357 [= RM 44,3]
Moir’eu por vós, mia senhor, e ben sei

Moir’eu por vós, mia senhor, e ben sei
que vos praz; mais non vos dev’a prazer,
ca perç’eu i e vej’a vós perder
máis que eu perç’, e contar-vo-lo-ei:
perç’eu o corp’, e vós perdedes i
vossa mesura e quant’eu valh’en .
Con mui gran coita non tenh’en ren ja,
senhor, mia mort’e vejo-me morrer
por vós que vi (que non ouver’a veer
eu, nen vós min!); e vedes quant’i á:
perç’eu o [corp’, e vós perdedes i
vossa mesura e quant’eu valh’en mí].
Muito vivi, senhor, per bõa fe,
sofrendo mal que non posso sofrer,
e máis vivi ca cuid’a viver;
e, ja que moiro por vós, assi é:
perç’eu o [corp’, e vós perdedes i
vossa mesura e quant’eu valh’en mí].
E vosso fui, senhor, des que vos vi,
e fora máis se non morress’assi!
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20

Manoscritti


B 388

Edizioni


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 865-866 [= LPGP 303]); Littera (2016: I, 334); Staffieri (2024: 126).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 142); Machado & Machado (1950: II, 175); Rios Milhám (2018b: III, 357); Bruno (2022: 119-120).

Varianti manoscritte


2 prazer] prazei B   8 morrer] moirer B   9 veer] ucer B   11 perç’eu o] Perceuo B   13 vivi] uinj B   15 vivi] umi B   17 perç’eu o] Pereceno B   20 morress’assi] moiressassy B

Varianti editoriali


2 vos ... vos] vus ... vus Michaëlis; dev’a prazer] dev’aprazer Littera   6 mesura] mesur(a) Michaëlis; e quant'eu valh'en mí] [a]quant'e[u] valh', en mi Bruno    12 Véxase v. 6   14 sofrendo] sofrend’o Littera, Staffieri   15 cuid’a viver] cuida[v’a] viver Michaëlis, LitteraBruno   18 Véxase v. 6   19 vos] vus Michaëlis

Parafrasi


(I) Eu morro por vós, miña señora, e sei ben que vos prace; mais non vos debería pracer porque eu perdo niso e vexo que vós perdedes máis do que eu perdo, e explicaréivolo: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.

(II) Coa gran coita xa non me importa a miña morte, señora, e véxome morrer por vós, a quen vin –que eu non vos debera ver, nin vós a min!–; e vede o que por iso acontece: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.

(III) Moito vivín, señora, abofé, sufrindo un mal que non podo soportar, e vivín máis do que penso vivir; e, pois morro por vós, así é: eu perdo a vida, e vós perdedes aí a vosa mesura e todo o que eu vallo.

(1) E fun voso, señora, desde que vos vin, e máis sería se non morrese así!

Metrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C + 10c 10c (= RM 160:57)

Encontros vocálicos: 6 mesurae; 12 mesurae; má·is; 18 mesurae

Note


Testo
  • 2

    Todo indica (cf. <deua prazer>) que é errada a ausencia de deglutinación da preposición a na perífrase dever + a + infinitivo (dev’aprazer) por parte de Littera (véxase nota a 34.11).

  • 6

    Valh’en mí quere dicir ‘vallo por min mesmo’.

  • 9

    A interpretación das secuencias do tipo <auia>, <deuia>, <ouuera> + inf. como avi’a / devi’a / ouver’a + infinitivo vén determinada non só polo feito de a presenza da preposición a ser maioritaria nestas perífrases (véxase Glosario, s.v. aver, dever), mais tamén pola concorrencia das leccións <ouuera> A / <ouu’a a> (70.13) ~ <ouuera a> B (129.23), e  <deuia> A / <deuia a> B (128.22, 128.28, 386.13), que indican a real crase coa preposición nas leccións do Cancioneiro da Ajuda.

  • 10

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 14

    Se se quixer introducir máis determinación no mal que sofre o trobador sería necesario segmentar sofrendo (sofrend’o mal), tal como se fixo en Littera, Bruno e Staffieri.

  • 15

    Existen indicios suficientes para considerar que a contaxe bisilábica de mais (ou máis) era un feito na lingua trobadoresca, nomeadamente a partir da análise das leccións manuscritas de preto dun centenar de pasaxes que apoian tal consideración métrica (Ferreiro 2016c). Así, máis unha vez, é innecesaria a suplementación silábica e a mudanza temporal que Michaëlis (e os posteriores editores) introduciu en cuido, transformado nunha forma de copretérito (cuidava).

Cerca
    Nessun risultato trovato

    Utilizziamo cookie di terze parti per scopi analitici in modo da poter tracciare le abitudini di navigazione (ad esempio i siti visitati). Si avvisa l’Utente che se accetta cookie di terze parti, dovrà escluderli dalle opzioni del browser o dal sistema offerto dalle terze parti.
    Clicca per accettare o rifiutare i cookies:

    ImpostazioniAccetta