Coa excepción dos vv. 19-20, a cantiga aparece disposta en versos longos en B; en V, só a estrofa I.
I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 407-408 [= LPGP 707-708]); Cohena (2003: 471); Littera (2016: II, 209); Cohenb (2016b: 22).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 289-290); Braga (1878: 159); Machado & Machado (1956: V, 350-351); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Cidade (1941: 50-51).
2 non o] no V 9 perfia] perfio V 10 guerra] gueira B 11 nembrar-se] nen orasse V; devia] denya B 12 erra] eira B 17 pran] prã B 27 quant’ala] ꝙwtalha B : ꝙ̄tela V
Cohen (e Littera), con versos hendecasilábicos, estabelece estrofas de catro versos, dous na cobra e dous para o refrán.
3-4 viv’én coitado, / e moiro] viv’eu coitado, / e moiro Nunes : viv’ én coitado, |e| moiro Cohen : viv’en coitad’, e moiro Littera 26 de min, que s'er ia] de min que seria Nunes, Cohena, Cohenb, Littera
(I) Foise o namorado, madre, e non o vexo, e (el) vive por iso coitado, e (eu) morro con desexo: inxusto é comigo o meu namorado, que tanto tempo mora noutro lugar e sen que eu llo mandase.
(II) Foise con teimosía por me facer guerra; debíase lembrar do moito que erra: inxusto é comigo o meu namorado, que tanto tempo mora noutro lugar e sen que eu llo mandase.
(III) Abofé que me mentía, sen dúbida, pois foise irado; mais, así me valla Deus, inxusto é comigo o meu namorado, que tanto tempo mora noutro lugar e sen que eu llo mandase.
(IV) Non quixo acompañarme, porque se ía, e canto alá tarde é pola súa desgraza: inxusto é comigo o meu namorado, que tanto tempo mora noutro lugar e sen que eu llo mandase.
Esquema métrico: 5’a 5’b 5’a 5’b 5’C 5’A 5’C 5’A (I) + 5’a 5’b 5’a 5’b 5’C 5’D 5’C 5’D (II-IV [= RM 112:8])
Encontros vocálicos: 3-4 coitado/‿e; 18 mi‿andava
A composición aparece disposta en versos longos nos códices (coa excepción dos vv. 19-20), e Cohen, seguido por Littera, acepta a indicación de Lapa relativa á conformación formal da cantiga en versos de 11 sílabas (Lapa 1982: 189-190). No entanto, e como noutras ocasións, aplicamos o principio da rima como elemento estruturador do texto, de modo que, seguindo Nunes, dispomos a cantiga en versos pentasilábicos graves.
Respectamos estritamente a lección dos manuscritos, aínda que podería pensarse en que, cos erros <n>/<u> e <t>/<d>, o verso podería ter outras posíbeis lecturas: e viv’en coidado (proposta de Montero Santalla 2000: III, 601) ou, mesmo, e viv’eu coitado.
Fronte á emenda de Cohen, que elimina a copulativa (coa disposición en verso longo ben podería pensar na sinalefa coitado‿e), mantemos a conxunción, xa que unha episinalefa coitado/‿e permite recuperar a isometría.
A nosa lectura baséase na segmentación s’er ia (vs. seria), pois o texto na súa versión tradicional (Nunes, Cohen, Littera) conleva un problema de interpretación (*Non quis meter guarda de min que seria...); co verbo irse, o período ten plena coherencia:
Non quis meter guarda
de min, que s’er ia,
e quant’ala tarda
é por seu mal dia.
Fronte á moi rara grafía <nh> por <n> (véxase nota a 1015.7), o erro gráfico <lh>/<l> aparece con algunha frecuencia ao longo dos dous cancioneiros italianos (con maior incidencia en V), e moi especialmente nun pequeno número de voces: ali <ali> A, <alhi> B (313.10); <alhy> B (466.19); <a(lhy)ly> B, <aly> V (1317.15); <aly> B, <alhy> V (1473.15); <ali> B, <alhi> V (1479.3); o pronome persoal tónico de P3: eles <elhes> B, <elles> V (489.17); ela <elha> B, <ela> V (632.18); elas <elhas> BV (1205.7); elos <elhꝯ> BV (1205.10); o verbo falar, con diversas formas: falar <falar> B, <falhar> V (599.5); <falar> AB, <falhar> V (996.17); <falhar> V (1010.13); <falar> B, <falhar> V (1033.7); fala <fala> B, <falha> V (958.19); fale <fale> B, <falhe> V (722.11); e o substantivo vassalo(s): <uassalos> B, <uassalhos> V (925.13); <vassalo> B, <ua ssalho> V (1503.10). Noutros vocábulos, a aparición de <lh> por <l> é moito máis esporádica: ala <alha> B, <ela> V (1252.27); camela <camelha> V (1449.16); olas <olhas> B, <olas> V (1634.8); velida <uolhi da> BV (676.12) etc.
This site uses third-party cookies for analytical purposes to help us track and monitor how users navigate the site (e.g. which pages they visit). Remember that if you accept third-party cookies, you should delete them from your browser options or from the system provided by the third party in question.
Click below to accept or to edit your cookie settings.