943 [= Tav 150,4]
En outro dia, en San Salvador

En outro dia, en San Salvador,
vi meu amigo, que mi gran ben quer,
e nunca máis coitada foi molher
do que eu i fui, segundo meu sén,
cuidand’, amiga, qual era melhor:
de o matar ou de lhi fazer ben.
El é por mí tan coitado d’amor
que morrerá se meu ben non ouver;
e vi-o eu ali e, como quer
que vos diga, ouvi a morrer por én,
cuidand’, amiga, qual era melhor:
[de o matar ou de lhi fazer ben].
Meu é o poder, que sõo senhor
de fazer del o que m’a mí prouguer;
mais foi i tan coitado que mester
non m’én fora, pois que o vi, per ren,
cuidand’, amiga, qual era [melhor:
de o matar ou de lhi fazer ben].
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 940, V 528

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 252-253 [= LPGP 934]); Cohen (2003: 340); Pousada Cruz (2015: 190-191); Littera (2016: II, 499).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 191); Braga (1878: 100-101); Machado & Machado (1953: IV, 307); Vieira & Morán Cabanas & Souto Cabo (2015: 161).
III. Antoloxías: Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 232); Arias Freixedo (2003: 850-851).

Variantes manuscritas


2 meu] men B   4 i] lhy V   8 morrerá] moirera B   9 vi-o eu] uyueu B : uyuen V   10 morrer] moirer B   11 era] era e V   13 Meu] Men BV   17 era] era o V

Variantes editoriais


4 i] lh’i Pousada Cruz   16 m’én] me Nunes

Paráfrase


(I) O outro día, en San Salvador, vin o meu amigo, que me ama moito, e nunca foi muller máis coitada do que o fun eu, segundo creo, pensando, amiga, en que era melhor: matalo ou facerlle ben.
(II) El sofre tanto polo meu amor que ha de morrer se non ten o meu ben; e vino alí e, como queira que vos diga, houben morrer por iso, pensando, amiga, en que era melhor: matalo ou facerlle ben.
(III) Meu é o poder, que son señora de facer del o que a min me praza; mais estaba el tan coitado que nin sequera me foi necesario despois que o vin, pensando, amiga, en que era melhor: matalo ou facerlle ben.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10c 10A 10C (= Tav 183:9)

Encontros vocálicos: 10 ouvi‿a

Notas


Texto
  • 1

    San Salvador probabelmente se refira ao santuario de San Salvador de Bastavales, no concello de Brión, ben próximo a Santiago de Compostela (Souto Cabo 2012b: 780-781).

  • 4

    Por causa da existencia de contextos similares, Pousada Cruz decidiuse pola lección de V (e nunca máis coitada foi molher / do que eu lh’i fui), certamente posíbel; con todo, e para alén da prioridade que concedemos a B, nótese como a referencia espacial aparece sen pronome asociado no v. 9 (e vi-o eu ali) e, sobre todo, no v. 15 (mais foi i tan coitado).

    A frase formularia aseverativa segundo meu sén é frecuente no corpus (415.29, 487.2, 944.8, 1063.8, 1110.7, 1172.5, 1183.2, 1583.3). Para fórmulas similares véxase nota a 65.3, 228.8, 230.10.

  • 9

    Os dous manuscritos que transmitiron a cantiga presentan a lección errada <uyu> en vez do necesario vi-o, por razóns sintácticas e métricas.

  • 11

    Nótese como no Cancioneiro da Vaticana aparece no verso do refrán da estrofa II, así como no v. 17 (estrofa III), un espurio artigo (*qual era o melhor), que sería estraño na expresión e excedente na medida do verso.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado