1244 [= Tav 64,30]
Vossa menag’, amigo, non é ren

Vossa menag’, amigo, non é ren,
ca de pran ouvestes toda sazon
a fazer quant’eu quisesse e al non,
e por rogo nen por mal nen por ben
sol non vos poss’esta ida partir.
Nunca vos ja de ren ei a creer,
ca sempr’ouvestes a fazer por mí
quant’eu mandass’, e mentides-m’assi,
e, pero faç’i todo meu poder,
sol non vos poss’esta [ida partir].
Que non ouvess’antre nós qual preito á
per qual [a] vós [vos] foi sempre mester,
deviades por mí a fazer que-quer,
e, pero vos mil vezes roguei ja,
sol non vos poss’esta ida [partir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15

Manuscritos


B 1228, V 833

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 400); Zilli (1977: 112-113 [= LPGP 426]); Cohen (2003: 463); Littera (2016: I, 482).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 287); Braga (1878: 157); Machado & Machado (1956: V, 341-342).

Variantes manuscritas


3 fazer] fazen V; e] om. V   6 Nunca vos] Nūca(n)vꝯ B; 7 sempr’ouvestes] sempºu uestes B : semꝓu uestes V   11 non] uō B; nós] uos V   12 qual] q̄l V; vós] nos B

Variantes editoriais


1 Vossa menag’] Voss’amẽaç’ Nunes   3 quisesse] quisess’ Nunes, Zilli   4 e] [n]e[n] Zilli   5 vos] vus Zilli   6 vos] vus Zilli   10 vos] vus Zilli   11 preito á] preit’á Nunes   12 per qual [a] vós [vos] foi sempre mester] por qual [ben] vos foi sempre [mui] mester Cohen, Littera   13 a] om. Cohen   14 vos] vus Zilli   15 vos] vus Zilli

Paráfrase


(I) O voso xuramento de fidelidade, amigo, non é nada, pois, con certeza, tivestes que facer sempre o que eu quixen, e non outra cousa, e por rogo nin por mal nin por ben nin sequera podo impedir a vossa partida.
(II) Nunca vos hei xa de crer cousa ningunha, que sempre tiveses que facer por min canto eu mandei, e mentídesme así, e, aínda que emprego nisto todo o meu poder, nin sequera podo impedir a vossa partida.
(III) Para que non houbese entre nós tal disputa como hai e que sempre vos foi necesaria, debiades por min facer algo, e, aínda que vos roguei mil veces xa, nin sequera podo impedir a vossa partida.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C (= Tav 155:4)

Encontros vocálicos: 3 quisesse‿e; 11 preito‿á; 13 mí‿a

Notas


Texto
  • 1

    O texto de Nunes, Voss’amẽaç(a), é produto dunha deficiente interpretación da lección dos manuscritos (<Vossamena ia migo> BV), xa corrixida a partir de Zilli: a menage, isto é, o xuramento de fidelidade (tirado da linguaxe feudal) é rendida tanto polo amigo (345.2), como polo trobador (980.22).

  • 4

    A substitución da copulativa e por nen que Zilli propón é absolutamente desnecesaria.

  • 5

    O substantivo ida, cando precedido de demostrativo, significa ‘vez, ocasión’ (cfr. tamén 493.10).

  • 12

    A necesidade de integrar dúas sílabas métricas procede –xulgamos– da omisión no proceso de copia da preposición a para introducir o CI vós e mais de vos, neste caso perdido por haplografía ([a] vós [vos] foi sempre mester). A proposta de Cohen e de Littera (per qual <ben> vos foi sempre <mui> mester) é máis complexa e tamén máis difícil de xustificar do punto de vista paleográfico.

  • 13

    Cohen omitiu a preposición a na perífrase verbal (deviades a fazer > deviades fazer) por non considerar a posibilidade da sinalefa a, que se rexistra noutras pasaxes. Cfr., por exemplo, e verdad’é per com’end’a míaven (633.3).

    A forma verbal quer (P3 do presente indicativo, do lat. quaerĭt) formou historicamente diversos pronomes indefinidos, algúns deles exclusivos da lingua medieval, como que-quer ‘algo, calquera cousa, sexa o que for’, que tamén aparece noutras cantigas como tal pronome (24.23, 55.21, 238.23719.14, 887.21, 958.19) ou facendo parte da locución pronominal al que-quer ‘outra cousa calquera’ (141.12, 254.6, 684.9), que constitúe a versión positiva de al ren (véxase nota a 72.21) ou al nada (véxase nota a 708.16).

Buscar
    Non se atopou ningún resultado