397 [= Tav 70,22 (= 157,22)]
Estes meus ollos nunca perderán

Estes meus ollos nunca perderán,
sennor, gran coita mentr’eu vivo for;
e direi-vos, fremosa mia sennor,
destes meus ollos a coita que an:
choran e cegan quand’alguen non veen,
e ora cegan por alguen que veen.
Guisado teen de nunca perder
meus ollos coita e meu coraçon,
e estas coitas, sennor, minnas son;
mais-los meus ollos, por alguen veer,
choran e cegan quand’alguen non veen,
[e ora cegan por alguen que veen].
E nunca ja poderei aver ben,
pois que Amor ja non quer nen quer Deus;
mais os cativos destes ollos meus
morrerán sempre por veer alguen:
choran e cegan quand’alguen non veen,
[e ora cegan por alguen que veen].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


A 237

Edicións


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 461); Nobiling (2007 [1907]: 79 [= LPGP 448-449]); Littera (2016: I, 516-517).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 137-138); Domingues (1992: 33); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018b: III, 397).
III. Antoloxías: Spina (1972: 306); Pena (1990: 43); Ferreira (1991: 37); Pena (1993: 118); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996b: 97); Arias Freixedo (2003: 473-474).

Variantes manuscritas


3 vos] uos A

Variantes editoriais


1 perderán] perderan Michaëlis   3 vos] vus Michaëlis   6 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera   7 teen] tẽen Michaëlis, Nobiling : têm Littera   9 minnas] mĩas Nobiling, Littera   10 per] por Nobiling, Littera   12 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera   16 morrerán] morreran Michaëlis   18 per] por Michaëlis, Nobiling, Littera

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10C 10C (= Tav 160:249)

Notas


Texto
  • *

    Como acontece noutras cantigas de Joan Garcia de Guilhade, o refrán reitera a palabra rimante (veen). Véxanse, tamén, as cantigas 385 (vi), 390 (eu), 393 (aqui), 757 (alguen), 766 (diremos), 782 (verra).

  • 7-9

    Estes versos proceden, literalmente, da cantiga 329.13-15 de Rodrig’Eanes de Vasconcelos.

  • 10

    A secuencia <s-l> (e <r-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con mais e con outros vocábulos acabados en -s (ou -r) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga (véxase tamén nota a 83.21 e 139.2). No corpus trobadoresco profano, o pronome identificador sofre asimilación fonética xeral con diversos elementos lingüísticos (pronomes, adverbios, conxuncións, e con algúns nomes e/ou participios), especialmente con mais e pois. Cfr. nota a 5.10.

  • 15

    Obsérvese a aparente substantivación formal de cativos, que eleva o ton enfático: os cativos destes ollos meus ‘estes meus ollos cativos’.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado