899 [= Tav 143,15]
Quantas coitas, senhor, sofri

Quantas coitas, senhor, sofri
por vos veer e me quitei
de vós e vosco non morei!
E, pois me Deus aduss’aqui,
dizer-vos quer’o que m’aven:
tanto me nembr’agora ja
come se nunca fosse ren,
pero que vivo na maior
coita que podia viver
desejando-vos a veer;
e, pois vos vejo, mia senhor,
dizer-vos quer’o que m’aven:
tanto me nenbr’ago[ra] ja
come se nunca fosse ren,
pero quen tanto mal levou
com’eu levei, e tant’afan,
a nembrar-lhe avia de pran;
e, pois me vos Deus amostrou,
dizer-vos quer’o que mi aven:
[tanto me nembr’agora ja
come se nunca fosse ren].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 

Manuscritos


B 899, V 484

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1972 [1932]: 311-312 [= LPGP 900-901]); Arias Freixedo (2010: I); Littera (2016: II, 437).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 177-178); Braga (1878: 92); Machado & Machado (1953: IV, 247).

Variantes manuscritas


2 vos] uos BV   3 e] he BV   13 ago[ra] ja] agoya B : agoia V   17 lhe] lh V

Variantes editoriais


2 e] u Nunes, Littera   16 afan] afã Littera   17 nembrar-lhe avia] nembrar-lh’avia Littera

Paráfrase


(I) Cantas coitas sufrín por vos ver, señora; e afasteime de vós e non vivín convosco! E pois que Deus me trouxo aquí (e vos vexo), quero dicirvos o que me sucede: tanto me lembra agora como se nunca pasase nada,

(II) pero vivo na maior das coitas posíbeis desexando vervos; e agora que vos vexo, señora, quero dicirvos o que me sucede: tanto me lembra agora como se nunca pasase nada,

(III) pero quen tanto mal padeceu como eu padecín, e tanto afán, debería lembralo; e despois de que me vos mostrou Deus, quero dicirvos o que me sucede: tanto me lembra agora como se nunca pasase nada.
 

Métrica


Esquema métrico: 3 x 8a 8b 8b 8a 8C 8D 8C (= Tav 173:5)

Encontros vocálicos: 17 lhe‿avia; 19 mi‿aven

Notas


Texto
  • *

    En ningunha das edicións precedentes (Nunes, Arias Freixedo, Littera) se dispón o texto como cantiga ateúda, por máis que a ligazón entre adversativa entre todas estrofas indique a continuidade conceptual desde o inicio até o final da cantiga. Tampouco foi incluída na relación de cantigas ateúdas de Gonçalves (2016 [1993]: 269-270). Cfr. nota á cantiga 15.

  • 2

    Con Arias Freixedo, respectamos o texto dos manuscritos, a pesar da posibilidade dun erro <e>/<u>: «Realmente a lectura u me quitey cádralle perfectamente ao noso contexto, e responde a un dos tópicos máis recorridos: o da coita sufrida pola separación. Mais, aínda que esta parece unha solución razoábel –e tentadora– á que non lle faltarían apoios doutros contextos similares, o certo é que a lectura transmitida polos manuscritos é claramente un e, que tamén ten sentido, e por iso nós preferimos non intervir sobre a lección dos códices. Ademais, e aínda que non se cumpra sempre a regra de que unha lectio difficilior é mellor, a lectura transmitida polos manuscritos dá un sentido que supón unha maior elaboración». Na realidade nos tres primeiros versos prodúcese un encadeamento de varios elementos por medio da repetición da conxunción copulativa e.

  • 5

    No primeiro verso do refrán sería posíbel manter a integridade de quero, sen segmentar o artigo, pois a sintaxe, levemente diferente, continuaría a ser correcta e o sentido non se resentiría. Isto é, ‘quero dicirvos que me sucede: / ...’:

              E, pois me Deus aduss’aqui,

              dizer-vos quero que m’aven:

              tanto me nembr’agora ja

              come se nunca fosse ren, / ...

  • 10

    Na lingua trobadoresca o verbo desejar aparece en complexos verbais (desejar + infinitivo) mais tamén en estruturas equivalentes coa preposición a como nexo (véxase tamén 153.1, 208.2, 428.2, 635.6, 754.6, 952.8, 1010.2, 1089.89). Cfr. nota a 3.17.

  • 19

    Nótese a leve variación lingüística do refrán (I-II me vs. III mi) presente en mi aven nesta ocorrencia fronte aos anteriores m’aven. Cfr. nota a 27.4.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado