1198 [= Tav 90,2]
O meu amig’, amiga, vej’andar

O meu amig’, amiga, vej’andar
triste coidando e non poss’entender
por que trist’anda, si veja prazer;
pero direi-vos quant’é meu cuidar:
anda cuidand’en se d’aqui partir,
e non s’atreve sen mí a guarir.
Anda tan triste que nunca máis vi
andar nulh’ome, e en saber punhei
o por que era, pero non o sei;
pero direi-vos quant’end’ap[re]ndi:
anda cuidand’en se d’aqui partir,
[e non s’atreve sen mí a guarir].
Atan trist’anda que nunca vi quen
tan trist’andasse no seu coraçon,
e non sei por que nen por qual razon;
pero direi-vos quant’aprendi én:
anda cuidand’en se d’aqui partir,
[e non s’atreve sen mí a guarir].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1182, V 787

No Cancioneiro da Biblioteca Nacional falta a estrofa III.

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 370-371 [= LPGP 608-609]); Cohen (2003: 415); Littera (2016: II, 77).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 271); Braga (1878: 148); Machado & Machado (1956: V, 281); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 153).

Variantes manuscritas


2 coidando e] coydāde V   8 ome] omē BV   9 era] eu V   10 quant’end’ap[re]ndi] quãtēda pudy B : quātenda pudy V   13-18 om. B   14 coraçon] corazō V   15 nen] uē V

Variantes editoriais


2 triste coidando] trist’e cuidando Nunes : trist’e coidando Cohen, Littera   4 quant’] quanto Nunes   8 ome] omen Nunes : homem Littera

Paráfrase


(I) Vexo andar triste e penoso o meu amigo, amiga, e non podo entender por que anda triste, así (eu) vexa pracer; mais direivos o que penso: anda meditando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.
(II) Anda tan triste como nunca vin home andar e procurei saber o porqué, mais non o sei; porén, direivos o que diso sei: anda meditando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.
(III) Anda tan triste que nunca vin quen estivese tan triste no seu corazón, e non sei por que nin por que razón; porén, direivos o que sei diso: anda meditando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:164)

Encontros vocálicos: 2 coidando‿e; 8 ome,‿e

Notas


Texto
  • 2

    No corpus rexístrase con frecuencia o adxectivo triste, aplicado ao trobador ou ao amigo, seguido dun xerundio de cuidar/coidar ou de chorar; así, para a lección manuscrita pode ofrecerse unha dupla lectura: trist’e cuidando vs. triste cuidando. Nestes contextos (véxase tamén 196.3, 809.12, 1136.r1), a non segmentación achega maior ambigüidade expresiva.

  • 3

    A fórmula aseverativa si veja prazer ~ se veja prazer, tamén en 440.9, 571.9, 778.8, 1060.11624.1 (coa introdución de eu en 416.9), presenta a variante assi veja prazer (79.16, 384.16, 419.4), coa introdución de eu en 416.9, e tamén se vejades prazer (877.12) e mais se prazer vejades (1174.1) con mudanza para a P5.

  • 8

    A lección <omē> de BV apunta para unha forma omen que impediría a sinalefa ome‿e: é esta forma unha mostra do verniz lusitanizante que en ocasións presenta o texto copiado nos cancioneiros italianos, con formas omen onde a métrica esixe ome. Cómpre, pois, a emenda e a recuperación da forma ome tal como acontece noutras pasaxes do corpus 82.14, 132.21, 492.17, 851.21, 901.28 (B’V vs. AB), 1109.7, 1559.8, 1681.17.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado