I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 596-597 [= LPGP 973]); Littera (2016: II, 549).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 208); Braga (1878: 111-112); Carter (2007 [1941]: 174-175); Machado & Machado (1953: IV, 381); Arbor Aldea (2016b).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 237).
1 Non] on A; coraçon] coracon B 3 me ven] om. B; me] mi V 3 por ũa dona] < > B : om. V 4 ja] la V; me] mj B : mi V 5 gran coita quiso] muy g̃m coyta qi\s/ B : muy gran coyta qis V 7 com’a min fez] Como a mj̄ faz B : Como amin faz V; ca] que B : q̅ V; des que eu] desquando B : desquādo V 8 om’en tal coita viver] home tal coita sofrer BV 9 com’eu vivo per] Como sofro pe B : comeu sofro pe V 10 mí] mj̄ B : min V 13 com’a min fez] Comel faz mj̄ B : Comel faz min V 14 grandes] muytas B : muyta V 15 toda-las] codalas B 16 sõo] soon B; sabedor] fabedor B 19-20 om. BV
(I) Non perdo eu a coita do meu corazón matinando sempre en canto mal me vén por causa dunha dama que amo moito; e sei unha cousa, e que Deus me perdoe: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (II) como me fixo a min, pois, desde que eu nacín, nunca vin a ninguén vivir en tal coita como eu vivo por amar unha muller; e sei xa, por propia experiencia, que pasa isto: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (III) como me fixo a min, moi coitado de amor e doutras moitas grandes coitas que eu teño; e, xa que eu coñezo todas as coitas, dunha cousa estou ben certo: que nunca Deus quixo dar unha gran coita senón a quen El lle fixo amar unha muller (1) como me fixo a min, e nunca me quixo dar recompensa desa dama que me fixo amar.
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= RM 160:240) + 10c 10c
Esta composición é unha cantiga ateúda atá a fiinda, con ligazón sintáctico-discursiva entre todas as súas estrofas, incluída na relación de cantigas ateúdas confeccionada por Gonçalves (2016 [1993]: 269-270).
Por outro lado, esta cantiga presenta algunhas variantes notábeis, aínda que non afectan ao contido, entre o cancioneiro da Ajuda e os apógrafos italianos.
A versión transmitida polos cancioneiros italianos modula lingüisticamente o texto, mais mantén o equilibrio métrico, pois fronte á opción por quis (vs. quiso), introduce o adverbio mui: que nunca Deus gran coita quiso dar A vs. que nunca Deus mui gran coita quis dar BV.
Á inversa da variación que se produce noutras pasaxes (véxase nota a 130.10), neste verso aparece tamén unha diferente opción temporal entre o Cancioneiro da Ajuda, que ofrece a forma verbal de pretérito fez, fronte ao presente (histórico) faz (talvez un erro de copia), no Cancioneiro da Biblioteca Nacional e no da Vaticana (véxase tamén 200.17, 307.8, 419.19, 982.10, 982.24, 995.7 e 13).
Por outra banda, e a teor dos datos subministrados polos cancioneiros, as conxuncións que e ca son intercambiábeis tanto en función causal como completiva ou integrante. En liñas xerais, existe certa preferencia por ca en A (fronte a BV), tal como acontece neste verso: 66.6, 84.15, 92.27, 94.20, 142.28, 166.23, 167.18, 170.10 e 27, 177.14, 178.24, 179.19 e 26, 249.5, 276.r2, 317.16, 320.8, 355.3, 430.13, 812.3, 980.8, 981.19 e 26, 984.6, 995.7. Mais tamén encontramos a preferencia inversa (que A, ca B): 68.19, 84.6, 94.20, 221.9. E, finalmente, aínda entre os propios apógrafos italianos se encontra tal variación: ca B vs. que V (725.22 e 1102.5) e mais nas cantigas 655.14 e 984.r2 en que a primeira versión presenta ca face á segunda con que1
.
Neste verso tamén se percibe novamente (cfr. nota ao v. 5) a variación lingüística e o reequilibrio métrico entre as dúas pólas da tradición manuscrita da lírica galega: des que eu naci A vs. des quando naci BV.
Nótase a equivalencia ‘semántica’ viver = sofrer a teor das leccións transmitidas polos tres principais códices.
No Cancioneiro da Ajuda:
nunca vi om’en tal coita viver
com’eu vivo per moller ben querer
En BV:
nunca vi ome tal coita sofrer
como sofro por molher ben querer.
Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies: