I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 58-59 [= LPGP 512]); Littera (2016: I, 638-639).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 44-45); Carter (2007 [1941]: 18-19); Machado & Machado (1949: I, 172-173); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2017: I, 93).
III. Antoloxías: Arias Freixedo (2003: 239-240).
1 eu] en B 2 morrerei] moirerey B 4 vos] uus A 5 morrer] moirer B 9 coit’averei] coita au’ey B 11 morrer] moirer B 12 nunc’a] nuca a B 19 perder] bē perder B 20 sol] om. B vos] uos A 22 vos] uus A
4 d’ũa] d’ua Littera; vos] vus Michaëlis 20 vos] vus Michaëlis 22 vos] vus Michaëlis 26 vos] vus Michaëlis
Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8a 8b 8c 8c 8b (= Tav 101:46)
Encontros vocálicos: 7 mi‿agora
O pronome vós, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.
Resulta sorprendente a aparición da variante apocopada én perante vogal, pois a distribución de ende / én responde, en principio, ao contexto fonético: ende + vogal (en xeral con crase) vs. én + consoante. Porén, é certo que no corpus se detecta a aparición de oito casos de én + vogal, sempre a vogal palatal /e/, cunha única excepción na cantiga 148 de Martin Soarez (por én a desfiar): 148.13, 359.4, 468.27, 576.10, 959.9.
A variante redaccional de B (pode-la-ia ben perder...) suporía a (forzada) sinalefa la‿ia para que o verso non resultase hipermétrico.