987 [= RM 120,30]
O mui bon rei que conquis a fronteira

O mui bon rei que conquis a fronteira
e acabou quanto quis acabar,
e que se fez con razon verdadeira
[en] todo o mundo temer e amar,
éste bon rei de prez, valent’e fis,
rei Don Fernando, bon rei que conquis
terra de mouros ben de mar a mar,
a quen Deus mostrou tan gran maravilha
que ja no mundo sempr’an que dizer
de quan ben soube conquerer Sevilha
per prez [e] per esforç’e per valer;
e da conquista máis vos contarei:
non foi no mund’emperador nen rei
que tal conquista podesse fazer.
Non sei oj’ome tan ben razõado
que podesse contar todo o ben
de Sevilha, e por end’, a Deus grado,
ja o bon rei en seu pode-la ten;
e máis vos dig’: en todas tres-las leis,
quantas conquistas foron d’outros rei[s],
apos Sevilha todo non foi ren!
Mai-lo bon rei, que Deus manten e guia
e quer que sempre faça o melhor,
este conquis ben a Andaluzia
e non catou i custa nen pavor;
e direi-vos u a per-conquereu:
u Sevilha a Mafomede tolheu
e erdou i Deus e Santa Maria!
E des aquel dia que Deus naceu,
nunca tan bel presente recebeu
como [o] del recebeu aquel dia
de San Clement’en que se conquereu;
e en outro tal dia se perdeu,
quatrocentos e nov’anos avia.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 
 
30
 
 
 
 

Manuscritos


B 985, V 572

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: 894-895); Panunzio (1992 [1967]: 109-111 [= LPGP 779-780]); Littera (2016: II, 289-290).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 205); Braga (1878: 109-110); Machado & Machado (1953: IV, 366-368); Fernández Pousa (1956: 813-814); Juárez Blanquer (1988: 161-162).
III. Antoloxías: De la Iglesia (1886: II, 223-224); Fernández Pousa (1951: 41-42); Álvarez Blázquez (1975: 45); Alvar & Beltrán (1989: 158-159); Arias Freixedo (2003: 720-722); Alvar & Talens (2009: 406-408); Souto Cabo (2017: 210).

Variantes manuscritas


2 e] se V   7 terra] Teira B   9 sempr’an] semprem B : semp̄m V   10 quan] qm̄ V   11 esforç’e] esforze V   13 rei] Rey / (Rey) B   15 oj’ome] oime V; razõado] razonado B : razoādo V   18 en] eu B   20 quantas] qn̄ tas V   21 apos] Apꝯ B : apꝯ V   23 faça] faza V   28 santa] sancta B   30 recebeu] tezebeu V   32 Clement’, en] de menten B   34 quatrocentos] Queiro centꝯ B : q̄tro centus V

Variantes editoriais


2 e] se Michaëlis   3 e] o Michaëlis   4 todo o mundo] tod(o) o mundo Michaëlis : tod’o mundo Littera   5 éste] este Panunzio, Littera; fis] fiz Littera   7 mouros] mourus Panunzio   8 quen] que Michaëlis   12 vos] vus Michaëlis, Panunzio   15 razõado] razonado Panunzio   17 por end’] per end’ Panunzio   19 vos] vus Michaëlis, Panunzio   21 apos] apus Panunzio   26 vos] vus Michaëlis, Panunzio   27 Sevilha] Sevilh(a) Michaëlis   28 Santa] Sancta Michaëlis, Panunzio   31 como [o] ... aquel] como ... aquel[e] Michaëlis, Panunzio, Littera   34 quatro centos anos] quatro centus anus Panunzio

Paráfrase


(I) O moi bo rei que conquistou a fronteira e levou a cabo canto se propuxo realizar, e que con razón verdadeira se fixo temer e amar en todo o mundo, é bo rei de prez, valente e leal, rei Don Fernando, o bo rei que conquistou a terra dos mouros ben de mar a mar, (II) a quen Deus mostrou tan gran marabilla que xa no mundo por sempre han de falar do moi ben que soubo conquistar Sevilla por prez e por esforzo e por valía; e da conquista máis vos contarei: non houbo no mundo emperador nin rei que tal conquista puidese facer.
(III) Non sei de ninguén hoxe (que sexa) tan hábil argumentador que puidese describir todo o ben de Sevilla e, por iso, grazas a Deus, xa o bo rei en seu poder a ten; e dígovos máis: en todas as tres relixións) cantas conquistas foron feitas por outros reis, despois de Sevilla todo ficou en nada!
(IV) Mais o bo rei, que Deus mantén e guía e quere sempre que faga o mellor, este conquistou ben Andalucía sen lle importar o custo nin o medo; e direivos cando a conquistou de vez: cando lle tirou Sevilla a Mahoma e herdou alí a Deus e a Santa María.
(1) E desde o día en que Deus naceu, nunca un tan belo presente recibiu (Deus) como o recibiu del (de D. Fernando) aquel día (2) de san Clemente en que se conquistou; e noutro tal día se perdera había 409 anos.

Métrica


Esquema métrico: 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’b (I-III [= RM 101:30]) + 10’a 10b 10’a 10b 10c 10c 10’a (IV [= RM 100:30]) + 2 x 10c 10c 10a’

Encontros vocálicos: 4 todoo; 27 Sevilhaa

Notas


Texto
  • *

    Esta é a primeira composición dos cancioneiros pertencente ao subxénero das cantigas de louvor (ou de eloxio), que só foi cultivado por Pero da Ponte. Neste caso, o personaxe é o rei Fernando III, pai de Afonso X, por mor da conquista da cidade de Sevilla (23-11-1248). Fernando III foi o monarca unificador dos reinos de Galiza, León e Castela.

  • 5

    A necesidade dun verbo no período explica a interpretación de <este> como a forma verbal éste (concorrente con é), embora fose posíbel ler a secuencia tamén como est’é (= este é).

  • 7

    A expresión adverbial de mar a mar (véxanse diversas atestacións desta expresión no CGPA, s.v.) reaparece en 989.7, por mor dos mesmos feitos históricos:

    rei Don Fernando, tan de prez,
    que tanto ben no mundo fez
    e que conquis de mar a mar.

    Tamén, de maneira máis xeral, nunha cantiga de amigo de Lopo:

    Polo meu mal filhou-[s’ora] el-rei
    de mar a mar (1265.1)

    Endebén, a formulación concreta de Pero da Ponte cando fala do «bon rei que conquis / terra de mouros ben de mar a mar» pode acharse en obras cronísticas nos capítulos dedicados a Fernando III. Así, na Crónica Geral d’Espanha de 1344, rexístrase o seguinte parlamento do rei Fernando III a seu fillo, o futuro Afonso X:

    Filho, rico ficas de terra e de muitos bõos vassalos mais que rey que na cristaindade aja: trabalha por seeres bõo cavaleiro e esforçado, ca ben teens con que. Senhor te leixo de toda a terra, des o grande mar Oceano ataa o mar Mediterreno, assi como a perdeo el rey Rodrigo (Cintra 1990: IV, 494).

  • 7-8

    O verso final da estrofa I e o primeiro da estrofa II teñen unha continuidade sintáctico-semántica evidente; non obstante, na edición de Littera consta unha explícita ruptura con independencia estrófica.

  • 10

    A conquista de Sevilla produciuse o día 23 de novembro de 1248.

  • 15

    A presenza de -n- na forma manuscrita <razonado> é simple indicación gráfica da nasalidade fonolóxica de /õ/ (confirmada como é habitual pola lección de V), o mesmo que noutras voces que se rexistran, en especial, nos apógrafos italianos (case sempre con unha das documentacións correcta) en <bona> bõa e, esporadicamente, en <bona> bõa e, esporadicamente, en <alguna> algũa e <(h)una> ũa, <capaton es> çapatões, <certano> certão, <dona> dõa, <lontano> loução, <lunar> lũar, <mano> mão, <pardonar> perdõar, <poner> põer, <uano> vão, <ueno> vẽo, <uilano> vilão. Sobre estas grafías e as formas do tipo irmana, véxase Ferreiro 2008b.

  • 18

    Sendo posíbel a asimilación do pronome (e do artigo) de P3 en función de CD ao vocábulo anterior cando este acaba en -r ou en -s (nomeadamente formas verbais e algúns pronomes e preposicións), é inusual a asimilación co substantivo poderja o bon rei en seu pode-la ten. Véxase nota a 25.10.

  • 19

    Para alén do pronome identificador que sofre asimilación xeral en certos contextos (véxase nota a 5.10), algunhas outras formas pronominais de diversas clases (tamén estes, 1607.20; quaes, 1535.13) poden presentar esa asimilación, ás veces con grafía conservadora <s-l>, como acontece neste verso: tres-las leis (véxase nota a 5.10).
    Lémbrese, tamén, que lei significa nesta pasaxe, o mesmo que en 491.9 ou 989.20, ‘relixión’: así pois, as tres leis son as relixións cristiá, xudaica e musulmá.

  • 27

    Mafomede é unha forma medieval de Mahoma, profeta fundador do Islam.

  • 30-32

    O adxectivo belo presenta apócope na súa forma masculina cando anteposto a un nome iniciado por consoante: bel cavalo (587.15), bel cuu (1613.11).

    Por outra banda, perante a hipometría versal, todos os editores propoñen a forma aquel[e]; porén, do punto de vista paleográfico é moito máis aceptábel reintegrar o pronome persoal tras como, facilmente omitido no proceso de copia por contigüidade, coa interpolación pronominal tan frecuente na lingua medieval (= como del o recebeu...):
              nunca tan bel presente recebeu
              como [o] del recebeu aquel dia
              de San Clement’en que se conquereu.    

    Finalmente, o sonado dia de San Clemente, día da conquista de Sevilla, é repetidamente lembrado en diversas crónicas. Así, na Crónica Geral Galega (Lorenzo 1975: I, 884, 888, 898):

    Et esto foy en dia de San Clement[e], ena era de suso dicta, quando esse alcaçer dessa nobre çibdad[e] de Seuilla foy dado a esse nobre rrey dõ Fernando et entregado [...] Capitolo della era [en] que a nobre çidad[e] de Seuilla foy gãanada et como a p(r)obrou el rrey dõ Fernando. A nobre çibdade de Seuilla foy gãanada ena era de mĩll et CC et LXXXvj ãnos, quando andaua o ano da encarnaçõ do Senor en mĩll et CCXLviij, en dia de San Clement[e], andados xxiij dias do mes de Nouenbre [...] Conta a estoria que este rrey don Fernãdo foy muy bõo rrey et muyto amigo de Deus. Et fillou Cordoua? a mouros? en dia de san Pedro et de san Paulo apostolos, ena era de mill et CCLXXXIIJ? anos; et fillou Seuilla a mouros en dia de san Clemente, ena era de mill et CCLXXXVJ anos et fillou Jaen en dia de santa Maria de agosto? ena era de mill et CCLXXXIIIIo anos a mouros, et o Algarbe, et muytos castelos et muytas uilas, et a mayor partida da Andaluzia.

    Algo similar acontece na Crónica de 1344 (Cintra 1990: IV, 485, 489):

    E, feito este preito e firmado, mandou logo el rey poer a sua bandeira na mais alta torre da vila, dando todos muitas graças ao Nosso Senhor Jhesu Christo. E foi tomada essa cidade de Sevilha en dia de Sam Clemente, quando a era de Cesar andava em mil e duzentos e oiteenta e seis anos e o ãno da encarnaçõ en mil e duzentos e quareenta e oito [...] Contado avemos como el rey dom Fernando tomou Sevilha na era de mil e duzentos e LXXX e seis annos, en dya de Sam Clemẽte, andados XXIII dias do mes de Novembro.

  • 34

    No Cancioneiro da Vaticana, a grafía -us aparece case exclusivamente en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais (<centus>). A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado

    Utilizamos cookies de terceiros con fins analíticos para poder coñecer os hábitos de navegación (por exemplo, páxinas visitadas). Lembre que, se aceptar cookies de terceiros, terá de as excluír das opcións do seu navegador ou do sistema ofrecido por terceiros.
    Clique no botón correspondente para aceptar ou rexeitar as cookies:

    ConfiguraciónsAceptar