantiga, Rip Cohen reconstrúe sistematicamente [a] alva e [aa] alva, nun intento de dar coherencia lingüístico-expresiva a un enunciado poético que seguramente xoga coas tres posibilidades: ‘levantou-se alva + levantouse a alva + levantou-se à alva’. De calquera xeito, véxase a aparición de alva sen artigo a nunha obra ben posterior (Crónica do Conde D. Pedro de Meneses):
E quis Deus que, elles partidos, amtes que allva saysse, çessarão as chuvas (Zurara 1997: 331).
A reiterada intertextualidade desta composición coa cantiga 1204 de Pero Meogo é rectificada por Elsa Gonçalves, que propón un outro percurso: «da alba S ‘anc fui belha ni prezada de Cadenet à alva -virgen Madre Groriosa de Afonso X e desta à velida que se levantou alva, à alva» (cfr. Gonçalves 2016 [1992]: 231).
Sobre as sistemáticas rimas asoantes ao longo de toda a composición, véxase nota á cantiga 583.
Nesta cantiga aparecen dous trazos que caracterizan algunhas cantigas de amigo que acumulan indicios que confirman a procura propositada dunha retórica arcaizante propia deste xénero (véxase Ferreiro 2008b, 2013a).
Así, por unha banda, asistimos á conservación de /l/ nunha forma pronominal, igual que acontece noutras moitas cantigas de amigo (646, 647, 660, 1205, 1236) e do mesmo xeito que acontece coas formas do artigo (véxase nota a 587.3).
Ademais, a forma louçana, como outras que aparecen con frecuencia nas cantigas de amigo (Granada, irmana, louçana, sano, venia etc.), mostra a conservación de -n- intervocálico, (véxase Ferreiro 2008b), aínda que tal arcaísmo fonético pode moi esporadicamente aparecer tamén noutro tipo de composicións (véxase 429.r8 e 473.4).
As delgadas (tamén no v. 16) son as camisas, voz con que forma par paralelístico.
É relativamente frecuente a omisión da copulativa inicial de estrofa (e de fiinda ou de verso) nos manuscritos, que nos permite neste caso restaurar a isometría versal. Casos semellantes documéntanse en 106.8, 151.7, 157.7, 163.11, 261.13, 293.8, 294.7 e 13, 332.7, 408.7, 447.7, 448.8, 490.19, 586.11 etc.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: