573 [= RM 25,35]
Dos que ora son na oste

Dos que ora son na oste,
amiga, querria saber
se se verran tard’ou toste,
por quanto vos quero dizer:
porque é lá meu amigo.
Querria saber mandado
dos que lá son, ca o non sei,
amiga, par Deus, de grado,
por quanto vos ora direi:
porque é lá meu amigo.
E queredes que vos diga?
Se Deus bon mandado mi dé,
querria saber, amiga,
deles novas, vedes por que:
porque é lá meu amigo,
ca por al non vo-lo digo.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 

Manoscritti


B 556, V 159

Edizioni


I. Edicións críticas: Lang (1972 [1894]: 68 [= LPGP 192-193]); Nunes (1973 [1928]: 8); Cohen (2003: 589); Littera (2016: I, 213).
II. Outras edicións: Moura (1847: 122-123); Monaci (1875: 65); Braga (1878: 32); Machado & Machado (1952: III, 168); Cohen (1987: 25-26); Júdice (1997: 24); Montero Santalha (2004).
III. Antoloxías: Pimpão (1942: 60); Nunes (1959: 335-336); Torres (1977: 253); Ferreiro & Martínez Pereiro (1996a: 30); Diogo (1998: 187).

Varianti manoscritte


2 querria] q̄iria B : queiria V   3 verran] veiran B   6 Querria] Queiria BV   7 lá] ala BV   9 por] Pre B : pᵉ V   10 lá] ala B   13 querria] Queiria B : q̄ria V   15 lá] ala B : \a/la V

Varianti editoriali


5 lá] alá Cohen, Littera   7 lá] alá Lang, Nunes, Cohen, Littera   10 lá] alá Cohen, Littera   12 dé] dê Lang, Nunes, Littera   15 lá] alá Cohen, Littera

Parafrasi


(I) Dos que agora están na guerra, amiga, querería saber se han vir tarde ou cedo, por isto que vos quero dicir: porque alá está o meu amigo.

(II) De grado querería ter noticias dos que están alá, porque as non teño, amiga, por Deus, por algo que agora vos direi: porque alá está o meu amigo.

(III) E sabedes unha cousa? Así Deus me dea boas noticias, amiga, querería saber novas deles, e vede por que: porque alá está o meu amigo, (1) pois por outra razón non volo digo.

Metrica


Esquema métrico: 3 x 7’a 8b 7’a 8b 7’C + 7’c (= RM 95:1)

Note


Testo
  • 3

    O adverbio toste ‘cedo, depresa’ é un provenzalismo (tamén en 484.6, 487.21, 860.20, 1367.17, 1494.13, 1509.21, 1637.11), fundamentalmente utilizado na produción poética, sobre todo nas Cantigas de Santa Maria.

  • 5

    A necesaria emenda de ala no v. 7 para evitar a anómala sinalefa que‿ala aconsella tamén a emenda da lección <ala> BV no refrán das estrofas II e III, seguramente un erro de copia inducido polo carácter maioritario da forma ala do adverbio na lingua trobadoresca. De calquera xeito, todos os editores manteñen a forma ala no v. 7, mais Lang e Nunes nivelan no refrán, fronte a Cohen (e Littera), que prefire nivelar regularizar en prol de ala (coa conseguinte sinalefa é‿ala).

  • 12

    Nótese o uso de se ~ si equivalente a assi en frases optativo-desiderativas (100.1, 177.10, 188.11, 202.2 etc.) tal como tamén aparece en frases formularias do tipo se ~ si Deus me perdon e variantes. Tal forma procede de sīc con cruzamento coa conxunción condicional se. 

Cerca
    Nessun risultato trovato