I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 216-217); Panunzio (1992 [1967]: 63-64 [= LPGP 792-793]); Cohen (2003: 291); Littera (2016: II, 281-282).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 157); Braga (1878: 79); Machado & Machado (1953: IV, 145-146); Fernández Pousa (1956: 804); Juárez Blanquer (1988: 61-62).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 58-59); Mongelli & Maleval & Vieira (1995: 94); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 197).
9 partia] parcia B 17 ja] ya BV; qual] q̅l V 18 nado] mado B 19 morria] moiria B
7 a meos de] a meus de Panunzio 12 por] per Panunzio 15 a meos de] a meus de Panunzio 17-18 devi’a / creer] devia / creer Nunes, Panunzio, Cohen, Littera 21 xi] x’i Littera; por] per Panunzio 23 a meos de] a meus de Panunzio 25 quen o] quen no Nunes
(I) Vistes, madre, o que dicía que estaba por min coitado? Pois non me envía recado, entendo eu do perxuro que xa non teme a miña ira, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.
(II) E vistes cando se ía do meu lado contra a miña vontade e xurando que por min sufría penas e aflición? Todo era mentira, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.
(III) E por que motivo debería muller crer a home ningún? O que así morría polo meu pracer xa suspira por outra, porque, se non, nin de noite nin de día, a non ser que o mandase eu, nunca de aquí se iría.
(1) Mais, Deus, quen o pensaría: vivir el tan afastado de onde puidese ver os meus ollos!
Esquema métrico: 3 x 7’a 7’b 7’a 7’b 7’c 7’A 7’B 7’C + 7'a 7'b 7'c (= RM 96:1)
A expresión contida neste verso debía ser frecuente no período medieval:
Et mandou a Pero Bermudes tomar a syna et castigouo com̃o fezesse cõ ela, et que se nõ mouese cõ ela meos do seu mandado (Crónica Geral Galega; Lorenzo 1975: I, 426).
En ningunha das edicións precedentes se segmentou a preposición a na perífrase verbal dever + a + infinitivo; no entanto, a interpretación das secuencias do tipo <deuia>, <auia>, <ouuera> + infinitivo como devi’a, avi’a, ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <deuia> A / <deuia a> B (128.22 e 28, 386.13), <ouuera> A / <ouu’a a> B (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), que indican a real crase coa preposición nas leccións de un dos testemuños manuscritos.
No pronome xi, variante fonética de xe (cfr. me/mi, che/chi, te/ti, lhe/lhi se/si), Littera segmentou o adverbio i (x’i).
Fem servir cookies de tercers amb finalitats analítiques per poder conèixer els hàbits de navegació (per exemple, les pàgines visitades). Tingueu en compte que, si accepteu les cookies de tercers, haureu d'eliminar-les de les opcions del navegador o del sistema ofert per tercers.
Feu clic al botó corresponent per acceptar o rebutjar les cookies: