646 [= Tav 47,10]
Estava meu amig’atenden[d]’, e chegou

Estava meu amig’atenden[d]’, e chegou
mia madr’e fez-m’end’ir tal que mal me pesou:
ala me tornarei
e i lo atenderei.
Nunca madr[e] a filha bon conselho deu,
nen a mí fez a minha, mais que farei eu?
Ala me tornarei
[e i lo atenderei].
Pesar-lh’-ia a mia madre quen quer que lh’assi
fezesse, mais direi-vos que farei eu i:
ala me tornarei
[e i lo atenderei].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 

Manuscritos


B 631, V 232

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 62-63 [= LPGP 317]); Cohen (2003: 116); Littera (2016: I, 365).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 90); Braga (1878: 46); Machado & Machado (1952: III, 288).
III. Antoloxías: Torres (1977: 131); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 63); Magalhães (2007: 89).

Variantes manuscritas


3 ala] aia V   5 minha] mmha B   6 mí] mī V   9 quen] ꝙʷ B

Variantes editoriais


En Nunes o refrán é un único verso dodecasilábico (coa sinalefa lo‿atenderei).
6 mí] min Nunes, Cohen : mim Littera

Paráfrase


(I) Estaba esperando o meu amigo e chegou miña nai e fíxome ir de alí, o que moito me pesou: alá hei de voltar e alí o esperarei.

(II) Nunca unha nai deu un bo consello a unha filla, nin a min o fixo a miña, mais que hei de facer? Alá hei de voltar e alí o esperarei.

(III) Pesaríalle a miña nai calquera que lle así fixese, mais direivos o que farei eu (sobre iso): alá hei de voltar e alí o esperarei.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 12a 12a 6B 6B (= Tav 37:27)
Encontros vocálicos: 4 lo‿atenderei; 8 lo‿atenderei; 9 -ia‿a; 12 lo‿atenderei

Notas


Texto
  • *

    A nota colocciana indica a disposición métrica debida coa indicación 13. syll, que parece incluír tamén o refrán, disposto nun verso en BV.

  • 4

    A forma pronominal lo, do mesmo xeito que acontece coas formas do artigo (véxase nota a 587.3), manifesta a conservación de /l/ en posición posvocálica, fonema desaparecido nestas formas xa había tempo. A súa presenza debe ser atribuída a unha vontade retórica arcaizante (véxase Ferreiro 2008b, 2013a), igual que acontece noutras cantigas de amigo (586, 647, 660, 1205, 1236).

  • 6

    Os editores precedentes atribúen preferencia á forma min de V, fronte á máis antiga de B. En calquera caso, a diverxencia entre códices na transmisión desta forma é un fenómeno moi frecuente ao longo dos cancioneiros.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado