(I) Vexo andar triste e pensoso o meu amigo, amiga, e non podo entender por que anda triste, así (eu) vexa pracer; mais direivos o que penso: anda pensando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.

(II) Anda tan triste como nunca vin ningún home andar e procurei saber o porqué, mais non o sei; porén, direivos o que diso sei: anda pensando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.

(III) Tan triste anda que nunca vin quen estivese tan triste no seu corazón, e non sei por que nin por que razón; porén, direivos o que sei diso: anda pensando en se ir de aquí e non confía en sobrevivir sen min.