954 [= Tav 63,34]
Maravilho-m’eu, si Deus mi dé ben

Maravilho-m’eu, si Deus mi dé ben,
senhor, por quanto vos vejo rogar
Nostro Senhor, e vin-vos preguntar
que mi digades, por Deus, ũa ren:
en que vos podia Nostro Senhor
fazer máis ben do que vos fez, senhor?
Fez-vos ben falar e ben parecer
e comprida de ben, per bõa fe,
e rogades Deus, non sei por que é;
e, mia senhor, quero de vós saber
en que vos podia Nostro Senhor
[fazer máis ben do que vos fez, senhor?]
Ca vos fez mansa e de mui bon prez,
e ja en vós máis ben non poderá
aver, pois por que o rogades ja?
Ca, pois que vos El tan muito ben fez,
en que vos podia [Nostro Senhor
fazer máis ben do que vos fez, senhor?]
Eu, cativo, mui coitado d’amor,
avia que rogar Nostro Senhor,
que m[i] fez sempre viver sen sabor
e sen vosso ben-fazer, mia senhor.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 

Manuscritos


B 951, V 539

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 366-367); Rodríguez (1980: 90 [= LPGP 387]); Littera (2016: I, 430).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 193-194); Braga (1878: 102-103); Gassner (1933: 401-402); Machado & Machado (1953: IV, 320); Fernández Pousa (1959: 92).
III. Antoloxías: Alvar & Beltrán (1989: 285); Sansone (1990: 168).

 

Variantes manuscritas


1 Maravilho] Marauylho(u) V   5 en] Cu B   8 comprida] compriuda B   11 en que vos] Cu quenꝯ B   17 en] Cu B   20 Nostro] ur̄o B   21 que m[i]] Quem B : quē V

Variantes editoriais


1 dé] dê Nunes, Littera   18 máis] mas Nunes   21 m[i]] me Nunes

Paráfrase


(I) Maravíllome eu, señora, así Deus me dea ben, por canto vos vexo rogar a Noso Señor, e vinvos preguntar que me digades unha cousa, por Deus: en que vos podía Noso Señor facer máis ben do que vos fixo, señora?
(II) Fíxovos falar ben e ser fermosa e cumprida de ben, abofé, e rogades a Deus, non sei por que o facedes; e, miña señora, quero de vós saber en que vos podía Noso Señor facer máis ben do que vos fixo, señora?
(III) Pois vos fixo calma e de moito valor, e en vós xa máis ben non poderá existir, por que lle rogades xa? Pois xa que El tanto ben vos fixo, en que vos podía Noso Señor facer máis ben do que vos fixo, señora?
(1) Eu, infeliz, moi coitado de amor, debía rogar a Noso Señor, que me fixo sempre vivir sen gusto e sen o voso favor, miña señora.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:84) + 10c 10c 10c 10c

Notas


Texto
  • 21

    A lectura que m[i] a partir de <Quem> B e <quē> V, respectivamente, é a máis económica do punto de vista ecdótico, pois constitúe a reposición da vogal ausente nunha eventual secuencia <quemi> do antígrafo, tal como acontece noutras pasaxes ao longo do corpus (367.14, 907.17). Cfr. nota a 56.25.

  • 22

    A formación nominal ben-fazer ‘beneficio, auxilio, favor’, derivada do correspondente sintagma tan frecuente na cantiga de amor constitúe unha formación nominal (similar a ben-querer), frecuente no corpus das cantigas. De calquera maneira, o mesmo substantivo pode verse, en formulación singular e plural, noutras obras da última Idade Media, como na Crónica de D. Fernando: e as rrendas eram postas em seu poder, afora muitos herdamentos moviis e de rraiz e muito bem-fazer da rrainha sua irmãa (Macchi 2004: 355-356); tamén no Livro das Confissões: ca veemos que alguũs synaaes dan largamente aos que lhe pormeten en grandes bem fazeres (Martín Pérez 2012-2013: 367).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado