I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 419-420 [= LPGP 587]); Cohen (2003: 486); Littera (2016: II, 46).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 294); Braga (1878: 161); Machado & Machado (1956: V, 366).
III. Antoloxías: Seoane (1941: 132-133); Nemésio (1961 [1949]: 160); Fernández Pousa (1951: 34); Bernárdez (1952: 124); Nunes (1959: 340); Martín Gaite & Ruíz Tarazona (1972: 109); Álvarez Blázquez (1975: 75-76); Landeira Yrago (1975: 193); Torres (1977: 331); Reckert & Macedo (1980: 68); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 149).
7 vos] uus V 8 ides] lhides V 10 Leuter] l\o/uter B : louter V 11 cuidand’en] Cuydadē B
5 dized’e non mençades] dizede, non mençades Nunes
(I) –Filla, así vos alegredes, dicídeme que vos pasa.
–Non me dan os amores descanso.
(II) –Filla, así teñades ben, dicide e non mintades.
–Non me dan os amores descanso.
(III) –Dicídeme, xa que volo mando, por que estades chorando.
–Non me dan os amores descanso.
(IV) Por San Leuter vos digo: pensando no meu amigo, non me dan os amores descanso.
Esquema métrico: 4 x 6’a 6’a 8B (= RM 26:121)
O verbo gradoar ‘alegrarse, estar satisfeito, congratularse’, do lat. gratulāri, ten un uso limitado no corpus das cantigas profanas: 100.2, 824.1, 896.18, 1065.28, 1139.4, 1174.13, 1268.1. Ausente da produción prosística (véxase CGPA, s.v.), só ofrece unha ocorrencia nas Cantigas de Santa Maria:
Ond’avẽo pois assy que en Beja, u morava
un ome casado ben con sa moller que amava,
almoxerife del Rey era el, e confiava
muit[o] en Santa Maria; mais avia gran tristura
Porque non podi’aver fillo de que gradoasse
e que pos sa mort’en seu aver erdeiro ficasse (CSM 224.25).
A relativa frecuencia da terminación gráfica -us no Cancioneiro da Vaticana en voces en que é xeral a terminación -os alcanza o pronome persoal vos, que por veces aparece como <uus> (cfr. un antecedente <uꝯ>), tal como acontece tamén no Cancioneiro da Ajuda.
San Leuter alude, con certeza, ao padroeiro dunha romaría dedicada a este santo. Non existe localización concreta para a romaría glosada por Lopo, mais, entre as diversas capelas e ermidas en Galiza con esta advocación, quizais se estea a referir ao santuario de Santo Eleuterio, en Tameiga (concello de Mos, Pontevedra) (Souto Cabo 2018: 94-95).