I. Edicións críticas: Lapa (1970 [1965]: 297 [= LPGP 415]); Zilli (1977: 173); Lopes (2002: 203); Littera (2016: I, 490-491); Arias Freixedo (2017: 209).
II. Outras edicións: Monaci (1875: 371-372); Braga (1878: 204); Machado & Machado (1958: VI, 161-162); Callón (2017: II, 128).
III. Antoloxías: Landeira Yrago (1975: 221); Tavares & Miranda (1987: 168); Sansone (1990: 244); Arias Freixedo (1993: 51-52).
2 aguadeir’e] Agadeire B 5 -vos] ues B : uos V 6 que] Queue B : q̄ue V; cobrades] conbrades B; non] nou B 7 vos vós] uos uos BV 8 vos] uos BV; molhada] molh\a/da V 9 terrá] teira B; escasseza] escacesa B : escazesa V 10 largueza] lāgueza V 11 vee-la] neela B 12 maravilha] marauilh̃a V; vos] uos BV 13 poderdes] Poder de9 B; vos] uos BV 14 boa] bea B 16 quanto] q̄nto V; ar] al BV 17 capeirete] Capoyrete B 18 serra] seira B 19 -vos] Vos B : uos V 21 vos] uos BV; terra] teira B
2 e esse balandrao] e[n’] esse balamdrao Lopes : e[n’] esse balandrau Littera 3 mao] mau Littera 6 que cobrades] qu’en cobrades Lapa : que ‘n cobrades Zilli, Littera, Arias Freixedo : qu’encobrades Lopes 9 escasseza] escacesa Zilli 10 ouve sempre gran largueza] houve [i] sempre largueza Lopes 11 vee-la invernada] vẽe-la invernada Zilli : veem la invernada Lopes, Littera 13 ũu dia poderdes de vos molhar] un dia [de] poderdes-vos molhar Lapa : um dia puderdes de vos molhar Lopes, Littera : un dia puderdes de vos molhar Arias Freixedo 16 ar] al Lopes, Littera, Arias Freixedo 17 d’ũu] ou un Lapa, Zilli, Arias Freixedo : ou um Lopes 20 e] et Zilli 21 en essa] en’essa Littera
(I) Don Bernaldo, pésame porque mal traedes ese capote de augas e aquí dura moito o mao tempo, e vós non tendes iso em conta; e aconséllovos que procuredes outra cousa para vos cubrirdes, pois ese (capote) non é tan bo como para que vos non molledes moito baixo el.
(II) E quen despois vos vexa a saia mollada logo ha pensar que é pola vosa mesquindade, e en vós sempre houbo vontade de dar; e cando chegue aquí a crúa invernada, será cousa digna de admiración que vos poidades librar de vos mollar nin sequera un día baixo unha moi boa capa dobrada.
(III) E don Bernaldo, sequera nesta guerra, de canto o voso home vos mete, gardade un pouco para poderdes ter unha capa con capuz, aínda que a vós nunca se vos cerra ben a capa; ademais vós mañá querédesvos pór a cuberto e cabalgar, e así non hai forma de que non vos molledes nesa terra.
Esquema métrico: 3 x 10’a 10’b 10’b 10’a 10c 10c 10’a (= RM 161:195)
Encontros vocálicos: 13 ũ͜u; 16 vosso‿ome; 17 ũ͜u
Nunha interpretación literal da cantiga, Joan Baveca aconsella a Don Bernaldo, probabelmente o mesmo Bernal Fendudo doutra cantiga da súa autoría, que troque a roupa de augas que leva posta por outra máis apropiada para o inverno chuvioso que se achega, pois a capa que trae non o cobre ben e ha de acabar mollado xa o primeiro día. Porén, o texto parece ter un duplo sentido velado alusivo ás prácticas homosexuais para as que sempre está disposto Don Bernaldo. O termo capa pode interpretarse como o orificio (neste caso o ano) con que se cobre o pene no acto sexual. Don Bernaldo, que estaba sempre disposto a este tipo de guerra (v. 15), nunca tiña a súa capa ben cerrada (v. 18). Nesta clave, outros termos e expresións poden ter tamén connotacións sexuais: cobrir (v. 6); molhar-se (vv. 7, 8, 13, 21); so el (v. 7); vosso ome, meter (v. 16); cavalgar (v. 20) etc.
Don Bernaldo alude ao trobador Bernal de Bonaval. Lémbrese que, para unha parte da historiografia, Bernal Fendudo tamén encubriría este mesmo trobador Bernal de Bonaval. En todo o caso, véxase tamén Marcenaro & González (2024: s.v. Bernal Fendudo).
Nótese que mal é adverbio que cualifica tragedes (trager mal).
A aguadeira é unha capa longa para a choiva, de uso por parte de homes e mulleres. Constitúe unha substantivación a partir do sintagma capa augadeira, que se atesta en Airas Perez Vuitoron: ca o vej’andar con capa augadeira (1504.7). E así se rexistra na prosa medieval (véxase CGPA):
Et tomarõlli as capas aaguadeyras et desnuarõnas dos outros panos, senõ dos briaas en que as leixar (tradución da Cronica Geral Galega, ed. R. Lorenzo).
E a condessa, assy como molher [que andava] ẽ romaria, com seus panos de doo que tragya e com sua capa [aguadeira] e com seu bordom e sua esportella e seu soombreiro na cabeça, foysse pera Leom, assy come romeyra, com dous cavalleiros (Crónica Geral de Espanha de 1344, ed. Cintra).
Por outra parte, o provenzalismo balandrao designa un capote longo e ancho, que pode ter capuz (Rodríguez Parada 2019: s.v. balandrao). Presenta a forma balandran nalgúns documentos (véxase CGPA, s.v. balandrán, balandrao, balandraao). Véxase na Primeira Partida (CGPA, ed. J. de Azevedo Ferreira):
ou uistĩdo o escapelayro a carõ da c(ar)ne feyto come balandrao auẽdo hũa faldra deant(e) e outra detras e cõ capeyrõ ou sem elle ou outra uistidura uil de pano da color q(ue) ssemelhe bẽ peendẽça ou lhy mãdasse traguer ferro tanto no corpo ou no colo ou nos braços.
Neste verso combínanse dous erros de diferente teor. Por unha parte, o relativo que mostra repetición de <ue> en B e unha aparente abreviatura de quen en V, exactamente a mesma situación que en 1481.4, feito que demostra a certeza da interpretación que (cfr. qu’en, que ‘n... nos diversos editores); por outra parte, achamos que <coubrades> presenta o erro <ou>/<o> (cfr., por exemplo, <adoubastes> adubastes en B; 1315.6 e 11). Cobrades é P5 de presente de subxuntivo de cobrir.
A secuencia <r-l> (e <s-l>) en que está implicada a forma arcaica lo(s) ~ la(s) do pronome identificador (artigo ou pronome) no encontro con formas verbais acabadas en -r (vir-la saia) debe ser lida como [l], independentemente de que a grafía presente a forma máis antiga. Véxase nota a 5.10. En calquera caso, ao longo do corpus achamos diverxencias de representación gráfica destas asimilacións, ás veces con grafías ambiguas que non indican explicitamente tal asimilación; é maioritaria a representación da asimilación en A (vs. BV), moitas veces con formato arcaizante: negar-lo-ei A vs. nega-lo-ei B (254.6), dizer-lo mui gran ben A vs. dizer o mui gran ben B (302.2), perde-lo sén A vs. perder o sén BV, “sennor”-la chamaria A vs. “senhor” a chamaria BV (807.7), partir-lo coraçon B vs. parti-lo coraçon V (965.11). Noutras ocasións, acontece á inversa: perder o sén A vs. perde-lo sén BV (210.8), se fezer / mia sennor o que ten no coraçon A vs. se fezer / mia senho-lo que ten no coraçon BV (222.14). Cfr. notas a 48.14 e 217.10.
Sempre na frase ben lheu ‘moi facilmente’ lheu é outro provenzalismo de escasa presenza no corpus. Esta forma con consoante palatal (talvez de orixe catalá; véxase García-Sabell Tormo 1990: 203-205) convive con leu (véxase nota a 14.13).
A fixación do texto en Lopes e Littera (e pois aqui veem la invernada) mostra, para alén da anómala forma la do artigo en posición posvocálica nun texto escarniño), que a editora considera veem como unha forma de veer, en face de veer, futuro de subxuntivo de viir.
O indefinido ũu (e algũu e neũu) debería, aparentemente, computar como bisilábico (vv. 13 e 17), e así acontece con certa frecuencia ao longo do corpus; porén, na maior parte das súas aparicións funciona como unha forma monosilábica, revelando dese xeito que se trata dunha grafía conservadora. Algo similar acontece con bõo ~ boo (véxase nota a 241.10) e, aínda en menor medida, sõo ~ soo (véxase nota a 10.25), que son basicamente voces bisilábicas, aínda que nalgunhas ocasións computan como unisilábicas.
O capeirete é un toucado masculino en forma de capuz (véxase Rodríguez Parada 2019: s.v. capeyrote). Este termo abala entre as formas capeirete e capeirote, tal como corresponde ao intercambio sufixal -ete/-ote (Ferreiro 2001: §§475-481), con predominancia do sufixo -ote, talvez influído pola súa orixe, directa ou indirecta, no gascón capirot (cfr. nota a 1462.17). Alén das cantigas, achamos capeirete no Sínodo portugués de 1403 entre as pormenorizadas advertencias sobre as vestiduras dos clérigos:
Item, quanto tange às vestiduras dos dictos clerigos, benefficiados e de ordẽes sacras, mandamos que as tragam taaes que sejam pertencentes a seus estados e que nom sejam de pano verde, nem vermelho, nem de duas meatades, nem barradas, nem farpadas, nem mais curtas que ataa meia perna, nem tam longas que varram pollo chãao, nem fendidas pollas ilhargas nem detrás, salvo os que teveram bestas em que cavalguem e que quando as asi teverem que as possam detrás trager fendidas hũu palmo e meo e que de deante as possam trager fendidas quanto hé dous palmos ainda que nom tenham bestas, nem tragam mangas de pellonia, nem gorgeiras tam altas que passem alem do pescoço, e que as mangas dellas acofinhadas ou anchas nom passem de tres palmos, nem tragam gibõoes abotoados nas gorgeiras com cordõees ou taquas, nem tenham mangas mais largas que hũu palmo e meo, nem mantões abertos salvo quando cavalgarem. [...]. Nem tragam capeiretes abotoados nem de bicos abridos e que passem de tres palmos (García y García 1982: 428).
A variante capeirote pode verse en diversos documentos e textos no Corpus Galego-Portugués Antigo (s.v. capeyrote). Eis algunha mostra:
Et el tĩjna uestida hũa capa de féuera tinta en graa. Et deytou o capeyrote atrás et bayxou hũ pouco o rrostro (Crónica Troiana, ed. R. Lorenzo).
saluo o meu manto et a mina Guarnacha da escarlata et o capeyrote que mando que o dem a Martin martiz (doc. 1326, ed. López Ferreiro).
De calquera maneira, o sufixo -ete/-eta é certamente escaso na Idade Media: a modo de exemplo, véxase jograrete nunha cantiga de Pero Gomez Barroso (1462.17), barquete na Historia Troiana (Pichel 2014: 1.412) e na Estoria de Dom Nuno Alvrez Pereyra (véxase o “Glossário” en Calado 1991: s.v.), ou un nome propio como Joanete no Livro do Amoxarifado de Silves (Leal & Domingues 1984: 54), para alén dun adxectivo como doudete en Sá de Miranda (Michaëlis 1989 [1885]: 175).