1279 [= Tav 88,3]
Assaz é meu amigo trobador

Assaz é meu amigo trobador,
ca nunca s’ome defendeu melhor
quando se torna en trobar
do que s’el defende por meu amor
dos que van con el entençar.
Pero o muitos veen cometer,
tan ben se sab’a todos defender
en seu trobar, per bõa fe,
que nunca o trobadores vencer
poderon, tan trobador é.
Muitos cantares á feitos por mí,
mais o que lh’eu sempre máis gradeci
de como se ben defendeu:
nas entenções que eu del oi
sempre por meu amor venceu.
E aquesto [o] non sei eu per mí,
senon porque o diz quen-quer assi
que o en trobar cometeu.
 
 
 
 
5
 
 
 
 
10
 
 
 
 
15
 
 
 

Manuscritos


B 1263, V 868

Edicións


I. Edicións críticas: Nunes (1973 [1928]: 428-429); Tavani (1964: 62-63 [= LPGP 600]); Cohen (2003: 497); Littera (2016: II, 66).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 297); Braga (1878: 163); Machado & Machado (1956: V, 376).
III. Antoloxías: Gonçalves & Ramos (1983: 162); Jensen (1992: 202); Alonso Girgado (1992: 63); Arias Freixedo (2003: 590-591).

Variantes manuscritas


3 quando] Quanto B : quanto V   5 entençar] entencar B   6 muitos] muytus V   8 bõa] boa B   11 Muitos] Muytus V; feitos] fey V   12 lh’eu] heu B   16 E aquesto [o] non sei] Enq̅sto nō (s)sey B

Variantes editoriais


3 quando se torna en trobar] [de] quanto[s] se torna[n or’] en trobar Nunes   5 dos que] dos [muitos] que Nunes : dus que Tavani   6 muitos veen] muytus vẽen Tavani : muitos vẽen Cohen, Littera   7 todos] todus Tavani   8 trobar] [bõo] trabar Nunes   9 que nunca o trobadores vencer] que [o] nunca o[s] trobadores vencer Nunes   10 tan trobador é] tan [bon] trobador [el] é Nunes   11 Muitos ... feitos] Muytus ... feytus Tavani   13 de como se ben defendeu] [foi] de como se [mui] ben defendeu Nunes : é como se ben defendeu Cohen   15 sempre] [en que] sempre Nunes   16 aquesto [o] non] aquesto non [o] Nunes, Tavani, Cohen : aquesto non’[o] Littera   18 trobar cometeu] trobar [muito] cometeu Nunes

Paráfrase


(I) Tan trobador é o meu amigo que nunca home se defendeu mellor cando comeza a trobar do que se el defende polo meu amor dos que van disputar tensós con el.
(II) Aínda que moitos o viñeron atacar, sábese defender tan ben de todos no seu trobar, abofé, que nunca o puideron vencer trobadores ningúns, tan gran trobador é.
(III) Fixo moitos cantares por min, mais o que lle eu sempre máis agradecín foi como se defendeu tan ben: nas tensós que del escoitei sempre venceu polo meu amor.
(1) E isto non o sei eu por min, senón porque o di así calquera que o incitou no trobar.

Métrica


Esquema métrico: 3 x 10a 10a 8b 10a 8b (= Tav 33:8) + 10a 10a 8b

Notas


Texto
  • *

    A alternancia na medida dos versos da cantiga (con octosílabos nos vv. 3 e 5 de cada estrofa) provocou que Nunes tentase reconducila ao decasílabo, acrecentando diversos elementos en todos os versos afectados para conseguir a uniformidade decasilábica.

  • 3

    Ao longo do corpus áchanse algunhas confusións nos apógrafos italianos entre quando e quanto, facilmente detectábeis cando algún dos manuscritos achega o texto correcto (véxase, por exemplo, 166.10, 423.5, 599.14 ou 624.12), mais de carácter por veces incerto cando existe coincidencia na lección dos apógrafos, como acontece neste caso (véxase 633.5 e 131186.14).

  • 6

    É bastante frecuente no Cancioneiro da Vaticana a presenza da terminación -us en voces en que é xeral -os (<muytus>, vv. 6, 11); na realidade, esta grafía aparece de modo case exclusivo en formas verbais de P4 e nomes masculinos plurais. A súa esporádica presenza, limitada aos apógrafos italianos, mostra que é produto do desenvolvemento da abreviatura <9> en posición final, abreviatura herdada do latín, onde funcionaba como desinencia de nominativo nos nomes da segunda declinación, rematados en -us.

  • 12-13

    Cohen emenda a preposición de no v. 13 para a converter nunha forma verbal é, de modo que regulariza a sintaxe, mais banaliza a expresión:
              mais o que lh’ eu sempre mais gradeci
              é como se ben defendeu.
    Neste período o verbo ser ten de ser sobreentendido, de maneira que os versos seguintes  (vv. 14-15) constitúen a resposta ao posto nestes vv. 12-13:
              mais o que lh’eu sempre máis gradeci
              de como se ben defendeu: / ...

  • 16

    Neste verso, onde cómpre restaurar o pronome CD para completar a medida do verso, tal pronome debe ser integrado tras aquesto (E aquesto [o] non sei...): esa posición explica que se omitise por haplografía, ao tempo que, máis unha vez, transparece a habitual interpolación de pronomes na lingua medieval (cfr. E aquesto non [o] sei... nos precedentes editores). Neste sentido, véxase a interpolación do mesmo elemento no v. 9: que nunca o trobadores vencer / poderon.

Buscar
    Non se atopou ningún resultado