172 [= Tav 125,8]
De quantos mui coitados son

De quantos mui coitados son,
a que Deus coita faz aver,
min faz máis coitado viver,
e direi-vos per qual razon:
faz-me querer ben tal sennor,
a máis fremosa nen mellor
do mund’, e non mi-a faz veer.
E dá-me tal coita que non
sei de min consello prender,
e fez-me ja pavor perder
de mia mort’, á i gran sazon,
ond’ant’avia gran pavor:
veed’ora se á maior
coita no mundo de sofrer!
E nunca me Deus quis guisar
en quanto cuidado prendi,
u cuidei al, en cuidar i
en como podess’acabar
do que querria nulla ren;
mais cuid’en quanto mal min ven,
cativ’, e mal dia naci!
E quant’oj’ést’, a meu coidar,
ben per-sei eu ca non á i
coita maior das que a mí
faz mia mort’ora desejar;
pero non querria por én
morrer se coidasse aver ben
da que por meu mal dia vi.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 
 
20
 
 
 
 
25
 
 
 

Manuscritos


A 82, B 186a

Ediciones


I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 175-176); Blasco (1984: 65-66 [= LPGP 814-815]); Marcenaro (2012b: 129-130); Littera (2016: II, 339).
II. Outras edicións: Molteni (1880: 79); Carter (2007 [1941]: 49); Machado & Machado (1949: I, 301-302); Fernández Pousa (1953: 4); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 172).
III. Antoloxías: Torres (1977: 104-105).

Variantes manuscritas


3 min] mj B   4 vos] uus A; per] por B   5 faz-me] faz mj B   8 E dá-me] Eadamj B   10 fez-me] fezmj B   15 E] om. A; me] mj B   19 querria] q̄ria B   20 min ven] mj uē B   22 coidar] cuydar B   24 a mí] amj̄ B   26 querria] q̄ria B   27 morrer se coidasse aver] moirer se cuydassauer B

Variantes editoriales


4 vos] vus Michaëlis, Blasco   20 min] mi Michaëlis, Blasco, Littera   22 coidar] cuidar Littera   24 das] da Michaëlis   27 coidasse aver] coidass’aver Michaëlis : cuidass’haver Littera

Métrica


Esquema métrico: 4 x 8a 8b 8b 8a 8c 8c 8b (= Tav 163:35)

Encontros vocálicos: 7 mi-‿a; 10 coidasse‿aver

Notas


Texto
  • 3

    O pronome min, como as restantes formas pronominais tónicas oblicuas (mí ~ min, ti, nós, vós, el ~ ela), pode aparecer como complemento directo sen preposición, como forma libre, con algunha frecuencia na lingua trobadoresca.

  • 20

    Neste verso aparece pronome min (cfr. mi, variante de B, nalgunhas edicións) é forma tónica oblicua en función de complemento indirecto sen preposición, función que na lingua trobadoresca pode ser exercida polas formas pronominais tónicas oblicuas (cfr. ou por min fazerdes vós ben, 18.14; nen quer’eu ela consentir / quanto mal me faz, 84.10) etc.

  • 28

    É de sinalar a construción por meu / seu mal dia ‘pola miña / súa desgraza’, que moi limitadamente se localiza no corpus trobadoresco (só se rexistra en 4.4, 179.11 e 24, 1210.2 e 1252.28), onde é moitísimo máis frecuente por meu mal, por seu mal etc.

Buscar
    Sin resultados