I. Edicións críticas: Michaëlis (1990 [1904]: I, 306 [= LPGP 954]); Piccat (1995: 215-216); Littera (2016: II, 507).
II. Outras edicións: Carter (2007 [1941]: 92-93); Machado & Machado (1960: VII, 13); Arbor Aldea (2016b); Rios Milhám (2018a: II, 262).
1 vos] uus A 2 vos] uus A 10 mui] (mui) A 17 vos] uus A
1 vos] vus Michaëlis, Piccat 2 vos] vus Michaëlis, Piccat 11 vos] vus Michaëlis, Piccat 12 min] mi Michaëlis, Littera 17 vos] vus Michaëlis, Piccat 19 min] mi Michaëlis
Esquema métrico: 3 x 10a 10b 10b 10a 10c 10c 10a (= Tav 161:100)
Nótese a repetición de ai eu, cativo, sempre no inicio dos vv. 5-6 de todas as estrofas.
O adverbio mui aparece erroneamente riscado no manuscrito, pois é necesario para a medida decasilábica do verso.
O adverbio enmentre (tamén en 1047.3) procede da aglutinación da preposición en con mentre, o cal crea unha secuencia [nm] inhabitual na lingua medieval (véxase nota a 1.4). Esta variante do adverbio é de uso limitado na Idade Media, a teor dos datos subministrados polo CGPA (s.v. enmentre, en mentre ~ em mentre), aínda que aparece con relativa frecuencia en obras portuguesas do século XV, cal na Demanda do Santo Graal, no Confessio Amantis (Faccon 2012: 470), ou no Livro das Confissões (Martín Pérez 2012-2013: 43, 277, 286, 394); tamén, coas formas ememtes e memtes no Livro de Arimateia (Miranda 2016: 101, 123), ou enmentre, e͂mentres e enmentres no Sacramental (Sánchez de Vercial 2005-2013: 500, s.v. enmentre, enmentres).
Este verso aparece nunha cantiga de Don Denis (527.20).